Calendario
Info da proba

O Burgo

10/06/2018 11:00 - 13:00
Regulamento 1.-O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a
Deputación da Coruña, a VI Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 10 de xuño, e
que chega á súa quinta edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2012
por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do VI Circuíto Provincial de
Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2.-DENOMINACIÓN. A proba recibe a seguinte denominación: “VII Carreira pola ría do Burgo”.
3.-DATA E LUGAR. A proba celebrarase o domingo 10 de xuño no paseo marítimo da ría do
Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da
ría, na zona das pistas polideportivas
4.-CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS: Establécense as seguintes categorías, en función da
data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata cinco
percorridos diferentes):
CATEGORÍA NADOS/AS DISTANCIAS
aproximadas HORA
MENORES SEN
CLASIFICACION
Pequerrecho 2013 -2014 80 m 13:10
Prebenxamín 2011 -2012 150 m 13:00
MENORES
Benx /Sub 10 2009-2010
1000 m 12:50
Alevín /Sub 12 2007-2008
Infantil / Sub 14 2005-2006
Cadete / Sub 16 2003-2004 2000 m 12:30
Xuvenil /Sub 18 2001-2002
ABSOLUTA
Junior/Sub 20 1999-2000
10000 m 11:00
Promesa/Sub 23 1996-1997-1998
Senior 1995 a 1984
Máster 1 1983-1978
Máster 2 1977-1969
Máster 3 1968-1959
Máster 4 1958 e anos anteriores
VII CARREIRA POLA RIA DO BURGO
10 DE XUÑO 2018
5.-INSCRICIÓNS: Permanecerán abertas desde o martes 15 de maio ás 00:00 horas ata as
23:59 do mércores 6 de xuño na web www.carreirasgalegas.com; o prezo da mesma será de
5 euros, agás nas carreiras de menos dos 10 km da proba absoluta, en cuxo caso o prezo será
de 3 euros, que en todo caso se aboará no momento da inscrición. O número máximo de
participantes será de 1000.
6.-PREMIOS: Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e
feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías
pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
7.-DORSAIS E CRONOMETRAXE: A proba estará cronometrada pola Federación Galega de
Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adheridos ao dorsal e poderán recollerse entre o
venres 8 de maio de 18:00 horas a 20:30 horas e o sábado 9 de xuño de 11:00 a 13:00 horas e
de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do paseo marítimo, ou ben na zona de saída e
meta entre as 9:00 e as 10:30 horas o mesmo día da carreira. Cronometraranse
electronicamente todas as categorías agás a de pequerrechos e prebenxamín.
8.-AVITUALLAMENTO: Será na zona de meta para todas as categorías. Nos 10 km haberá
tamén outro a metade de percorrido.
9.-OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha
camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
10.-SERVIZOS. Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na
zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da
proba. Non haberá servizo de vestiarios e duchas.
11.-RECLAMACIÓNS. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente
ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos
mesmos. Todo o non pre
VII CARREIRA POLA RIA DO BURGO
10 DE XUÑO 2018
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidad Civil así como a xestión da licenza de día de ránking popular
e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a Lei de protección de datos, a persoa interesada pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Gasgow 13 15008 A Coruña.