Calendario
Info da proba

Cariño

12/05/2018 11:30 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO 3ª VOLTA Ó MAZANTEU (CONCELLO DE CARIÑO)
Artigo 1. Obxecto
Con esta proba pretendese crear e fomentar un hábito de vida saudable
entre a poboación, abandonando o sedentarismo, previndo e reducindo a
incidencia das súas enfermidades asociadas, y ofrecendo a posibilidade de
ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio.
Artigo 2. Organización e colaboración
A proba denomínase 3ª Volta ó Mazanteu está organizada polo Servizo de
Deportes do concello de Cariño sendo unha “proba oficial da FGA con distancia
no homologada”. Colaboran ou patrocinan esta proba a Deputación provincial
da Coruña, a FGA, o club ciclista Cariño, Atmosfera Cero, Arthros Fisioterapia
e Vegalsa.
Esta proba forma parte de do 3º Circuíto Corre polo Norte” organizado
polos concelleiros de deportes dos concellos de Cariño, Cedeira, Ortigueira,
Mañón, Moeche, Cerdido e Valdoviño, así como polas empresas Prueba-t e
Ranckr.
Vaise celebrar o sábado 12 de maio, dende as 11:30 ata 14:00 horas, coa
saída no Paseo marítimo de Cariño e o recorrido é de 7400 metros arredor do
monte Mazanteu, por asfalto e pistas de terra. Ademais vanse celebrar
diferentes categorías con distintas distancias a percorrer e que son as
seguintes:
Servizo de deportes
Concello de Cariño
Paseo Marítimo s/n
C.P.:15360 Cariño
A Coruña
Teléfono: 981420216
Email: davidfernandez@concellodecarino.com
2
CATEGORÍA NADOS/AS DISTANCIA HORA DE SAÍDA
M
E
N
O
R
E
S
Pitufos 2014-2018 50 m. 12:40 Aprox.
Prebenxamín 2011-2013 150 m. 12:50 Aprox.
Benxamín (Sub 10) 2009-2010 300 m. 13:00 Aprox.
Alevín (Sub 12) 2007-2008 900 m 13:10 Aprox.
Infantil (Sub 14) 2005-2006 1400 m. 13:20 Aprox.
Cadete-Xuv (Sub 16/18) 2001-2004 2100 m. 13:40 Aprox.
A
B
S
O
L
U
T
A
Sénior 1984-1999 7400 m. 11:30 Aprox.
Máster A 1967-1983 7400 m. 11:30 Aprox.
Máster B 1966 ou antes 7400 m. 11:30 Aprox.
Haberá categorías tanto masculinas como femininas e entregarase medallas
ós 3 primeiros clasificados de cada proba (masculina e feminina). En caso de
que algunha categoría quedase con poucos participantes xuntarase con outra.
Artigo 3.Inscrición.
Faranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismogalego.org rematando o prazo ás 23.59 horas do xoves 10 de
maio. Os dorsais poderán retirarse o mesmo sábado na saída (cobertizo do
paseo marítimo) ata media hora antes da proba.
Non poderán tramitarse inscricións o mesmo día.
Custe de inscrición:
• Categorías de menores: sen custe.
• Categorías sénior e máster: 4 euros
Artigo 4. Normas de participación.
Para formar parte desta proba é necesario que todos os participantes
acrediten a súa identidade coa presentación do seu D. N.I. á hora de recoller o
dorsal de cada proba.
O comité organizador resérvase o dereito de pechar as inscricións se as
razóns organizativas así o requirisen.
Todos os participantes na proba aceptan o seu regulamento e normativa,
formalizando a súa inscrición con todos os dereitos e obrigacións que lle
3
corresponden. Así mesmo, no momento da inscrición fan constar que non
padecen ningunha enfermidade que lles incapacite para a práctica de
actividade física e deportiva. Do mesmo xeito aceptan que a organización
publique fotos, imaxes ou calquera outra información nas súas redes sociais e
medios de comunicación.
Para participar na proba é obrigatorio o correcto uso do dorsal e chip
facilitado en cada proba por persoal da organización. En caso de non realizar
correctamente a colocación do dorsal ou chip non se garantirá que o resultado
sexa correcto.
Artigo 5. Normas de seguridade.
5.1 Seguro de Responsabilidade Civil.
Nesta proba colabora a Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo
caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow 13 15008 A Coruña.
5.2 Servizo de avituallamento e aseos.
A organización asegurará a provisión de bebidas aptas e alimentos sólidos
para a práctica deportiva na meta e en puntos intermedios das probas. Os
participantes poden ducharse no polideportivo municipal que se atopa a 1 km
da zona de chegada.
Artigo 6. Regulamento da proba.
1. “A proba esta incluída no Calendario Oficial da FGA e os xuíces da proba
forman parte do comité galego de xuíces.
2. As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas
verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
3. “Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular
este, falsificar datos persoais, competir co dorsal o chip/s de outra/s
persoa/s”.
4. “Os atletas con licenza federativa terán que atenerse o regulamento
de Disciplina Deportiva en vigor”.
5. “Os atletas con licenza pola FGA deberán competir ca camiseta oficial de su
club”
4
6. “As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sen ser autorizadas polo organizador, no están amparadas
polos seguros da proba. A FGA non se fará responsable dos danos
que estás persoas podan causar o causarse”.
7. “Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo
o regulamentado por instancias superiores”.
Artigo 7. Regulamento e Clasificacións do 3º CIRCUÍTO CORRE POLO
NORTE
INDIVIDUAL
A puntuación outorgarase unicamente ás categorías sénior e veterano. Os
puntos de cada deportista serán en función da posición que ocupe en meta,
seguindo esta táboa:
Posto Puntos Posto Puntos Posto Puntos Posto Puntos
1º 25 p. 6º 14 p 11º 9 p 16º 4 p
2º 21 p 7º 13 p 12º 8 p 17º 3 p
3º 18 p 8º 12 p 13º 7p 18º 2 p
4º 16 p 9º 11 p 14º 6p 19º 1 p
5º 15 p 10º 10 p 15º 5 p 20º… 1 p
O deportista que queira optar á clasificación final do Circuíto deberá
completar polo menos 5 probas dos 7 posibles. No caso de que se adhiran
máis probas durante o ano, deberase completar polo menos un 70% das
mesmas.
O deportista que completase todas as probas do circuíto conseguirá unha
puntuación extra de 50 puntos para a clasificación final.
O vencedor final do Circuíto, en cada categoría, será o que máis puntos
obteña ao final do mesmo. En caso de empate teranse en conta:
1º) O maior número de probas completadas.
2º) O maior número de mellores postos.
Artigo 8. Premios probas e premios do circuito.
- Premio aos tres primeiros de cada categoría: pitufos, prebenxamín
benxamín alevín, infantil, cadete-xuvenil, sénior, veteranos A e veteranos B
(medalla ou trofeo).
5
Premios finais do Circuíto:
- Trofeo e premio económico ao primeiro clasificado individual por
puntuación total tanto masculino como feminino independentemente da
categoría (gañará o circuíto a muller ou home que obteña máis puntuación
independentemente da categoría á que pertenza sempre que sexa senior,
veterano A ou veterano B).
Artigo 9. Descalificacións
A descalificación dun deportista na proba supón, non optar aos premios da
mesma nin do circuíto final Pode ser polos seguintes motivos:
- Por agresións físicas ou verbais cara a outro participante.
- Non levar o dorsal ben colocado nos controis e en meta.
- Non atender ás indicacións dos xuíces ou da organización.
- Non realizar o percorrido estipulado.
- Correr co dorsal doutra persoa. Descualificarase a ambos.
- Por condutas antideportivas ou contra o medio ambiente.
Artigo 10. Reclamacións
Establécese un prazo de 24 horas hábiles para realizar calquera reclamación
respecto diso do desenvolvemento da proba. Dita reclamación presentarase
por escrito ante o Comité Organizador presentado cantas probas estime
oportunas. Devandito Comité actuará de oficio cando existan causas que así o
permitan e xustifiquen. A súa decisión última será inapelable.
Artigo 11. Cláusulas adicionais.
Primeira: Todos os participantes aceptan a publicación dos seus datos
persoais, así como fotografías da propia organización. Mediante a inscrición o
deportista consente expresamente que os seus datos sexan utilizados pola
organización, por cada concello e pola empresa Proba- T para comunicacións
sobre as súas actividades.
Segunda: A organización resérvase o dereito de cambiar os percorridos
predefinidos, probas convocadas ou modificar o regulamento se as condicións
así o requiren.
Terceira: A inscrición no circuíto CORRE POLO NORTE, así como en cada
unha das súas probas, non supón ningún privilexio nin dereito respecto das
normas e regulamentos esixidos na convocatoria de cada unha das probas,
polo que cada participante terá que aterse e aceptar as súas bases.