Calendario
Info da proba

San Sadurniño

27/05/2018 11:00 - 13:30
Regulamento NORMATIVA DA PROBA
DATA.
DOMINGO 27 DE MAIO DE 2018.
HORARIO, DISTANCIA, IDADES, CATEGORÍAS E CIRCUITOS.
HORARIO DISTANCIA CATEGORÍAS IDADES CIRCUITO
11.15 H. 1.000m. INFANTIL A Masc. e Fem.
ALEVÍN Masc e Fem.
Nados/as 2006
Nados/as 2007 e 2008 Circuito 4
11.30 H.
400m
neutralizad
os+ 5 kms.
INFANTIL B. Masc e fem.
CADETE Masc e Fem.
XUVENIL Masc e Fem.
JUNIOR Masc e Fem.
SUB 23 Masc e Fem.
SENIOR Masc e Fem.
VETERÁNS A Masc e Fem.
VETERÁNS B Masc e Fem.
VETERÁNS C Masc e Fem.
VETERÁNS D Masc e Fem.
Nados/as 2005
Nados/as 2003/04
Nados/as 2001/02
Nados/as 1999 e 2000
Nados/as 1996/97/98
Nados/as 1995 a 1984
Nados/as 1983 a 1978
Nados/as 1977 a 1969
Nados/as 1968 a 1959
Nados/as con anterioridade
ao ano 1958
Circuito 5
12.30 H. 400m. BENXAMÍN Masc. e Fem. Nados/as 2009 e 2010 Circuito 3
12.40 H. 220m. PITUFOS Masc. e Fem. Nados/as 2011 e 2012 Circuito 2
12:50 H. 70m. BIBERÓNS Nados/as 2013 e 2014 Circuito 1
13:15 H. Entrega de trofeos
LUGAR.
Paseo Fluvial do río Xubia de San Sadurniño e Finca A Cortiña (lugar
de Bidueiro). Concello de San Sadurniño
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 2
https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2
ENTIDADES ORGANIZADORAS.
Concello de San Sadurniño.
Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino e Mocidade

C.P.I de San Sadurniño
CIRCUÍTO ADHERIDO.
VI Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña
ENTIDADES COLABORADORAS.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 3
REGULAMENTO.
1. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación
Galega de Atletismo (FGA).
2. “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.
3. Carreira pertencente o “VI Circuito de carreiras populares da
Deputación da Coruña”. (Ver regulamento do circuito).
https://www.dicoruna.es/index.php/download_file/20823/1318
3/ .
4. A proba está aberta a todos e todas as atletas, federados/as
ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
5. As categorías serán dende biberóns ata veteráns.
6. Cada corredor ou corredora participa baixo a súa
responsabilidade é suponse que dispón dun nivel de condición
física óptimo para afrontala proba.
7. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este
irá situado no peito e terá que ser visible o longo de toda a
proba.
8. Todas as categorías, exceptuando biberóns e pitufos, estarán
controladas con chip, ó chip terá que ser devolto ó
remate da proba, a non devolución do chip terá un
coste de 5 euros para o participante.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 4
9. Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en
varios puntos do circuíto que a organización establecerá,
polos cales terán que pasar todas as persoas participantes
para non ser descalificadas.
10. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao/á
xuíz/xuíza árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
11. Ningún atleta federado poderá competir con outro Club que
non sexa o que figure na súa licenza correspondente. No caso
de que se producise esta situación, o atleta será
descualificado automaticamente.
12. RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da
carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da
F.G.A. que estarán autorizados a descalificar.
Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes
aspectos:
- Non realizar todo o percorrido da carreira.
- Non pasar polos controis de carreira establecidos
- Pretender participar na carreira sen estar
previamente inscrito.
- Realizar a inscrición alterando os datos de forma
maliciosa.
- Ser reincidente nalgunha infracción.
- Non levar o dorsal durante todo o percorrido
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 5
- Manipular o dorsal ou correr co dorsal doutra
persoa
- Por agresións físicas ou verbais hacia outro/a
participante ou hacia a organización.
- Por conductas antideportivas ou contra do medio
ambiente
- Non atender ás indicacións dos xuizes ou da
organización
- Entrar fóra da hora prevista pola organización
como tempo máximo de duración da proba.
13. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas
normas de competición da FGA (Federación Galega de
Atletismo), RFEA (Real Federación Española de Atletismo) e
IAAF (Federación Internacionnal de Atletismo Amateur) para a
presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
14. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa
propia responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o
presente regulamento.
15. Seguro: Cada participante estará amparado/a por unha póliza
de Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos,
excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis ou da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido
de ningún vehículo alleo á organización, estando estes últimos
debidamente identificados.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 6
16. A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E
AMBULANCIA dende unha hora antes do comezo da carreira
e ata que finalice a entrega de premios.
17. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala
inscrición, dan o seu consentimento para que a organización
trate informaticamente e con finalidade exclusivamente
deportiva e/ou promocional os seus datos de carácter persoal,
así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías,
vídeo, redes sociais, etc.
18. En función do número de participantes, a organización poderá
establecer varias saídas para as categorías de pitufos e
biberóns.
19. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste
a data de nacemento dos participantes. A non aportación
desta, poderá ser motivo de descalificación.
20. Non está permitido o acompañamento en ningunha das
probas de ningún vehículo alleo á organización. Nin tampouco
con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós
participantes. Asemade non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes
en ningún momento.
21. A organización resérvase o dereito de modificar o que
considere oportuno. O mal tempo non será motivo de
suspender a proba.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 7
22. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben
visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas
establecidas no regulamento, poderá ser descalificado.
23. A carreira de 5Km se poderá realizar correndo e/ou
camiñando, sendo o tempo máximo para realizala de 50
minutos.
24. En caso de retirada avisarase ao persoal da organización. No
caso de lesión ou impedimento para regresar polos propios
medios á meta, solicitarase ax
nais do alumnado, traballadores e traballadoras de....,
pertencer a unha sociedade deportiva cultural, exalumnos ....).
• A clasificación por equipos obterase sumando o posto da xeral
absoluta dos 6 primeiros (3+3) clasificados do equipo (e dicir,
puntúan os 3 primeiros rapaces e as 3 primeiras rapazas ou
viceversa). O equipo que sume menos puntos é o equipo
gañador. En caso de empate o equipo gañador será o que
teña a última persoa clasificada dos 6 participantes en mellor
posición.
• O prezo da inscrición na categoría de equipo non ten custe
engadido.
OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar nas distintas probas todos aqueles e aquelas
atletas que o desexen, por norma xeral en competicións do
calendario autonómico non porán participar atletas españois con
axuda económica da RFEA.
O descoñecemento de este regulamento non exime do seu
cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas
normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a
presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
CONTROL E CLASIFICACIÓN.
A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip e
estará controlado técnicamente pola Federación Galega de
Atletismo en todas as categorías. As categorias de biberón e
pitufos non haberá clasificación, todos os participantes correrán
con dorsal número 1.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 9
A clasificación da carreira poderá ser consultada:
- No taboleiro habilitado para tal efecto no lugar da proba
- Na páxina web do Concello de San Sadurniño
www.sansadurnino.gal
- No páxina web do C.P.I de San Sadurniño
www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/
- Na Paxina web de Emesports www. emesports.es
A clasificación do VI circuito provincial de carreiras populares da
Deputación de A Coruña poderase consultar cada unha das probas
nas seguintes páxinas web: www.atletismo.gal ;
www.carreirasgalegas.org ou ben na páxina oficial da Deputación
Provincial de A Coruña www.dicoruna.es
INSCRICIÓN.
Prezo:
Categorías Prezo
JUNIOR
SUB 23
SENIOR
VETERÁNS A
VETERÁNS B
VETERÁNS C
VETERÁNS D
3 euros
BIBERÓNS Gratis
PITUFOS Gratis
BENXAMÍN Gratis
ALEVÍN Gratis
INFANTIL Gratis
CADETE Gratis
XUVENIL Gratis
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 10
Forma de pago:
A única forma de pago é a través da plataforma habilitada para
tal efecto de inscrición. Na páxina web www. emesports.es
Devolución da inscrición:
Se algún dos participantes decide anular voluntariamente a
inscrición, a organización non devolverá o importe de dita
inscrición.
Tampouco se devolverá o importe da inscrición se o atleta é
descalificado.
Nº de Prazas:
- Número máximo de prazas na proba de 5Km e de 700 atletas
- O resto das categorías sen límite de prazas.
Prazo de inscrición:
- Individual: Ata o Mércores 23 de maio
-Categoría de Equipos (5Km): Ata o Domingo 20 de maio
(Os paticipantes da categoría de equipos terán que inscribirse
previamente de forma individual).
- Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba.
Lugar e forma de inscrición.
• Incricións individuais:
- Por Internet: Na páxina web de Emesports
www. emesports.es
- Presencialmente no C.P.I de San Sadurniño (só comunidade
educativa do C.P.I de San Sadurniño).
• Incricións de Equipos:
- Presencialmente no CPI San Sadurniño
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 11
- Por internet no correo: c.equipossansa@gmail.com
- Na inscrición do equipo haberá que indicar:
Nome do equipo.
Nome e apelidos de cada participante, indicando o sexo
de cada participante.
Indicar se inscríbese como equipo do Concello de San
Sadurniño ou equipo doutro Concello.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
– A retirada de dorsais e chips se realizará:
• O día anterior de 18:00 a 20:00 no C.P.I de San
Sadurniño, (Avda. Marqués de Figueroa, San Sadurniño).
https://goo.gl/maps/qwnXKdrzyCx
• En Decatlón Ferrol, Vernes 25 de 19:00 a 22:00 e
Sábado 26 de 12:00 a 14:00 h.
• O mesmo día no lugar da proba:
- Carreira de 5 Kms de 9:10 a 11:10 horas (infantil B ata
veteráns).
- O resto das categorías ata 30 minutos antes do inicio de
cada proba.
AVITUALLAMENTO.
Líquido e sólido ó final da proba para todas as persoas
participantes.
SERVIZO DE QUENCEMENTO DIRIXIDO.
Para todos os/as atletas contaremos cun servizo de quencemento
dirixido antes do inicio da carreira de 5 km.
SERVIZO DE FISIOTERAPIA PREVENTIVA.
A organización porá a disposición de todos e todas as participantes
da carreira de 5Kms un servizo dirixido preventivo de fisioterapia.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 12
APARCADOIRO.
O Concello habilitará unha zoa específica o carón dos circuítos para
que tanto as persoas participantes c
CATEGORÍAS E PREMIOS.
CATEGORÍAS DISTANCIA
S
PREMIOS
Equipos do Concello de
San Sadurniño 5 KM
Premio especial para o equipo
gañador e agasallo para os 6
primeiros equipos clasificados
Equipos doutros Concellos 5 KM
Premio especial para o equipo
gañador e agasallo para os 6
primeiros equipos clasificados
INFANTIL B Masc e Fem.
(ano 2005) 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
CADETE Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
XUVENIL Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
JUNIOR Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
SUB 23 Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
SENIOR Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
VETERÁNS A Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
VETERÁNS B Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
VETERÁNS C Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
VETERÁNS D Masc e Fem. 5 KM Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 14
INFANTIL A Masc e Fem.
(ano 2006). 1.000 m
Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
e medalla para cada participante
ALEVÍN Masc e Fem. 1.000 m
Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
e medalla para cada participante
Benxamín Masc. e Fem. 400 m
Trofeo para os/as tres primeiros
clasificados masculino e feminino
e medalla para cada participante
Pitufos Masc. e Fem. 220 m Medalla para cada participante
Biberóns Masc. e Fem. 70 m Medalla para cada participante
Participante de Maior
Idade Masc. e Fem. 5 KM Trofeo
Categoría ABSOLUTA
3 primeiros clasificados da
xeral
Masc. e Fem.
5 KM
Trofeo e agasallo para os/as tres
primeiros clasificados masculino
e feminino
1º Clasificad@ Masc. e Fem
do
Concello de San Sadurniño
5 KM
Trofeo ao 1º home e á 1ª muller
empadroado/a no Concello de
San Sadurniño
COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente
regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a
organización se vexa obrigada a modificar por causas alleas a
súa vontade.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 15
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se
admitirán devolucións, baixo ningunha causa do importe da
inscrición.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e
adquirido o compromiso que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización,
ós sponsors ou patrocinadores comerciais, directivos/as,
empregados/as e demais persoal organizador de toda
responsabilidade que da participación no evento puidera
derivarse tal como lesión, perda de obxectos persoais por
roubo ou outras circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera
inscrición que non acepte os termos e condicións do evento
que queden expostos no presente regulamento. No caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no
mesmo, se estará ao que dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentiment
• Avituallamento líquido e sólido na meta
• Seguro de responsabilidad civil e de accidentes
• Obsequio
• Gardarroupa
• Aparcadoiro
• Duchas
• Dorsal
• Cronometraxe con chip
• Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de
eventos
• Servizo dirixido de fisioterapia preventivo
• Servizo dirixido de quencemento
• Zona de xogos tradicionais para poder deixar os cativos e
cativas mentres se participa na carreira
OUTROS SERVIZOS
- Zoa de xogos tradicionais, tanto para os nenos e nenas
dos pais e nais participantes na carreira como para todo aquel
que queira participar nesta actividade aínda que non participe
na carreira.
- Grupo de musical de animación.
CIRCUÍTOS.
Sinalización.
Todos os circuitos estarán balizados con cinta e na carreira de 5 Km
tamén estarán marcados os puntos kilométricos (cada kilómetro).
Toda a sinalización será retirada pola organización o mesmo día da
proba.
Haberá duas saídas, saída da carreira absoluta e saída do resto de
categorías, ambas saídas estarán sinalizadas cunha pancarta. A
meta será común para tódalas categorías, estará sinalizada cun
arco de meta.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 17
Circuitos.
Haberá 5 circuítos debidamente sinalizados:
Circuito Categoría Percorrido
Circuíto 1 Biberóns
Circuíto 2 Pitufos
Circuíto 3 Benxamín/a
Circuíto 4 Alevín e Infantil
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 18
Circuíto 5
(5 Kms) Infantil A ata Veteráns
* Ver descrición de cada circuito
Vehiculos
Nas diferentes carreiras o tráfico rodado estará pechado. Non
está permitido o acompañamento en ningunha das probas de
ningún vehículo alleo á organización. Nin tampouco con
bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que
poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós
participantes.
Acceso os circuitos
Só se poderá acceder os circuitos andando, tanto o público
como os participantes.
SAIDA E META.
Saídas:
• Todas as carreiras das categorías inferiores a saída é dende
o camiño principal do arboreto.
• Na carreira de 5 kms a saída neutralizada é dende a estrada
principal (estrada 295).
Meta:
• Común para todos os circuítos.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 19
DESCRICIÓN DOS CIRCUÍTOS.
•Circuíto 1.
Categoría: Biberóns
Ás 13:00 horas darase a saída da carreira da categoría de biberóns.
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto,
transcorridos 70 metros en linea recta se realiza a entrada en
meta.
Poderán darse varias saídas en función do número de participantes.
Todos os corredores e corredoras correrán co dorsal Nº 1.
- Nº de voltas: 1
- Distancia: 70 metros
- O tempo estimado da proba é de 8 minutos.
- Mapa do circuíto:
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 20
Circuíto 1. Biberóns
•Circuíto 2.
Categoría: Pitufos
Ás 12:50 horas darase a saída da carreira da categoría de pitufos.
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
Os participantes despois de pasar o carón da meta dirixiranse cara
o paseo fluvial, antes de chegar o paseo se realiza un xiro á dereira
para coller outro camiño do arboreto, o final deste camiño novo
xiro á dereita para coller o camiño principal do arboreto e realizar a
entrada en meta.
Tódolos participantes terán que dar unha volta completa ao circuíto
Todos os corredores/corredoras correrán co dorsal Nº 1.
- Nº de voltas:1
- O tempo estimado da proba é de 12 minutos.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 21
- Distancia: 220 metros.
- Mapa do circuíto:
Circuíto 2. Pitufos
•Circuíto 3.
Categoría: Benxamín/a
Ás 12:40 horas darase a saída da carreira da categoría de
benxamín/a.
A saída desta categoría será dende o camiño principal do arboreto.
Este circuíto será o mesmo que o da categoría de pitufos coa
diferenza de que os participantes terán que dar 2 voltas o circuíto
antes de realizar a entrada en meta.
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 22
- Nº de voltas: 2
- O tempo estimado da proba é de 14 minutos
- Distancia: 400 metros
- Mapa do circuíto:
Circuíto 3. Benxamín/a
• Circuito 4
Categorías: Infantil (ano 2005) e Alevín
Ás 11:10 horas darase a saída da carreira da categoría Infantil e
alevín.
A saída destas categorías será dende o camiño principal do
arboreto. Unha vez pasado o carón da meta irase cara o paseo
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 23
fluvial onde haberá que realizar un xiro pechado á dereita para
incorporarse o paseo fluvial, percorridos uns 300 metros polo
paseo novo xiro de 90º á dereita para deixar o paseo e coller un
dos camiños do arboreto, o final deste camiño novo xiro de 90º á
dereita para coller de novo o camiño inicial do arboreto e realizar
unha segunda volta a este circuíto. O rematar a segunda volta se
irá a realizar a entrada en meta.
- Nº de voltas: 2
- O tempo estimado da proba é de 15’ minutos
- Distancia: 1.000 metros
- Mapa do circuíto:
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 24
Circuíto 4. Infantil e Alevín
- Altimetria:
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 25
•Circuito 5 (Carreira Absoluta 5 kms)
Categorías: Infantil A (2005) ata Veteráns D.

Ás 11:30 horas darase a saída da carreira de 5kms. A saída
neutralizada será dende a estrada 295, transcorridos 80 metros
realízase un xiro cara a esquerda para coller o paseo fluvial do río
Xubia ata preto do aparcadoiro do mesón A Granxa onde estará a
pancarta da saída oficial cronometrada, pasados 100 metros
realízase un xiro de 90º á dereita para coller a estrada de 290, logo
de 200 metros por esta estrada realizamos un novo xiro á esquerda
para coller a estrada 291 dirección á fábrica de Intasa, ao chegar á
entrada da fábrica de Intasa realizamos un novo xiro de 90º á
esquerda pola pista asfaltada ata chegar á intersección coa
carreteira de Ferreira (CP 7601) onde volvemos a realizar un novo
xiro de 90º á esquerda, para transcorrridos 350 metros por esta
estrada volver a xirar á esquerda para dar unha segunda volta a
esta parte do percorrido (puntos A, B, C, D).
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 26
O rematar a segunda volta (punto A) seguiremos rectos cara o
aparcadoiro do mesón A Granxa onde volveremos a coller o paseo
fluvial ate o final deste onde viraremos á dereita para coller a
estrada 295, os 125 metros realizamos un novo xiro de 90º á
dereita para incorporarnos o camiño principal do arboreto e xa
dirixirse a realizar a entrada en meta.
- Nº de voltas: 1. Excepto unha parte do circuíto onde haberá que
dar 2 voltas (puntos A, B, C, D).
- O tempo máximo estimado da proba é de 50 minutos
- Distancia total: 5.000 metros + 400m neutralizados
- Distancia cronometrada: 5.000 metros
- Desnivel positivo: 67 metros
- Haberá caixóns de saída por tempos previstos
- Track: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=23343660
- Mapa do circuíto:
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 27
Circuíto 5
– Altimetria:
5ª Carreira Popular Concello de San Sadurniño 28
¿CÓMO CHEGAR O LUGAR DA CARREIRA?.
- Dende Ferrol.
https://goo.gl/maps/tC2vNUrzMpp
- Dende As Pontes
https://goo.gl/maps/Hrv2xJ225MF2
- Dende Cedeira
https://goo.gl/maps/xzX5jchqPS62
- Dende A Coruña
https://goo.gl/maps/zvKmfnKMvF22