Calendario
Info da proba

Bueu

23/03/2019 17:30 - 37:30
Regulamento I CARREIRA e ANDAINA pola Diabetes
BUEU 2019
1) PRESENTACIÓN.
O Concello de Bueu e a Asociación de Veciños da Banda do Rio presentan a I Carreira pola diabetes a favor da fundación DiabetesCERO (https://www.diabetescero.com/) o próximo 23 de Marzo de 2019 ás 17:30h.
As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó. Primeiramente, a partires das 17:30h celebraranse as carreiras de categorías inferiores, ás 18:30 horas celebrarase a carreira de 5 quilómetros e por último terá lugar a andaina o rematar a carreira absoluta, aproximadamente as 19:15.
Esta será unha carreira de carácter benéfico e toda a recadación irá a favor da fundación DiabetesCERO.
2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende 3 anos ATA 14 anos).
o Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías
o Non haberá clasificacións nin tempos de chegada a meta xa que se trata dunha proba non competitiva.
Categorías:
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CATEGORIA 1 2013 a 2016
CATEGORIA 2 2008 a 2012
CATEGORIA 3 2005 a 2007
Categorías e horarios aproximados
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
CATEGORIA 1 200 metros 17:30 h
CATEGORIA 2 400 metros 17:45 h
CATEGORIA 3 800 metros 18:00 h
*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo vaia o desenrolo das probas.
2.2.- CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (promesa, senior e veterán).
o Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2.5 km. de percorrido ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) o que se darán 2 voltas para así completar os 5 quilómetros dos que consta a proba absoluta.
o A saída estará situada á altura do museo Massó e a meta no parking paralelo á meta.
o Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 15 anos, o corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva.
Categorías.
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
PROMESA 2000 A 2004
SENIOR 1975 A 1999
VETERAN 1974 E ANTERIORES
Horario aproximado
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
ABSOLUTA 5000 metros 18:30 h
*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo vaia o desenrolo das probas.
2.3.- ANDAINA
o Trátase dunha andaina solidaria non competitiva de 1 quilómetro de distancia ó longo da rúa Montero Ríos, na que pode participar todo o mundo previa inscrición. Unha vez que a andaina chegue a META un representante da Fundación DiabetesCERO dará unha charla acerca da enfermidade da diabetes e a labor da fundación na axuda a investigación da mesma.
o A saída da andaina será xusto despois de pechada a carreira absoluta aproximadamente ás 19:15.
o Haberá un sorte de diferentes agasallos que doaron as diferentes casas colaboradoras.
2.4.- NORMATIVA PARA A CARREIRA DE CATEGORÍAS INFERIORES E ABSOLUTA.
o Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
o Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
o Disporase de servizo de duchas.
o A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
o Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
o A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
o Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
o A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
o Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.
3) INSCRICIÓNS.
o Carreira Absoluta: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 6€ (o coste íntegro a favor da Fundación DiabetesCERO) por participante para a categoría absoluta de 5 quilómetros que inclúe o dorsal, camiseta conmemorativa(para as 250 primeiras inscricións), froita e bebidas. Para a categoría absoluta o día limite de inscrición será o 21 de Marzo. Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
o Categorías inferiores: As inscricións serán gratuítas e se formalizarán no mesmo día da proba no entorno de meta ou a través dos colexios do Concello de Bueu.
o Andaina: As inscricións se formalizarán o mesmo día da proba no entorno da saída a cambio dun donativo para a fundación DiabetesCERO, os donativos superiores a 3€ recibirán unha camiseta infantil conmemorativa ata agotar existencias.
o Dorsal 0: Existirá a posibilidade de colaboración cun simbólico dorsal “0” no que calquera que non poida participar pode realizar a súa doación no seguinte número de conta: ES78 2100 4730 0702 0016 7146
4) PERCORRIDO CARREIRA ABSOLUTA.
o Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2.5 km. de percorrido ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) o que hai que dar dúas voltas.
5) ENTREGA DE PREMIOS.
o CATEGORIA 1,2 e 3: Medallas ou agasallos para tod@s os participantes.
o CATEGORIAS ABSOLUTA: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non acumulativos)
o AGASALLOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES: Ó final do evento na entrega de trofeos realizaranse un sorteos de diferentes agasallos que doaron as casas colaboradoras entre todas as probas: Andaina, Categorías inferiores e categoría absoluta.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación na I Carreira pola Diabetes leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.