Calendario
Info da proba

Samieira-Poio

30/03/2019 16:00 - 19:00
Regulamento IV TRAIL RUTA DOS MUÍÑOS DE SAMIEIRA
REGULAMENTO
Data da proba:
Sábado 30 de marzo de 2019.
Lugar e hora de saída:
Praza de Alfredo Romay Besada, Samieira – Poio
Proba absoluta: 16:00h
Probas de menores: 16:15h
Organiza:
Lodeco S.L.U.
Club Atletismo Galaekia
Patrocinan:
Concello de Poio
Coca-cola
Instalnova Instalaciones Eléctricas
Colabora:
Sociedade cultural e deportiva Samieira
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
Percorrido e horarios previstos:
A saída e a meta serán na Praza Alfredo Romay Besada (Samieira) e será un percorrido pola “Ruta dos Muíños de Samieira” e parte dos montes de Samieira e Combarro da zona cunha distancia total aproximada de 17 km cun desnivel (positivo e negativo) acumulado de 424m
O percorrido estará sinalizado con estacas de cor chamativa e frechas de dirección.
Estarán marcados os kilómetros.
A saída será ás 16h, os primeiros participantes completarán o percorrido aproximadamente ás 17:24h e os últimos ás 19:40h
As probas de menores comezarán ás 16:15h e serán todas pola zona urbana de Samieira sen tocar o monte
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
MiniBenxamín: Nados entre os anos 2012 e 2014 - 500m aprox. NON COMPETITIVA
Benxamín : Nados entre os anos 2010 e 2011…………...…1.000m aprox.
Alevín : Nados entre os anos 2008 e 2009……………….…1.000m aprox.
Infantil : Nados entre os anos 2006 e 2007…………………1.500m aprox.
Cadete: Nados entre os anos 2004 e 2005……………….…1.500m aprox.
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Absoluta……………… todos os participantes.
-Veteranos ……………..nados en 1984 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina
www.championchipnorte.com
Prezo 8€ Pobas de menores gratuítas
Peche de inscricións o mércores 27 de marzo.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa da organización sita na praza Alfredo Romay Besada de 14:30 a 15:45
PREMIOS ECONÓMICOS DAS CARREIRAS ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA
1º/1ª Clasificad@ ………………… 100€
2º/2ª Clasificad@ …………………… 75€
3º/3ª Clasificad@ …………………… 50€
PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento líquido e sólido no Km 6 , outro líquido no Km 12 e un avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba.
Rogamos ós atletas que respecten o medio ambiente depositando os desperdicios xerados durante a competición nos lugares habilitados en cada avituallamento.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas na Casa do Pobo de Samieira, o camiño estará sinalizado.
-INFORMACIÓN E RESULTADOS:
www.championchipnorte.com
Contacto: clubatletismogalaekia@hotmail.com
Facebook: Club Atletismo Galaekia