Calendario
Info da proba

Pereiro de Aguiar

01/12/2018 10:30 - 13:30
Regulamento XXIII CROSS GUILLELME BROWN
1 de decembro de 2018
O sábado 1 de decembro de 2018 celebrarase o "XXIII Cross Guillelme
Brown", atendendo ás seguintes normas:
1.- HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:
Hora Categoría Ano de nacemento Distancia
10:30 Cadete Sub 16 Feminino
Xuvenil Sub 18 Feminino
2004-2005
2002-2003 3 voltas (2.520m)
10:45 Cadete Sub 16 Masculino
Xuvenil Sub 18 Masculino
2004-2005
2002-2003 4 voltas (3.360 m)
11:00 Infantil Sub 14 Feminino 2006-2007 2 voltas (1.680 m)
11:15 Infantil Sub 14 Masculino 2006-2007 3 voltas (2.520 m)
11:30 Alevín Sub 12 Feminino 2008-2009 1 volta (840 m)
11:45 Alevín Sub 12 Masculino 2008-2009 2 voltas (1.680 m)
12:00 Benxamín Sub10 Feminino 2010-2011 1 volta (840 m)
12:10 Benxamín Sub10 Masculino 2010-2011 1 volta (840 m)
12:20 Prebenxamín 2012 e posteriores 400 m
12:30 Pais, nais e profesores do
colexio 2 voltas (1.680 m)
12:45 Absoluta 2001 e anteriores 5 voltas (4.200 m)
13:30 Entrega de trofeos
O percorrido, parte terra e herba, parte asfalto, realizarase no interior do recinto
escolar.
2.- PARTICIPACIÓN:
Poderán participar atletas federados con licencia en vigor para a tempada
2018/2019 e todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun só
equipo por categoría sen número límite de corredores/as, e calquera atleta que o
desexe a nivel individual.
XXIII CROSS GUILLELME BROWN
1 de decembro de 2018
3.- INSCRICIÓNS:
As inscricións, dos deportistas federados, realizaranse polos clubes na intranet
da RFEA (https://isis.rfea.es/sirfea2/), antes das 23:59 horas do martes día 27 de
novembro.
As inscricións, dos deportistas non federados menores e adultos realizaranse
por medio da pasarela habilitada en www.carreirasgalegass.com antes das 23:59 horas
do martes 27 de novembro.
A Organización establece un límite de 500 inscricións.
4.- DORSAIS:
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes
do inicio do Cross.
5.- CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual: segundo a orde de entrada en meta.
Ojo morado Por equipos: sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor
clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor
número de puntos.
6.- PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías benxamín, alevín,
infantil e cadete, tanto masculino como feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín/sub10,
alevín/sub12, infantil/sub14, cadete/sub16, xuvenil/sub18 e absoluta, tanto
masculino como feminino).
7.- OUTROS APARTADOS:
1. Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio contará
con bolsas deportivas como agasallo para os participantes, que serán
preferentemente para as categorías escolares e para os adultos en función da
súa orde de chegada e ata acabar as existencias.
2. Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do
inicio, unha vez avisados polos xuíces.
3. Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na ficha de
inscrición o seu número.
4. Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
5. O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos
da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.
6. Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo
en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e
ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da
competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis,
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa
Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse
e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou
de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante
a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Dtos,
o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña
"A Merteira", 9 de novembro de 2018.
A DIRECTORA
Asdo.- Mª Montserrat Couñago Amoedo