Calendario
Info da proba

Faro de Budiño

31/03/2019 9:00
Regulamento IV Trail Faro de Budiño.

Máximo de 200 inscritos

Inscripcións e regulamento en: http://www.aforna.org/

https://youtu.be/54II77iUf-I

Regulamento:
O IV TRAIL FARO DE BUDIÑO é unha proba cronometrada con dúas distancias; 23 e 13 km no entorno do Faro de Budiño.

Os dous recorridos teñen sída ás 9:00 do Centro Cultural A Forna e a partir de certo momento se separan por dous tramos distintos (23 e 13 km). Os participantes que pasen por este punto de corte máis tarde dás 10:30, terán que facer necesariamente o recorrido de 13 km.

O Trail ten un desnivel significativo cun cambio de terreno constante, o que fai que sexa unha proba de dureza media-alta, para a que se necesita unha boa preparación.

A inscrición na proba implica a aceptación deste regulamento, polo que será de estricto cumplimento para tódolos participantes.

Os participantes deberán respetar o medio no que se realiza a proba e mantener limpio o entorno da mesma.

A edade mínima de participación é de 18 años cumplidos o mesmo día da prueba.

O corredor deberá levar en todo momento o dorsal facilitado pola Organización nun lugar visible.

O itinerario estará sinalizado con cinta plástica e non estará pechado ó tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as
precauciones necesarias para evitar danos coas pesonas que circulen polo entorno.

A inscripción estará aberta a partir del 1 de marzo de 2019 na páxina web da proba, terminará o día 28 de marzo e será efectiva cando se faga efectivo o pago de 12 euros na conta que se indica na citada web.

A inscripción na proba inclúe: Dereito de participación, seguro de accidentes e RC e avituallamientos líquidos e sólidos.

Os participantes cando se inscriben aceptan que a organización non se fai responsable de ningún accidente nin dos danos que cada participante poida ter ou causar durante a marcha e se comprometen a non presentar ningunha reclamación nin demanda contra a organización ou organizadores da marcha.

Para cada recorrido estableceremos dúas categorías; masculina e feminina con medallas para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada recorrido.

A participación na proba implica o coñecimiento e a aceptación destas normas de carácter especial para co medio ambente.