Calendario
Info da proba

Vilagarcía

22/04/2018 10:00 - 12:30
Regulamento IV CARREIRA SOLIDARIA LADESOL
“CORRO POR TU SUEÑO”
Art.1) A Fundación LADESOL organiza a III Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 22
de Abril do 2018 na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación
Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra. Haberá dúas modalidades
distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.
Art. 2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Art. 3) CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
*As distancias son orientativas e non homologadas.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
CARREIRA
Pitufos 2014-2013 100 m
Prebenxamín 2012-2011 150 m
Sub 10 2010-2009 600 m
Sub 12 2008-2007 875 m
Sub 14 2004-2005 1.730 m
Sub 16 2004-2003 1.730 m
Sub 18 2002-2001 1.730 m
Sub 20 - 23 2000-1996 10000 m
Senior 1995 e anteriores 10000 m
Máster A De 35 ata 49 anos 10000 m
Máster B
Dende os 50 anos 10000 m
ANDAINA
Non hai categorías 4.500 m
Art. 4) HORARIOS
A orde das carreiras e andaina é o seguinte:
- 10.00: Saída da categoría Sub 10 masculino e feminino.
- 10:05: Saída da categoría Sub 12 masculino e feminino
10.15: Saída da categoría Sub 14 masculino e feminino.
- 10.25: Saída das categorías Sub 16 e Sub 18 masculino e feminino.
- 10.40: Saída da Andaina
- 10.50: Saída das categorías absolutas masculino e feminino.
- 12.10: Saída da categoría prebenxamín.
- 12.15: Saída da categoría pitufos.
Art. 5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
- A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos mini-cines (Ruta de
Sendeirismo do Concello)
- A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.
Art. 6) INSCRICIÓNS:
A inscrición realizarase na páxina da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com
ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía en horario de 11.30 a 12.30 de luns a sábados e de
16.00 a 17.00 de luns a xoves.
A data límite para inscribirse on-line se
Art. Molón PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguintes:
- Premio á máis veterana que participe. (Pedirase acreditación correspondente antes da
entregada de premios).
- Premio ó máis veterano que participe. (Pedirase acreditación correspondente antes da
entregada de premios).
Os premios para a CARREIRA serán os seguintes:
- Categorías Pitufos, Prebenxamín, Sub 10 medallas para todos os participantes.
- Categorías Sub 12, Sub 14, Sub 16 e Sub 18: Medalla para os tres primeiros clasificados
masculinos e femininos.
- Categorías absolutas: Trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
Art. 9) Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
Art. 10) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización.
Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos,
nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art. 11) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da
Competición non más tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 12) SERVIZOS (persoal sanitario, ambulancia, duchas, avituallamento,...)
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os
participantes.
Os fisioterapeutas presentes na proba, son para o uso exclusivo dos participantes da cagaría
absoluta.
Art. 13) O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente regulamento.
Dando vostede autorización ós organizadores e colaboradores (Colexio San Francisco de Vilagarcía
de Arousa) a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou
calquera outro medio de difusión*.
Art. 14) Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento de
FGA, RFEA E IAAF en vigor.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse,
á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e
polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.