Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

13/05/2018 10:30 - 13:00
Regulamento CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2018
13 DE MAIO DE 2018
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2018 está organizada pola
Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o domingo día 13 de maio de 2018.
REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:40 h para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados)
b. Ás 12:00 h para a carreira Infanil-Cadete (1.900 m)
c. Ás 12:20 h para a carreira Benxamín-Alevín (930 m)
d. Ás 12:35 h para a carreira Prebenxamín (350 m)
e. Ás 12:45 h para a carreira Pitufos (150 m)
2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo,
Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
6. O control de chegada pechará 50 minutos despois de que entre o primeiro
clasificado.
7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores
da Federación Galega de Atletismo.
8. A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
10.Según as normas de competición da FGA, autorízase a participación de atletas
federados extranxeiros con licencia pola Federación Galega de Atletismo. No
caso de que non teñan licencia FGA, só se autoriza a súa participación si se trata
de:
a. Atletas portugueses, sempre e cando non foran internacionais co seu país
nos derradeiros 5 anos na mesma distancia.
b. Atletas residentes en Galicia que deberán xustificar con un permiso de
residencia ou traballo.
En ambos casos o atleta debe ter permiso da federación nacional do seu país
dacordo á normativa IAFF e mostralo se fose requerido.
11.Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
12.As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
13.Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente
regulamento.
INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 26 de marzo.
As inscricións para as carreiras INFANTIL-CADETE, BENXAMÍN-ALEVÍN,
PREBENXAMÍN E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, O, P, Q), serán gratuitas e
faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 h do día 10 de maio.
✓ Na web: www.championchipnorte.com (enchendo o formulario de inscrición)
✓ Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.
As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías E, F, G, H, I, J, K, L,
M, N) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 h do día 10
de maio.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 5,00 € en concepto
de cuota de inscrición.
Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 1,00 €, en concepto
de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.
Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as
instruccións para formalizar a inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.
Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a
cuota de inscrición e o alquiler do chip.
IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes
dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de
teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os
atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de
prazo, nin o día da proba.
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia e si se posúe
licencia federativa de atletismo.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 10 DE MAIO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO
PERIODO DE INSCRICIÓNS.
O corredor que non entregue o seu chip, non entrará na clasificación e non recibirá
ningún premio nin trofeo.
Por cada chip extraviado abonaranse 10,00 € á organización.
CATEGORÍAS:
So se poderá participar na categoría que se corresponda co ano de nacemento.
PREMIOS:
CATEGORÍAS PREMIOS
PREBENXAMÍN 11
PREBENXAMÍN 12
SUB 10
SUB 12
SUB 14
SUB 16
TROFEOS PARA OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS E MEDALLAS PARA O 4º E 5º DE CADA
CATEGORÍA.
CARREIRA
ABSOLUTA
1º CLAS. MASC: TROFEO
2º CLAS. MASC: TROFEO
3º CLAS. MASC: TROFEO
1º CLAS. FEM: TROFEO
2º CLAS. FEM: TROFEO
3º CLAS. FEM: TROFEO
SUB 18
SUB 20
SUB 23
SÉNIOR
VETERANOS +35
VETERANOS +40
VETERANOS +45
VETERANOS +50
VETERANOS +55
VETERANOS +60
TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA.
(OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS EXCEPTO OS DOS ATLETAS LOCAIS)
ATLETAS LOCAIS
(Empadroados no
Concello de Xinzo)
1º LOCAL MASC: TROFEO
2º LOCAL MASC: TROFEO
3º LOCAL MASC: TROFEO
1º LOCAL FEM: TROFEO
2º LOCAL FEM: TROFEO
3º LOCAL FEM: TROFEO
PITUFOS MEDALLAS PARA OS 30 PRIMEIROS PARTICIPANTES QUE CHEGUEN Á META
MAIOR IDADE TROFEO
MÁIS NOVO TROFEO
CATEGORÍA HOMES MULLERES HORA DA
SAÍDA DIST.
A SUB 10 (Benxamín) NADOS NO 2009-2010 NADAS NO 2009-20010 12:20 H
930 m.
B SUB 12 (Alevín) NADOS NO 2007-2008 NADOS NO 2007-2008 (1 voltas Cir-1)
C SUB 14 (Infantil) NADOS NO 2005-2006 NADAS NO 2005-2006
12:00 H
1,9 Km.
D SUB 16 (Cadete) NADOS NO 2003-2004 NADAS NO 2003-2004 (2 voltas Cir-1)
E SUB 18 NADOS NO 2001 E 2002 NADOS NO 2001 E 2002
10:40 H
10 Km
Homologados
(2 voltas Cir-2)
F SUB 20 NADOS NO 1999 E 2000 NADOS NO 1999 E 2000
G SUB 23 NADOS NO 1996, 1997 E 1998 NADOS NO 1996, 1997 E 1998
H SÉNIOR DENDE 1995 ATA VETERÁNS DENDE 1995 ATA VETERÁNS
I VETERÁNS +35 MAIORES DE 35 ANOS MAIORES DE 35 ANOS
J VETERÁNS +40 MAIORES DE 40 ANOS MAIORES DE 40 ANOS
K VETERÁNS +45 MAIORES DE 45 ANOS MAIORES DE 45 ANOS
L VETERÁNS +50 MAIORES DE 50 ANOS MAIORES DE 50 ANOS
M VETERÁNS +55 MAIORES DE 55 ANOS MAIORES DE 55 ANOS
M VETERÁNS +60 MAIORES DE 60 AÑOS MAIORES DE 60 ANOS
O PREBENXAMÍN 11 NADOS NO 2011 NADAS NO 2011
12:35 H 350 m P PREBENXAMÍN 12 NADOS NO 2012 NADAS NO 2012
Q PITUFOS NADOS NO 2013-2014-2015 E 2016 12:45 H 150 m
CADRO DE GAÑADORES DAS ÚLTIMAS EDICIÓNS
DATA HOMES MULLERES
26/12/2004 DAVID RODRÍGUEZ GARCÍA INGRID RODRÍGUEZ BARGE
08/01/2006 DAVID RODRÍGUEZ GARCÍA IRIA FERNÁNDEZ FONTELA
07/01/2007 ELIAS SALVADOR DOMÍNGUEZ CABRAL MANUELA MACHADO
13/01/2008 IVÁN DOCAMPO GONZÁLEZ (0:33:08) MARÍA SOLEDAD CASTRO SOLIÑO (0:38:53)
11/01/2009 DAVID RODRÍGUEZ GARCÍA (0:32:22) MARÍA SOLEDAD CASTRO SOLIÑO (0:37:03)
10/01/2010 HASSAN LEKHILI (0:31:46) MARÍA SOLEDAD CASTRO SOLIÑO (0:38:06)
20/03/2011 DANIEL BARGIELA ARAUJO (0:33:08) INGRID RODRÍGUEZ BARGE (0:39:59)
18/03/2012 JORGE CRESPO ARIAS (0:33:11) SONIA TEIJEIRO FERRO (0:41:37)
10/03/2013 JOSE M. FERNÁNDEZ MÁRQUEZ (0:33:32) SONIA TEIJEIRO FERRO (0:39:36)
30/03/2014 AKKA ESSAADAOUI (0:31:54) ROCÍO RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (0:39:04)
01/03/2015 DANIEL BARGIELA ARAUJO (0:31:17) SONIA TEIJEIRO FERRO (0:40:28)
03/04/2016 RUBÉN DIZ DÍAZ (0:32:04) SONIA TEIJEIRO FERRO (0:39:53)
14/05/2017 LUIS MIGUEL PINTO SARAIBA (0:32:15) IRIA FERNÁNDEZ FONTENLA (0:38:24)