Calendario
Info da proba

Coruña 10k Paralelo

14/04/2019 8:45 - 10:15
Regulamento ANEXO CARREIRA 10 km
Todos os artigos non especificados neste anexo están recollidos no Regulamento Xeral da Maratón
Atlántica C42.
A. SAÍDA E PERCORRIDO: A carreira de 10 km compartirá percorrido co Maratón e a súa saída ás 8:45
h pechándose o control ás 10:15 h.
B. PRAZOS E COTA DE INSCRICIÓN:
PRAZOS COTA
Ata as 23:59 do 31 de marzode 2019 5 €
Prazo extraordinario: do 1 o 7 de abril de 2019 15€
C. INSCRICIÓN EN LIÑA: A través da pasarela de pagamento inserida na páxina da Federación Galega
de Atletismo, www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata
as 23:59 horas de 7 de abril de 2019.
D. INSCRICIÓN PRESENCIAL: Cubrindo a folla de inscrición e pagando a correspondente cota, no
Departamento de Deportes de El Corte Inglés. Informarase da localización dos centros e das datas de
inscrición.
E. CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Sub 23 1997-1998-1999
Sub 20 2000-2001
Sénior Desde 1996 e anteriores ata máster.
Máster 1 De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba.
Máster 2 De 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba.
Máster 3 De 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba.
Máster 4 A partir de 60 anos cumpridos ata o día da proba.
Atletas con discapacidade Nados/as en 2001 e anos anteriores.
F. CLASIFICACIÓNS:
• Clasificación xeral absoluta
• 3 primeiras/os clasificadas/os de cada categoría
G. AVITUALLAMENTO: Instalarase un posto de avituallamento entre o km. 6 e 7 da proba de 10 km, e
tamén ao pasar a liña de meta.
H. ENTREGA DE PREMIOS: A entrega de premios da carreira de 10 Km realizarase ás 11:30 h. na
Praza de María Pita.
Todo o que non reflicte o presente regulamento rexerase por esta orde polo Regulamento Xeral da
Maratón C42, polas normas de FGA, RFEA e da IAAF.