Calendario
Info da proba

Camariñas

10/03/2019 10:15 - 13:15
Regulamento CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS.
VIII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2012– 2016(ambos incluídos) 150-300 m. (aprox.) 11´30h
Benxamín Masculino 2010-2011 1000 m. (aprox.) 10´30h Feminino
Alevín Masculino 2008-2009 1000 m. (aprox.) 10´15h Feminino
Infantil Masculino 2006-2007 2000-4000 m. (aprox.) 10´47h Feminino
Cadete Masculino 2004-2005 2000-4000 m. (aprox.) 10´47h Feminino
Xuvenil* Masculino 2002-2003 2000-4000 m. (aprox.) 10´47h Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
2001 (incluído) e anteriores 2000-4000 m. (aprox.) 10´45h Feminino
Sénior 10K Masculino 1980-2001 8.000 - 10.000 m. 12h Feminino
Veteranos M40 Masculino 1970-1979 8.000 - 10.000 m. 12h Feminino
Veteranos M50 Masculino 1969 (incluído) e anteriores 8.000 - 10.000 m. 12h Feminino
Feminino
* Os/as atletas de categoría xuvenil poderán optar a correr na categoría superior (absoluta en 3K e
sénior en 10K) sempre que o fagan constar á hora de facer a inscrición. O feito de correr en categoría
sénior (10K) ou absoluta (3K Contra o Cancro) implicaría que non poderían optar á clasificación e
premios da categoría xuvenil.
Así mesmo, implicaría que deberían pagar a correspondente inscrición (8€ + 1€ por inscrición de
carreira, ou 30€ + 10€ por inscrición de Circuíto), terían dereito á camiseta conmemorativa de cada
carreira, e poderían participar na competición de equipos.
4. PERCORRIDOS VIII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
Alevín: Hora de comezo 10´15h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, Ambrosio Feijoó, Alcalde
Noguera Patiño, baixada pola dársena vella, rotonda e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel
Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 1300 m aprox.
Visualiza o percorrido e puntos de interés (parking, recollida de dorsais…) en:
http://www.correndopolacostadamorte.com/web/recorrido/detail/142/1735/
Benxamíns: Hora de comezo 10´30h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, Ambrosio Feijoó, rotonda
e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 800m
aprox.
Visualiza o percorrido e puntos de interés (parking, recollida de dorsais….) en :
http://www.correndopolacostadamorte.com/web/recorrido/detail/143/1735/
Absolutos 3K Contra o Cancro ás 10´45h. Tempo máximo de remate da proba 35´.
Percorrido: Avenida da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo- subida da
Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avenida Juan Carlos I-CancelaMourín-Eugenio López-Areal-San Miguel- Cantón Miguel Feijoo.
Visualiza o percorrido e puntos de interés (parking, recollida de dorsais…) en:
http://www.correndopolacostadamorte.com/web/recorrido/detail/18/1735/
Infantil, Cadete, Xuvenil. Tempo máximo de remate da proba 35´. Ás 10´47h. Tempo máximo de
remate da proba 35´.
Percorrido: Avenida da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo- subida da
Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avenida Juan Carlos I-CancelaMourín-Eugenio López-Areal-San Miguel- Cantón Miguel Feijoo.
Visualiza o percorrido e puntos de interés (parking, recollida de dorsais…) en:
http://www.correndopolacostadamorte.com/web/recorrido/detail/18/1735/
Pituf@s: Hora de comezo 11´30h.
Percorrido: Dende o San Remo ata meta. 150m aprox
Visualiza o percorrido e puntos de interés (parking, recollida de dorsais…) en:
http://www.correndopolacostadamorte.com/web/recorrido/detail/144/1735/
Absoluta e adaptada. 10 KM APROX. ÁS 12H. Tempo máximo de remate da proba 1h e 20´. A saída
dos atletas en cadeira de rodas e handbike realizarase con antelación á saída do resto de atletas.
Visualiza o percorrido e puntos de interés (parking, recollida de dorsais…) en:
http://www.correndopolacostadamorte.com/web/recorrido/detail/140/1735/
5. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE da VIII Carreira Pedestre Concello de
Camariñas
5.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola
Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de
probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE
nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993
do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5.2. O Concello de Camariñas terá subscrito o seguro de responsabilidade civil , ou da Federación
Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas
esixidas no Real Decreto 849/199.
5.3. Así mesmo o Concello de Camariñas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará
dunha ambulancia e un médico sempre e cando non superen os 750 participantes e 2
ambulancias no suposto de superar as 750 persoas anotadas.
5.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela.
5.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía. É OBRIGATORIO CORRER POLA MARXE DEREITA DAS RÚAS DE CAMARIÑAS
5.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
5.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento
resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.
5.9. O Concello de Camariñas porá a disposición dos participantes na carreira, o Pavillón
Municipal de Camariñas, para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a
disposición dos corredores un servizo de garda roupa no mesmo pavillón e no andar baixo da Casa
de Pedra.
5.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
5.11. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento da recollida
dos dorsais. O feito de estar inscrito no Circuíto non implica que se teña dereito a ningún tipo de
agasallo.
5.12. Os e as corredores de circuíto que non confirmen a asistencia dentro dos prazos
establecidos implica que ese corredor ou corredora non terá dereito á camiseta conmemorativa
da proba, aínda que si poderá correr. Agás na primeira proba do circuíto, é dicir, VIII Carreira
Pedestre Concello de Camariñas.
5.13. No proceso de inscrición ás carreiras ou ao Circuíto non se pide talla, polo tanto non se
garantirá a talla.
5.14. Descualificacións:
5.14.1. O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
5.14.2. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
5.14.3. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas
ante a organización.
6. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación.
Os menores inscribiranse na web www.championchipnorte.com, aportando (requisito), os datos dun
titor legal ou presentando un xustificante paterno-titorial. Adxúntase ao final deste regulamento.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación
se expoñen:
6.1. As persoas atletas inscritas declaran que están en bo estado físico e teñen pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
6.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
6.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
7. TIPOS DE COMPETICIÓNS
7.1. Competición Individual (ver punto 8).
7.2. Competición por equipos (ver punto 9).
8. INSCRICIÓNS DAS COMPETICIÓNS INDIVIDUAIS
8.1. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com
8.2. As inscrición para CORREDORES DE CARREIRA realizaranse dentro dos seguintes prazos e
custos:
8.2.1. Ata o luns anterior á proba ás 23’59 horas: 8€ + 1€ de aluguer de chip. É dicir luns 4 de
marzo ás 23´59h
8.2.2. Dende o martes ata o mércores ás 23’59 horas: 11€ + 1€ de aluguer de chip. É dicir
martes 5 e mércores 6 ata as 23´59h.
8.3. As inscricións para CORREDORES DE CIRCUÍTO realizaranse dentro dos seguintes prazos e
custos:
8.3.1. As inscricións para os corredores de circuíto poderán formalizarse nos prazos
establecidos exclusivamente para as carreiras de Camariñas e Vimianzo.
8.3.2. Ata o luns anterior á primeira proba (Camariñas) ás 23’59 horas: 30€ + 10€ de
adquisición de chip amarelo. É dicir luns 4 de marzo ás 23´59h.
8.3.3. Dende o martes ata o mércores ás 23’59 horas (Camariñas): 35€ + 10€ de adquisición
de chip amarelo. É dicir martes 5 e mércores 6 de marzo ata as 23´59h.
8.3.4. Ata o luns anterior á segunda proba (Vimianzo) ás 23’59 horas: 35€ + 10€ de adquisición
de chip amarelo. É dicir luns 22 de abril ás 23´59h
8.3.5. Dende o martes ata o mércores ás 23’59 horas (Vimianzo): 40€ + 10€ de adquisición de
chip amarelo. É dicir martes 23 e mércores 24 de abril ata as 23´59h.
8.3.6. Independentemente de realizar a inscrición nos prazos anteriormente indicados,
todos/as atletas de circuíto DEBERÁN CONFIRMAR DE MANEIRA OBRIGATORIA A SÚA
ASISTENCIA A CADA CARREIRA (AGÁS Á DE CAMARIÑAS). A data límite para a confirmación
será o luns previo á celebración da mesma, ás 23’59 horas.
8.4. As inscricións para os atletas de CATEGORÍAS BASE serán gratuítas e deberán realizarse a
través da plataforma www.championchipnorte.com
8.4.1. As inscricións para CORREDORES DE CARREIRA poderán realizaranse ata o mércores
anterior a cada proba ás 23’59 horas. Camariñas ata o mércores día 6 de marzo ás 23´59h.
8.4.2. As inscricións para os CORREDORES DE CIRCUÍTO BASE (benxamín, alevín, infantil,
cadete e xuvenil) poderán realizarse ata o mércores 6 de marzo ás 23`59 da primeira proba do
circuíto (Camariñas), ou ata o mércores 24 de abril da segunda proba (Vimianzo).
9. COMPETICIÓN POR EQUIPOS
9.1 Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean
inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K .
9.2 Formación de equipos: Poderán formarse os seguintes equipos atendendo ao xénero das
persoas que os compoñan:
• Equipos femininos: compostos integramente por atletas femininas.
• Equipos masculinos: compostos integramente por atletas masculinos.
• Equipos mixtos: compostos por atletas masculinos e femininos.
9.2.1 Todos os equipos terán que estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10
corredores.
9.2.2 Os equipos mixtos deberán, ademais, seguindo a seguinte correlación:
Número de atletas por equipo Composición do equipo
5 ou 6 2 mulleres ou homes como mínimo
7 ou 8 3 mulleres ou homes como mínimo
9 ou 10 4 mulleres ou homes como mínimo
9.3 Inscricións: Para formalizar as inscricións por equipo podedes ler as instrucións que aparecen
no seguinte enlace https://championchipnorte.com/ayuda/formar-equipos
9.4 O prazo de inscrición rematará o mércores día 6 de marzo de 2019 ás 23:59 horas. A partir de
dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e tampouco se poderán facer
modificacións nos integrantes dos equipos.
9.5 Para poder optar ao premio económico terá que haber un mínimo de 3 equipos na categoría.
De non ser así, o equipo poderá competir e recibirá o trofeo que o acredita como campión da súa
categoría na gala final, pero non recibirá premio económico. Considerarase a un equipo como
inscrito dende o momento en que tres dos seus compoñentes (como mínimo) puntúen na primeira
carreira do Circuíto.
9.6 Sistema de puntuación:
9.6.1 Para poder puntuar todos os atletas do equipo deberán correr e rematar 3
carreiras do circuíto como mínimo.
9.6.2 Para poder puntuar nunha carreira deberán participar e rematar un mínimo de
3 atletas do equipo, independentemente do xénero. Se non logran rematar un mínimo
de tres corredores, os non chegados consideraranse como últimos clasificados e
puntuarán como tales.
9.6.3 O sistema de puntuación establecerase segundo os seguintes baremos:
Posto de chegada a meta Número de atletas chegados á meta
Puntuarán os 5 primeiros/as atletas do
equipo que entren en meta en función
da súa clasificación por sexo (masculino
ou feminino)
3 chegados á meta 6 puntos
4 chegados á meta 10 puntos
5 chegados á meta 15 puntos
6 chegados á meta 16 puntos
A puntuación por posto de chegada sairá
da suma dos postos de chegada de cada
atleta puntuable do equipo segundo o
seu xénero
7 chegados á meta 17 puntos
8 chegados á meta 18 puntos
9 chegados á meta 19 puntos
10 chegados á meta 20 puntos
9.6.4 A puntuación total do equipo calcularase segundo a seguinte fórmula: suma
dos puntos por posto (ata os 5 primeiros) / puntos número de chegados.
EXEMPLO PRÁCTICO
Equipo A: 6 chegados nos postos 10 masc + 20 masc + 21 masc + 5 fem + 10 fem + 15 fem
Puntos por posto de chegada a meta: 60
Puntos por chegados á meta: 16
Puntos do equipo: 60/16 = 3,75 puntos.
Neste exemplo práctico tomamos a referencia de clasificación dos dous primeiros
masculinos (postos 10 e 20) e as tres primeiras femininas (postos 5, 10 e 15) para facer a
suma dos puntos por chegados.
10. SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
10.1. Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
10.2. Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás
pitufo.
10.3. Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
10.4. O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará
na clasificación do circuíto.
10.5. O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
10.6. O horario de apertura das mesas, no mesmo día da proba, para a recollida de dorsais será
dende as 8h no angar superior da Casa de Pedra. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30
minutos antes do inicio de cada proba.
10.7. Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro deberán usar obrigatoriamente o
“chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.
10.7.1. Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto.
10.7.2. No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de
Championchip.
10.7.3. No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. No
suposto de ter que solicitar un terceiro dorsal, dito dorsal correrá a cargo da persoa
participante e deberá facer o abono a ChampionChip.
10.8. Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e carreira)
usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da mesma. Estes
corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para tal
efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
10.9. Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando
todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
11. CARREIRA 3K CONTRA O CANCRO
Na 6ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa
Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito a recadación
obtida para tal fin será entregada a dita asociación cando
remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa
Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar en
ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web
www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.
12. CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DE CARREIRA
12.1. Clasificacións da proba 10K:
12.1.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
12.1.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías (sénior, M40, M50), independentemente da súa condición de
corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
12.1.3. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio como gañadores absolutos ou
gañador e gañadora da carreira 10K, independentemente da súa categoría.
12.1.4. Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do
concello organizador.
12.1.5. Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
12.2. Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
12.2.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
12.2.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Absoluta (nados en 2001 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil
independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
12.3. Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
12.3.1. Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
12.3.2. Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
12.4. Medallas conmemorativas:
12.4.1. Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa
todos os participantes en ditas probas.
13.4.2 A entrega de trofeos das carreiras benxamín e alevín farase antes do comezo da
carreira infantil, cadete, xuvenil e de adultos de 3K Contra o Cancro,
13.43 A entrega de trofeos do resto de categorías farase ao remate de cada proba.