Calendario
Info da proba

Narón

20/01/2019 11:00 - 14:30
Regulamento O I CROSS POPULAR MUIÑO DE PEDROSO organizado pola AD Náutico de Narón e
Concello de Narón co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo, terá lugar o domingo 20 de xaneiro de 2019 a partir das 11.00 h da mañá. A proba
está suxeita ás seguintes normas:
1. A saída e meta estarán situadas nas inmediacións da Área Recreativa de Pedroso
(Narón).
2. A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
3. Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición
física suficiente para afrontar a proba.
4. CATEGORÍAS: Establécense as seguintes categorías de participación:
CATEGORIAS ANOS DE NACEMENTO
SUB 8 2012-2013
SUB 10 2010-2011
SUB 12 2008-2009
SUB 14 2006-2007
SUB 16 2004-2005
ABSOLUTA 2003-02…. e anteriores
Horarios e Distancias
11:00 Sub 8 Mixto (12/13) 200 m. apr. 1vP
11:05 Sub10 Mulleres (10/11) 700 m. apr. 1vM
11:10 Sub10 Homes (10/11) 700 m. apr. 1vM
11:20 Sub12 Mulleres (08/09) 1400 m. apr. 2vM
11:35 Sub12 Homes (08/09) 1700 m. apr. 1vM+1vG
11:50 Sub14 Mulleres(06/07) 1700 m. apr. 1vM+1vG
12:05 Sub14 Homes (06/07) 2000 m. apr. 2vG
12:20 Sub16 Mulleres (04/05) 2000 m. apr. 2vG
12:35 Sub16 Homes (04/05) 3700 m. apr. 1vM+3vG
12:55 Absoluta Mulleres (- /03) 4000 m. apr. 4vG
13:30 Absoluta Homes (- /03) 7000 m. apr. 7vG
5.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
5.1.- As inscricións poderanse efectuar a través do sistema online, na páxina web da
FGA >>>> www.carreirasgalegas.com
As inscricións pecharanse o día martes15 de xaneiro ás 23:59 horas.
Non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba.
5.2.- Os participantes comprométense a:
- Aceptar estritamente tódolos artículos do presente regulamento.
- Aceptar as posibles modificacións da proba que teña que realizar a Organización
obrigada por causas alleas á súa vontade.
5.3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5.4.- A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso
que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, aos sponsors ou
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda
responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como perda de
obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de lesión.”
5.5.- A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. No caso
de dúbida ou de xurdir algunha situación non especificada no mesmo, estarase ao que
dispoña a organización.
5.6.- RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar da
carreira a :
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
• A todo atleta que non realice o percorrido completo
• A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante, dobre ou manipule a
publicidade ou o fotocopie.
• A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a Organización, á marxe do estipulado no apartado de reclamacións.
6.- CUSTO DA INSCRICIÓN
A inscrición será GRATUÍTA para tódalas categorías.
7.- RETIRADA DE DORSAL
Os participantes poderán retirar o dorsal:
- O venres, día 19 de decembro
8.- PREMIOS
Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría: Sub 10; Sub12, Sub14, Sub16
Masculino e Feminino recibirán unha medalla.
Os tres primeiros clasificados/as da categoría Absoluta Masculina e Feminina recibirán
un obsequio ou trofeo.
Tódolos participantes da categoría Sub 8 recibirán unha medalla da súa participación na
proba.
9.- APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse verbalmente, antes dos 30
minutos de facerse públicos os resultados, ao Xuíz Árbitro ou na Secretaría da
Competición, sendo o Xuíz Árbitro encargado de resolvelas. Todo o non previsto neste
regulamento resolverase conforme as normas da F.G.A. , R.F.E.A. e A.A.F. por esta orde.
10.- AVITUALLAMENTOS
Na zona de post-meta establecerase un avituallamento final.
11.- SERVICIO DE GARDA ROUPA
A organización dispoñerá de un servicio de gardaroupa para todos os deportistas.
12.- SEGUROS
Tódolos participantes estarán cubertos por unha póliza de Responsabilidade Civil, e
outra de Accidentes proporcionada pola licencia de día da F.G.A.
A Organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que
durante a participación nesta proba poida causarse un atleta a si mesmo ou a terceiros.
13.- CONSENTIMENTOS
Tódolos participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento
para que a Organización, por si mesma ou mediante terceiras entidades, traten
informáticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial,
os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante
fotografías, vídeo, etc.
De acordo co que establece a lexislación vixente en materia de protección de datos de
carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros
co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercer
este dereito deberá solicitalo por escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. De Glasgow, Nº 13. 15008. A Coruña.
OUTRAS DISPOSICIÓNS.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas,…. ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A Organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta
desde media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización.
Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Tódolos participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e Accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa de competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo á organización, aos sponsors ou patrocinadores comerciais,
directivos, empregados e demais organizadores, de toda responsabilidade que da
participación no evento puidera derivarse tal como perda de obxectos persoais por roubo
ou outras circunstancias e do perigo de lesión.”
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
Organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Tódolos participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil, así como a xestión da
licencia de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
Lei de Protección de datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avda. De Glasgow, 13. 15008. A Coruña