Calendario
Info da proba

Tui - San Telmo

07/04/2018 11:00 - 13:00
Regulamento Un ano máis, o Club Atletismo Tui - Thermalia organiza a carreira popular de San Telmo. A data de celebración e o sábado seguinte a Pascua (durante a festa patronal) que este ano coincide no día 7 de abril.

Hora de comezo: 11:00
Lugar: Paseo da corredoira
Prezo: de balde con Kg solidario.
Web oficial: Carreira San Telmo
Inscricións: Ata o mércores 4 de abril no Formulario de inscrición

REGULAMENTO:
1.- O Club Atletismo Tui - Thermalia coa colaboración do Excmo. Concello de Tui, organiza a "Carreira Popular San Telmo", que se celebrará o próximo sábado 7 de Abril de 2018, a partir das 11:00 horas, no Paseo da Corredoira, no Concello de Tui.
2.- Poderán participar todas as persoas estean ou non federadas, aqueles que non teñan Licenza Federativa ou seguro deportivo (escolares) estarán cubertos polo seguro do que dispón a organización. Poderán participar tamén atletas estranxeiros.
3.- As inscricións faranse a través da páxina web do club na pestana da carreira (https://clubatletismotui.wordpress.com/carreira-san-telmo/), ata o Mércores 4 de abril. As inscricións son de balde entregando 1 kilo de alimentos non perecedoiros no momento de recollida do dorsal, non admitíndose inscricións fora de prazo nin no mesmo día da proba.
4.- A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.
5.- Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o recollido neste regulamento.
6.- Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo das probas no Paseo da Corredoira, no Concello de Tui.
7.- Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino. Así mesmo tamén serán premiados o primeiro e primeira tudense da categoría absoluta.
8.- A proba estará controlada por persoal da organización.
9.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este e falsificar datos persoais.
10.- Os atletas deben situarse na Cámara de Chamadas, para control de dorsais, como máximo 10 minutos antes do inicio de cada proba, podendo ser descualificados de non cumprir esta norma. Pola megafonía da organización vanse dando oportunas indicacións ao respecto.
11.- Os servizos sanitarios e as ambulancias, estarán situados na zona de Saída/Meta. Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
12.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: No pavillón Municipal de TUI
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar meta.
11.- Orde de saída e horarios
Categoría -------Ano Nacemento ----- Horario - Distancia
Xuvenil-Junior-- 99/02 ---------------- 11.00h -- 5000 m.
Sénior ---------- entre 1983 e 1998 -- 11.00h -- 5000 m.
Veterán A ------ entre 1973 e 1982 -- 11.00h -- 5000 m.
Veterán B ------ 1972 ou anterior ---- 11.00h -- 5000 m.
Cadete --------- 03/04 ----------------- 11.45h -- 2500 m.
Infantil --------- 05/06 ----------------- 11.45h -- 2500 m.
Alevín ---------- 07/08 ----------------- 12.00h -- 700 m.
Benxamín ------ 09/10 ---------------- 12.15h -- 350 m.
Prebenxamín -- 11/12 ----------------- 12.30h -- 175 m.
Pitufos --------- 13/14/15 ------------- 12.45h -- 100 m.