Calendario
Info da proba

Maceda

19/05/2019 9:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO: DESAFÍO SAN MAMEDE DESAFIO SOLIDARIO 19/05/2019
1.-LUGAR:
Celebraráse o domingo 19 de maio de 2019, a saída terá lugar dende a praza onde está ubicado
o centro social de Castro de Escuadro ,dentro do Concello de Maceda (Ourense).
2.- HORARIO:
9:00 h para a modalidade CARREIRA
9:15 h para a modalidade ANDAINA
3.- CARACTERISTICAS DA PROBA.
Esta proba está organizada polo CONCELLO DE MACEDA. A proba de carreira de montaña ten
unha distancia de 21 km., o seu punto máis alto é de 1613 metros e o máís baixo de 656
metros, cuns desniveis que chegan ata o 43 %.
Os participantes deberán ser conscientes que este tipo de evento deportivo está considerado
como del “Alto Risco”.
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.
A organización contará cun servizo médico e de ambulancia.
3.-INSCRICIÓNS:
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 8 de abril de 2019 ata as 23:59 do día 15 de
maio de 2019. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións
posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:
1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:
https://championchipnorte.com/
2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a
continuación:
Concello de Maceda
Direccion: Xardíns Rosalía de Castro nº 1, 32700 Maceda
Tf: 988463001
Tenda RunManiak
Avda de Buenos Aires nº 17, 32004 Ourense
Tf: 988613503
No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será
devolto o 50% do valor da inscrición.
Os atletas poderán incribirse a título individual ou representando a clubs
4.- PREZO:
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será o seguinte:
8 de abril ao 5 maio 2017 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas
datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
16 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade
CARREIRA DE MONTAÑA
18 € para ós participantes NON FEDERADOS
6 maio ao 15 maio 2018 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
20 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade
CARREIRA DE MONTAÑA
22 € para ós participantes NON FEDERADOS.
5.- NORMAS
O evento rexirase según o regulamento de Carreiras por Montaña da Federación Española de
Deportes de Montaña e Escalada (Consultar en www.fedme.es) e seguindo as seguintes
normas:
a) No poden participar menores de 16 anos na modalidade de carreira e menores de 14 anos na
modalidade andaina.
Os participantes deberán informar a organización se ten algún tipo de enfermidade ou
dolencia.
c) Será motivo de descalificación:
• Non pasar por todos os controis de paso.
• Recibir axuda externa fora dos lugares autorizados (ata uns 100m dos avituallamentos).
• Ensuciar e degradar o itinerario (é obligatorio que cada corredor leve os seus propios
desperdicios e deixalos nos lugares sinalizados pola organización).
• O dorsal levarase sempre visible durante toda a proba, no peito.
• Non prestar auxilio a cualquiera participante que sufra algún accidente e informar no control
máis cercano.
• No se pode obstaculizar voluntariamente a outro corredor.
• Os participantes obedecerán as instruccións dos membros da organización e dos controis de
paso.
d) É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e entrega do
correspondente dorsal.
e) O mal tempo non é obstáculo para a celebración da proba, salvo no caso de que as
condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a organización habilitará un percorrido
alternativo e modificar o material obrigatorio para a disputa da proba e garantir a seguridade
dos participantes no evento.
f) A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións
meteorolóxicas o obrigan, ou por algunha causa de forza maior.
g) A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo
máximo para a CARREIRA DE MONTAÑA: KM. 7 ( 1 h. 50 min.) e KM 14 ( 3h. 15 min.) e un
tempo máximo de 5 horas para completar a totalidade do percorrido.
h) O final da proba pode haber control antidoping.
i) A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, lesión ou neglixencia, así
como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda
responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
j) Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do
itinerario. Levarán a indumentaria e o calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se
inscriban.
k) A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do
corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de
cantos agasallos consiga a organización.
l) En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto nos
regulamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de
Montaña e Escalada (FEDME).
J) Es proba é puntuable para o Desafío Galaico.
6.- AVITUALLAMENTOS
A distribución dos avituallamentos será a seguinte:
1. CARREIRA (TRAIL): km 6 (líquido e sólido), 7.5 (líquido e sólido), 10 (líquido e sólido) e 15
(líquido e sólido) e 19 (liquido)
2. ANDAINA: km 6 (líquido e solido), 9.5 (líquido).
3. Recomendase levar recipiente xa que NON SE FACILITARAN vasos de plático.
7.-PREMIOS
a) Na modalidade Carreira, entregaranse trofeos conmemorativos os tres primeiros/as
clasificados/as das seguintes categorías:
Absoluta: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba.
Mellor atleta local.
O participante ou a participante mais veterán/a na proba.
Na modalidade de CARREIRA DE MONTAÑA, a efectos da Copa Galega de Carreiras por
Montaña, os participantes estarán ao disposto ou recollido no regulamento de competición das
carreiras por Montaña da FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.
A proba conta cun “premio especial” para o corredor/a que chegue primeiro o Alto de San
Mamede.
c) A modalidade ANDAINA non ten carácter competitivo.
8.- DEREITOS DE IMAXE
A aceptación e inscripción na proba, e polo tanto do presente regulamento, implica que o
participante autoriza á organización DESAFIO SANMAMEDE á grabación total ou parcial da súa
participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe
na promoción e difusión da proba de todas as formas posibles (radio, prensa, vídeo, foto, DVD,
Internet, carteis, medios de comunicación, etc.), e cede os dereitos relativos á explotación
comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar...
A organización de DESAFIO SANMAMEDE garante o pleno cumprimento da normativa de
protección de datos de carácter persoal, e así o inscrito queda informado a través deste
regulamento e presta o seu consentimento á incorporación dos seus datos aos ficheros
automatizados existentes e ao tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con
xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da organización a Asociacion
Cultural e Deportiva Via XVIII Maceda, o titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación,
cancelación e oposición nos términos previstos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de
Protección de Datos de Carácter Persoal. Todo corredor debe coñecer e respetar o regulamento
da proba. A inscrición implica cumprimento deste Regulamento.
9.- DESAFIO SAN MAMEDE SOLIDARIO
Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, este ano decidimos aportar un
porcentaxe da recaudación das inscricicións a proxectos promovidos por Cruz Vermella,
10.- COMPORTAMENTO DOS PARTICIPANTES NAS DIFERENTES PROBAS.
Os participantes que se inscriban en calquera das probas CARREIRA e ANDAINA non poderán
tomar a saída acompañados de animais.
Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgún
momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o paso na
medida do posible para evitar accidentes ou caídas.