Calendario
Info da proba

Padrón

14/04/2018 9:00 - 15:00
Regulamento REGULAMENTO
A 11ª Andaina Bisbarra do Sar, organizada polo COLECTIVO REMONTE, celébrase o sábado, día 14 de abril de 2018. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL


Andaina Bisbarra do Sar é unha proba de sendeirismo de 50 Km, organizada pola Asociación Colectivo Remonte e as Concellerías de deportes dos concellos de Padrón e Rois, e na que colabora a Federación Galega de Montañismo.
A organización: Poderá facer as modificacións que sexan necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba.
A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio. Tamén poderá descalificar a os participantes que na proba de “Camiñando” corran, troten ou no respecten os tempos de retención establecidos.
A organización: Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS, polo que non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
Os participantes: Teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, que lle cubra calquer accidente que poida sufrir durante a proba.
Os participantes: Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
Os participantes: Saiben que os tramos do percorrido que vaían por estradas o rúas de poblacións non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo gardar as normas xerales de Tráfico ou as indicacions da Organización. Obrigatorio cruzar as estradas polos pasos de peons ou sitios balizados.
Os participantes: menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
Os participantes: Só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal; e antes da saída da proba terán que firmar obrigatoriamente na folla de control.
Os participantes: Aceptan que o importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos. Os que se inscriban como federados en Montañismo saben que non se lle suscribirá seguro de accidentes para a proba, por estar cubertos co seguro federativo.
O feito de facer a inscrición conleva que: tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.
A PROBA
11ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 14 de Abril de 2018
CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32 + 18), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.
COMO FACER A PROBA
A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

CAMIÑANDO:

Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:40 e 11:40 horas
Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2018 ”.
(Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 6 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2018)
Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.
CORRENDO :

Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.
Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 4:00 horas no km: 32. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
Terán a obrigación de levar mochila, para poder recoller provisións nos puntos de avituallamento que atopen abertos (Km: 12,5 e 32,0).
@s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado.( non valerá para a Copa Galega de Andainas)
Nº DE PLAZAS

No modo “CARREIRA” haberá un tope de 100 prazas, sendo as 400 restantes para os inscritos en “CAMIÑANDO”.
A organización, no caso de non completarse o número de prazas nalgunha das modalidades, podería redistribuír as prazas libres ata completar a cifra máxima de 500 inscritos.
PARTICIPANTES

Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON)
A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
Aqueles que só poidan o queiran facer o 2 anel: deberán recoller os dorsais entre as 13:30 e as 14.00. A saída será as 14:15.
En resumo: As opcións para facer a proba son as seguintes:
– OPCIÓN- 1: 50 KM anel 1+ 2 Saída: 09:00
– OPCIÓN- 2: 32 Km anel 1 Saída: 09:00
– OPCIÓN- 3: 18 Km anel 2 Saída: 14:15
Aconsellase levar unha mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, … e calzado que suxeite ben o pe.
Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.
O dorsal deberá levarse posto en lugar visíbel, e para poder participar no sorteo de agasallos haberá que entregalo ao remate do percorrido.
Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.
Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.
ORGANIZACIÓN

Para o bo control da marcha establecerase un máximo de 500 participantes. A saída será ás 9:00 da maña.
Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo,
Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de control-avituallamento. (grupos de 8 en cada viaxe).