Calendario
Info da proba

Sárria

05/05/2018 17:00 - 19:30
Regulamento CARREIRA “50 ANIVERSARIO A MERCED-AS ACEAS”
ORGANIZA:
Agrupación Deportiva La Merced
COLABORA:
Concello de Sarria
Cruz Roja de Sarria
Multisports Galicia S.L.
REGULAMENTO
1 – DATA E LUGAR:
Sábado 5 de maio de 2018 no Colexio “La Merced” de Sarria
A saída da carreira absoluta de 10k reservadas para homes e mulleres nados/as en
2002 e anos anteriores, será ás 18:00h.
A saída da andaina de 7k, será as 18:10h
Haberá tamén carreiras de promoción para menores que se desenrolarán a partir
das 17:00h

2 – PERCORRIDOS :
A proba absoluta disputarase sobre un circuíto que combina terra e asfalto de
10km. Pódese utilizar zapatilla de asfalto sen problemas.
3– CATEGORÍAS:
CARRERAS DE MENORES:
• CARREIRA MINI: Nados entre 2011 a 2014 (non competitiva) 400 metros
(17:00)
• CARREIRA A: Benxamín e Alevín (Nados entre 2007 e 2010) 850 metros (17:15)
• CARREIRA B: Infantil e Cadete (Nados entre 2003 e 2006):1.300 metros (17:30)
10K (18:00):

• SENIOR: Nados entre 1984 E 2002
• MÁSTER A: Nados entre 1974 E 1983
• MÁSTER B: Nados entre 1973 e anos anteriores


7K (18:10): ANDAINA
4 – INSCRIPCIÓN:
Abrirase un período de inscrición que rematará o xoves día 3 de maio. Dita
inscrición realizarase en www.championchipnorte.com
A cuota de inscrición para a carreira absoluta, de 10k é de 5€.
As carreiras de MENORES e a ANDAINA son gratutitas (non cronometrada por
chip),
A inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de
accidentes así como facer uso de todos os servizos estabrecidos pola Organización
para os participantes. Na carreira 10K haberá camiseta técnica coa imaxe do evento
para todos os inscritos. Todas as carreiras disporán de avituallamiento o finalizar.
A carreira absoluta será cronometrada por chip, o cal deberase levar
obrigatoriamente colocado na zapatilla ou tobilleira. Os propietarios de chip
ChampionChip, deben participar obrligatoriamente con él.
Non se admitirá a cancelación da inscrición nin se devolverá o custo da mesma por
motivos axenos a organización.
5 – TROFEOS E PREMIOS:
Trofeo para os tres primeiros da xeral en homes e tres primeiras mulleres da
carreira absoluta de 10K.
Trofeo para @s mellores clasificados sarrianos (nad@s ou empadroad@s)
Trofeo para os tres primeiros de cada categoría nas carreiras MINI, A, B e 10K.
6- ENTREGA DE DORSAIS.
O 5 de maio, a partir das 16:00 na secretaría do Colexio “La Merced”
7- CRONOMETRAXE

 O cronometraxe electrónico será realizado por CCNORTE
 Todas as probas poderánse seguir en vivo na web www.resultados.live
 O atleta deberá portar o chip entrelazado nos cordons da zapatilla ou no
nocello

8 – SERVICIOS AO ATLETA
A organización disporá de servizo de duchas e vestiarios (Pavillón do Chanto 500 m
da saída e chegada). Avituallamiento líquido e sólido ó finalizar. Zona de
aparcamiento no Campo da Feira a 100 m da saída e chegada.
9 –NORMAS DE COMPETICIÓN:
Non estará permitido o acompañamiento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación neste.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os sus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes.
A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calquer aspecto
ou circunstancia non contemplada neste regulamento.