Calendario
Info da proba

Pontevedra

16/03/2019 20:00 - 22:00
Regulamento REGULAMENTO “III URBAN TRAIL NIGHT - PONTEVEDRA”
1 – ORGANIZACIÓN
O Concello de Pontevedra, en colaboración con QUALITÉ SPORT
EVENTS e Sra. EMILIA AXENCIA DE COMUNICACIÓN E
PUBLICIDADE, organizarán o sábado 16 de Marzo a III Edición da
“URBAN TRAIL NIGHT – PONTEVEDRA”
2 - SAÍDA E CHEGADA
A saída darase o sábado 16 de Marzo ás 20:00 horas con chegada a
Praza de Touros da cidade. A organización poñerá ao servizo dos
participantes unha liña de autobús ao final da proba. O primeiro
autobús, partirá ás 21.30 h., dende as inmediacións da Praza de
Touros, cara ao recinto feiral de Pontevedra. A saída do último
autobús será ás 22.30 desde o mesmo lugar.
3 – PARTICIPANTES
O participante deberá ser obrigatoriamente maior de idade e utilizar,
durante a carreira, un frontal ( headlight) e o chip facilitado pola
organización. Os menores de idade que queiran participar, deberán
enviar un correo electrónico info@urbantrailnight.com cunha
autorización do pai, nai ou titor asinada.
O percorrido estará sinalizado e haberá persoal de seguridade nos
cruzamentos conflitivos. O trazado da proba transcorre por rúas,
beirarrúas e parques das cidades, non estando permitido baixo ningún
concepto saírse do trazado establecido pola organización, (sendo
descualificado aquel participante que non cumpra este requisito)
4 – SEGUROS
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro
de accidentes e responsabilidade civil. Estarán excluídos os derivados
dun padecimiento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das
leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos por
desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenvolve a proba.
5 – CLASIFICACIÓN
A Organización ten previsto efectuar 8 clasificacións independentes
con arranxo ás seguintes categorías:
• ABSOLUTA
• PROMESA-JUNIOR (ANO 1996 – 2002)
• SENIOR (ANO 1982 – 1995)
• MASTER A (ANO 1968 – 1981)
• MASTER B (ANO 1967 cara atrás)
- PRAZOS E PREZOS DE INSCRICIÓN
• Dende o 20 de Decembro ata o 6 de Xaneiro de 2019: 12 €
• Dende o 07 xaneiro ata o 10 de Marzo de 2019: 14 €
• Dende o 11 ata o 13 de Marzo de 2019: 16 €
Máis UN EURO aqueles que non sexan propietarios do chip
championchipnorte
- PACK CORREDORES
Coa inscrición, o corredor ten dereito a:
1. Bolsa do corredor (con detalles dos patrocinadores)
2. Dorsal con Chip
3. Seguro e Asistencia Sanitaria
4. Avituallamientos
5. Clasificación con tempo, que se publicarán na Web Oficial e
www.championchipnorte.com ao finalizar a proba.
6. Camiseta conmemorativa
7. servizo de autobuses GRATUÍTO despois da proba.
DESCALIFICACIÓNS:
Serán descalificados da prova:
• Toda persoa que non teña dorsal
• Todo participante que non leve o dorsal visible na zona dianteira ou
manipule o mesmo dobrando a publicidade
• Todo participante que NON leve frontal luminoso.
• Todo participante que manifeste unha actitude non deportiva
• Todo participante que non fixese o percorrido completo.
• Todo participante que non respecte as indicacións dos responsables
da organización
• Todo participante que chegue fóra do horario máximo de 2 horas
desde o momento que se efectúa a saída.
• Non se pode realizar a proba en bicicleta, patíns… tampouco se
pode ir acompañado de cans ou outros animais de compañía.
• Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba son os
designados pola organización.
• Queda prohibido seguir aos participantes en coche, moto, bicicleta,
patíns, monopatín… polo risco que representa.
6 - AVITUALLAMIENTO
O percorrido estará debidamente sinalizado pola organización. Existirá
1 posto de avituallamiento líquido a metade de percorrido e outro
sólido e líquido en meta.
7 - SERVIZOS MÉDICOS
Os servizos sanitarios e as ambulancias, coordinados polo equipo
médico, estarán situados na zona de Saída/Meta e pechando a
carreira xunto co coche escoba. Calquera corredor con problemas
médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no
reverso do dorsal da proba ou nas apartado “observacións” ao
formalizar a inscrición. Pode tamén facelo saber á Organización a
través do formulario que está no apartado de CONTACTO.
8 – VEHÍCULOS
Os únicos vehículos que poderán seguir a carreira, serán os
autorizados pola organización e estarán debidamente sinalizados.
9 - CRONOMETRAXE
A carreira estará cronometrada por CHAMPIONCHIP NORTE.
Durante a prova levará o chip na zapatilla, de forma visible, así como o
dorsal proporcionado pola organización. A non observancia deste
artigo será causa de descalificación.
10 - RECOLLIDA DE DORSAIS
Próximamente informaremos dos puntos habilitados
11 - RESPONSABILIDADES
A participación na proba está baixo a responsabilidade e propio risco
de cada participante. Todo corredor que participe na proba declara
someterse a recoñecemento médico, non padecendo enfermidade que
lle impida tomar parte na mesma, atopándose en perfecto estado de
saúde para disputar a proba.
A organización declina toda responsabilidade dos danos que os
participantes poidan ocasionarse durante a proba, causarse eles
mesmos ou derivar deles a terceiros.
Todos os participantes debidamente inscritos estarán amparados por
unha póliza de seguro colectivo de accidentes. Todos os participantes,
polo feito de inscribirse, confirman que leron, entenden e aceptan o
presente regulamento.
A III Urban Trail Night Pontevedra non se cancelará por condicións
meteorolóxicas adversas. Se se cancelase por causa maior, non
imputable á organización, non se reembolsará o prezo da inscrición.
12 - PROTECCIÓN DE DATOS e DEREITOS DE IMAXE
A aceptación do presente regulamento implica obrigatoriamente que o
participante autoriza á organización, á gravación total ou parcial da
súa participación na mesma, dá o seu consentimento para que poida
utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en
todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, internet,
carteis, medios de comunicación, etc.) e cede todos os dereitos
relativos á súa explotación comercial e publicitaria que consideren
oportuno executar, sen dereito pola súa banda a recibir compensación
económica algunha.
No cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de
decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle
que os datos facilitados parsarán a formar parte dun ficheiro
propiedade de QUALITÉ SPORTS EVENTS S.L, e utilizaranse para a
organización de carreiras deportivas e eventos, así como xestións
comerciais. Estes datos poden ser cedidos a administracións públicas,
a organismos oficiais, así coma a empresas coas que o titular do
ficheiro suscribise acordos comerciais. Do mesmo xeito, informámoslle
que pode exerce-los seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición na R/ Martín, 16, 36770, O Rosal –
Pontevedra
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no
presente regulamento se así o considerase, debendo comunicalo na
web e avisando aos participantes no email facilitado na inscrición.