Calendario
Info da proba

Boborás - APLAZADA

29/06/2019 22:00 - 25:00
Regulamento Artigo 1. HORARIOS, LUGAR DE SAÍDA e META
O Trail Nocturno de Boborás terá os seguintes horarios e lugares de saída/meta:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
22:00 h
TRAIL
NOCTURNO 16,1 km aprox.
Ponte da Cruz
(Pazos de
Arenteiro)
Polideportivo Municipal de Boborás
(Pista Polideportiva)
Os participantes no TRAIL NOCTURNO serán trasladados en autobús desde a zona ubicada a
carón do polideportivo municipal do Concello de Boborás ate o punto de SAÍDA ubicado na
parte inferior da Ponte da Cruz a partir das 20:30 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
TRAIL
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1979 e 1984
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1970 e 1978
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1969 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes
tanto no Trail como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de
Trail Runnning que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As
probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo
cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licencia. Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIA E DESNIVEL
❖ DISTANCIAS:
Trail: 16,10 km aprox.
❖ DESNIVEL POSITIVO:
Trail: 735 m aprox.
❖ DESNIVEL ACUMULADO:
Trail: 1115 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
❖ APERTURA DE INSCRICIONS: mércores 12 de xuño ás 10.00 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: xoves 27 de xuño ás 23.59 h
❖ PR
A entrega de premios realizarase a partir das 23:00 horas nas inmediacións do polideportivo
municipal do Concello de Boborás ou en caso de choiva, no interior do mesmo.
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
EQUIPOS EQUIPOS MIXTOS IMPORTE PREMIO
TRAIL
1º EQUIPO CLASIFICADO 125,00 €
2º EQUIPO CLASIFICADO 100,00 €
3º EQUIPO CLASIFICADO 75,00 €
4º EQUIPO CLASIFICADO 60,00 €
• PREMIOS ESPECIAIS A EQUIPOS / CLUBES: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos
tanto federados como populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual
indumentaria) e premio en metálico aos 4 primeiros clubes da clasificación do Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a
suma dos seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor
clasificado/a do equipo. Os equipos poderán ser mixtos.
Artigo 8. TRACK DA RUTA:
TRAIL: PROXIMAMENTE
Artigo 9. MATERIAL OBRIGATORIO
Será obrigatorio o USO DE LUZ FRONTAL E TELÉFONO MÓVIL CON BATERÍA
CARGADA. Establecerase un control de saída para revisar este material. Ninguén
poderá participar sen este material obrigatorio.
Recoméndase ademáis levar hidratación propia, inda que non será obrigatorio pois a
organización estaablecerá un punto de avituallamento intermedio e outro en meta.
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS
Haberá servizo de duchas no polideportivo municipal de Boborás.
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento no Trail como na Andaina (1 no percorrido, e 1 na meta).
Recomendable levar avituallamento propio ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde
de 30’ despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para
probas de Trail Running.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara,
baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade. A organización dispón dun Seguro de Accidentes e
Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.