Calendario
Info da proba

Vigo - Cidade Universitaria

22/04/2018 11:00 - 12:15
Regulamento Happy Go Running

A HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colabora o Concello de Vigo e Cidade Universitaria S.A.

A XII edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 22 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

> Inscricións:
O custe da inscrición será de 5 € para as persoas pertencentes ás universidades galaico-durienses e de 7 € para o resto. Destinarase 1 € de cada inscrición a un proxecto solidario da Fundación Galega contra o Narcotráfico. As inscricións poderanse facer a través da web deporxest.uvigo.es ata o 18 de abril de 2018.

> Distancias:

Proba de 6,6 km.


Proba de 10 km.


A carreira de 10 km forma parte ademais do Circuíto de Carreiras Populares Run Run Vigo polo que as persoas participantes nesta distancia quedarán inscritas automaticamente no dito circuíto.

> Premios e agasallos:

- Clasificación Xeral: outorgaranse premios en metálico ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k.

- Clasificación universitaria por campus: outorgaranse premios en material deportivo ao campus universitario mellor clasificado na carreira 10 k.

> Outros servizos:
As persoas participantes terán a súa disposición servizo de comedor, cafeterias, ludoteca, duchas, vestiarios e gardarroupa.

> Máis información:
Para máis información consultade a web da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.