Calendario
Info da proba

Santiago

27/05/2018 11:00 - 12:30
Regulamento A Carreira Popular #WeAreReady Universidade de Santiago de Compostela está organizada por
Redkampus Press, S.L. coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e conta co
patrocinio de El Corte Inglés.
DÍA: 27 de maio
HORA: 11:00
LUGAR: Estadio de Atletismo da USC – Campus Sur de Santiago de Compostela.
DISTANCIA: 10KM, tempo máximo para completala 1 hora e 30 minutos.
Haberá unha carreira non competitiva e SOLIDARIA POLA EDUCACIÓN de 100 m. con saída as 10:45
horas. de carácter gratuíto aínda que existe a posibilidade de facer unha doazón de 2, 3 ó 5 euros, que
irán parar íntegros ao proxecto deportivo que decida a Universidade.
SAIDA e META: Estadio de atletismo da USC
INSCRICIÓNS en http://www.weareready.es ata o xoves 24 de maio ás 23:59 h Non se admitirán
inscricións despois desta data e hora. O límite de inscricións é de 2.000. Realizaranse na páxina e o
custo será de 8 euros, dos cales 3 euros irán parar a un proxecto solidario elixido pola USC.
As inscricións para os 100 m SOLIDARIOS POLA EDUCACION poderán realizarse ata o mesmo día da
carreira xusto antes da saída na carpa habilitada para iso na zona de After Running, ou por anticipado
escribindo a info@weareready.es .Os participantes recibirán coa inscrición un dorsal conmemorativo
co número ‘000’
RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais será na sección de Deportes do Corte Inglés de Santiago de Compostela o
venres 25 de maio de 15 a 22 h. e o sábado 26 de maio de 11 a 21 h. Tamén serán entregados o
mesmo día da carreira de 9:00 a 10:30 Para iso será imprescindible presentar o em@il de confirmación
da inscrición ou DNI.
Os inscritos nos 100 m SOLIDARIOS POLA EDUCACION recibirán unicamente un dorsal.
NON SE ENTREGARÁN DORSAIS NA LIÑA DE SAÍDA PARA A CARREIRA DE 10 km.
PERCORRIDO: (Anexo II)
SAÍDA: Pistas de Atletismo da USC, Av. das Ciencias, Av. do Profesor Legaz Lagambra, Av. das Burgas,
Av. de Novoa Santos, Rúa de José María Suárez Núñez, Estrada de San Lorenzo, Rúa de San Lorenzo,
Rúa de Poza de Bar, Rúa do Cruceiro do Gaio, Rúa das Galeras, Rúa do Morón, Rúa dos Pelamios,
Parque da Múseca, Av. Burgo das Nacións, Av. de Castelao, Rúa de Vista Alegre, Rúa de Salvadas, Rúa
de Morón, Rúa das Galeras, Rúa do Cruceiro do Gaio, Rúa de Poza de Bar, Rúa de San Lorenzo, Av.de
Novoa Santos.
META: Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela.
CRONOMETRAXE E CLASIFICACIÓNS
A cronometraxe será efectuado pola Federación Galega de Atletismo mediante chip-dorsal desechable
(non se require devolución).
Ao finalizar a proba publicaranse de forma oficiosa as clasificacións de todas as categorías, realizando a
convocatoria para a cerimonia de entrega de premios aos atletas correspondentes e posteriormente
publicarase a clasificación oficial na páxina www.weareready.es
DEREITOS DE INSCRICIÓN 10 km # WeAreReadyUIB


1. Participación na carreira
2. Camiseta técnica.
3. Participación nos sorteos.
4. After running con avituallamiento, música e sorteos.
5. Dorsal-chip.
6. Seguro de accidentes.
7. Servizo de gardarroupa en zona after running
8. Asistencia sanitaria en carreira.
Os participantes, ao realizar a inscrición, consenten que se publiquen os seus nomes e apelidos xunto
co número de dorsal na web de inscrición e nas listas da zona de recollida de dorsal, así como o seu
tempo e clasificación no taboleiro oficial da proba e na web da proba.
CATEGORÍAS
•Popular absoluta (Masculina e Feminina) *Idade mínima 16 anos con autorización paterna (Anexo I)
•Universitaria Alumnos USC (Masculina y Feminina)
•Universitaria PAS/PDI USC (Masculina y Feminina)
PREMIOS
Recibirán medallas os 3 primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculinos como femininos e
tamén recibirán:
1º Cartón Regalo de 60 € do Corte Inglés
2º Cartón Regalo de 40 € do Corte Inglés
3º Cartón Regalo de 20 € do Corte Inglés
Os premios dos Cartóns Regalo do Corte Inglés non son acumulables
SORTEO
Despois da entrega de trofeos realizarase un sorteo de material deportivo entre os participantes.
Introduciranse os dorsais nunha urna. O gañador de cada premio será o dono do dorsal e que nese
momento deberá estar presente persoalmente para recoller o seu premio. No caso de que o posuidor
do dorsal non estea presente, ese premio volverá ser sorteado.
RECLAMACIÒNS
As reclamacións relativas á competición deberán


O participante autoriza a Redkampus Press S. L., empresa produtora e á Universidade de Santiago de
Compostela, para que incorpore os seus datos a un ficheiro da súa titularidade coa única finalidade de
xestionar a promoción.
O participante autoriza ao Corte Inglés S.A. para que incorpore os seus datos a un ficheiro da súa
titularidade coa finalidade de facerlle chegar ofertas comerciais do seu interese, así como a cesión dos
mesmos ao resto das empresas do grupo El Corte Inglés, coa mesma finalidade.
Os participantes poderán exercitar en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación ou oposición previstos na LOPD. Para ese efecto, deberán dirixir unha solicitude por
escrito á clientes@elcorteingles.es ou ò correo postal: EL CORTE ÍNGLES, S.A., REF. L.Ou. P.D., Rúa
Hermosilla, 112. 28009-Madrid, indicando a petición en que se concreta a solicitude.
A inscrición leva consigo a autorización ao organizador, promotor e produtor para a gravación dos
participantes por calquera medio, así como a cesión dos seus dereitos de imaxe nos distintos soportes
para darlles uso publicitario, incluíndo a súa difusión por calquera medio, sen dereito a recibir
compensación económica algunha.
CAMBIOS NA PROBA POR CAUSAS DE FORZA MAIOR
Por causas meteorolóxicas, de seguridade ou calquera outra causa de forza maior, a organización
poderá modificar os horarios, datas ou mesmo o percorrido da proba se fose necesario para a
adecuada celebración da proba, mesmo poderá realizar a cancelación da proba coa devolución
correspondente do custo da inscrición. A organización non atenderá reclamacións relativas a estes
cambios.
ACEPTACIÓN DEL REGLAMENTO
Todos os participantes polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente Regulamento, e en
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o
Comité Organizador.
A inscrición implica ler, entendido e adquirido o compromiso que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico e psicolóxico. Eximo á organización, a empresa promotora, a
empresa produtora e os patrocinadores de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivar, tal como a perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias. Renuncio a
toda acción legal que puidese derivarse da participación no evento. Autorizo aos organizadores,
promotores e produtores do evento á gravación total ou parcial da miña participación no mesmo
mediante fotografías, películas, televisión, radio, vídeo e calquera outro medio coñecido ou por
coñecer, e cedo todos os dereitos relativos á súa explotación comercial e publicitaria que consideren
oportuno exercitar, sen dereito pola miña banda a recibir compensación económica algunha”.
A inscrición na carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo ningunha causa
do importe da inscrición.
A organización non asumirá ningunha responsabilidade se o evento suspéndese ou apraza por razóns
de forza maior.
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, debendo comunicalo na web e na información do corredor.
AFTER RUNNING
O evento conta cunha zona de After Running onde poderedes gozar das diferentes actividades e


servizos como gardarroupa.
A zona abrirase unha hora antes da saída para dar cabida ao servizo de guardarropía, e pechará
despois de que teñan lugar todas as actividades, sorteos e entrega de premios.
HORARIOS DE INTERÉS
RECOLLIDA DE DORSAIS en El CORTE INGLÉS – Sección de Deportes
VENRES 25 DE MAIO
15:00 a 21:00
SÁBADO 26 DE MAIO
11:00 a 21:00
CARREIRA
DOMINGO 27 DE MAIO
10:00 APERTURA DA ZONA AFTER RUNNING
10:45 SAÍDA 100m. SOLIDARIOS POLA EDUCACION
11:00 SAÍDA 10 Km # WeAreReadyUIB
11:30 CHEGADA APROXIMADA PRIMEIRO CLASIFICADO
12:30 PECHE CARREIRA 10 km.
12:15 ACTIVIDADES
13:00 ENTREGA DE TROFEOS E SORTEOS
14:00 PECHE DA ZONA AFTER RUNNING


ANEXO I
AUTORIZACION PATERNA PARA A PARTICIPACIÓN NA PROBA
# WE ARE READY UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DE 10 Km
D./Dna: ……………………………………………………………… con DNI ………………………. como pai/nai/titor do menor:
………………………………………………………… con DNI: ………………… (se ten) con data de nacemento: ……/……/…….…
autorizo baixo a miña responsabilidade por medio do presente escrito a participar no evento deportivo “ WE ARE READY
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA” organizado polo Corte Inglés, que se celebrará o domingo 27 de maio de
2018, aceptando a normativa e condicións da mesma, recoñecendo expresamente que se atopa en condicións físicas
adecuadas para a práctica do exercicio físico e eximindo de toda responsabilidade aos organizadores, colaboradores e
voluntarios en canto ao desenvolvemento das súas funcións refírese.
Así mesmo, DECLARO
1. Que coñezo e acepto integramente o Regulamento da Proba e as Regras, Normas e Circulares dos Organismos e Entidades
implicados.
2. Que me atopo, ou os meus representados/ as atópanse, en condicións físicas adecuadas e estou suficientemente
adestrado/a, adestrados/ as para participar voluntariamente nesta Actividade.
3. Que non padezo, ou os meus representados/ as, non padecen, enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse e
prexudicar gravemente a saúde ao participar nesta Actividade.
4. Que, se padecese, ou os meus representados/ as padecesen, algún tipo de lesión, defecto físico ou calquera outra
circunstancia que puidese agravarse ou prexudicar gravemente a saúde, ao participar nesta Actividade, poñereino en
coñecemento da Organización, aceptando as decisións que respecto diso se adopten polos/ as responsables da Proba.
5. Autorizo á Organización do Evento para usar calquera fotografía, filmación, gravación ou calquera outra forma de arquivo
da miña participación ou a dos meus representados/ as, neste evento, sen dereito a contraprestación económica.
Lin e acepto o aviso legal e o prego de descargo.
En…………………………………………………………………………………… a........ de.............................. de 2018.
Asina pai/nai e/ou titor/a legal.
Débese achegar fotocopia do DNI do pai/nai/titor e DNI do menor (se ten)
AVISO LEGAL
Segundo o establecido na Lei Orgánica 15/1999, informámoslle que os seus datos persoais obtidos mediante o enchemento
deste documento/impreso/formulario serán obxecto de tratamento nos nosos ficheiros coa única finalidade de organizar e
xestionar a súa participación na devandita actividade, en función da solicitude por vostede achegada. Igualmente,
informámoslle que naquelas actividades deportivas especiais en cuxa inscrición deba indicarse información referente a datos
especialmente protexidos para adaptar as condicións de participación á categoría correspondente, dita información
unicamente será tratada para xestionar a súa participación nas actividades deportivas, conservándose sobre os mesmos a
máis estrita confidencialidade.
Poderá, en calquera momento, revogar o consentimento anteriormente outorgado, así como exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos legalmente establecidos, dirixíndose ao responsable do ficheiro.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e
tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.