Calendario
Info da proba

San Mamede (Maceda)

20/05/2018 9:00
Regulamento LUGAR
Celebraráse o domingo 20 de maio de 2018, a saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro ,dentro do Concello de Maceda (Ourense).
HORARIO
9:00 h para a modalidade CARREIRA
9:15 h para a modalidade ANDAINA
INSCRICIÓNS
Non poden participar menores de 16 anos na modalidade de carreira e menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o evento (20 de maio de 2018).
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 6 de abril de 2018 ata as 23:59 do día 17 de maio de 2018. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:

1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:https://championchipnorte.com/
2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:
Concello de Maceda
Direccion: rua toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001
Tenda RunManiak
Avda de Buenos Aires nº 17, 32004 Ourense
Tf: 988613503

No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será devolto o 50% do valor da inscrición.
PREZO
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será o seguinte:
6 ao 30 abril 2018 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
13 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
17 € para ós participantes NON FEDERADOS
1 € por aluguer de chip para os que non son propietarios de chip amarelo.
1 ao 17 maio 2018 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
10 € para a modalidade ANDAINA
16 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
20 € para ós participantes NON FEDERADOS.
1 € por aluguer de chip para os que non son propietarios de chip amarelo.