Calendario
Info da proba

Ons

28/05/2017 9:30 - 14:30
Regulamento DATOS TÉCNICOS

Día: 28 de Maio de 2017
Hora: 09:30 h.
Saída e chegada: Porto Deportivo de Ribeira
Información: Arousa Natureza e Ocio
Inscricións: www.arousa.com e www.andainas.com
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto@arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Distancia: 9 km.
Dificultade: Baixa
Custe inscrición:
persoas de 13 anos(incluidos) a diante: 15 €
nenos de 3 a 12 anos incluidos: 10 €
nenos menores de 3 anos gratis. A organización poderá comprobar a idade do menor esixindo a presentación dun documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
Data límite inscrición: Ata as 12 da noite do 25 de Maio ou ata agotar as prazas.
Límite de prazas: 200

INFORMACIÓN

Voltamos a viaxar ata a Illa de Ons a pasar unha xornada de contacto ca natureza nun entorno único en Galicia como é o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nun roteiro que che levará pola illa ata os enclaves máis destacados, coñecendo os cantís da ensenada de Caniveliñas, o Miradoiro de Fedorentos e o Burato do Inferno; e como non podía faltar: o faro de Ons.

Nunha xornada completa na que pola tarde podrás descubrir a súa gastronomía nos restaurantes da única das illas habitadas do Parque Nacional (non deixes de probar o Polvo de Ons, pescado e cociñado alí mesmo), e relaxarte nas súas praias que nada teñen que envididar a outras das illas do Parque.

E si o prefieres, sempre quedan roteiros por descubrir, perfectamente balizados e indicados para que disfrutes do paseo ata Punta Centolo.

O catamarán que nos trasladará ata a Illa de Ons sairá de Ribeira ás 09:30 h. desembarcándonos alí ás 10:30 h. e iniciando o roteiro uns minutos despois. O mesmo catamarán traeranos de regreso ás 20:30 h. (aprox.) no Porto de Ribeira.
RECOMENDACIÓNS
Recoméndase atender ao seguinte:

- Os menores de 14 anos deben ir acompañados dun titor ou adulto.
- A organización resérvase o dereito a pedir que os nenos acrediten a súa data de nacemento con documento oficial (DNI, libro de familia ou similar)
- Débense seguir as recomendacións das persoas que guiarán o grupo en todo momento. De facer caso omiso das recomendacións a organización resérvase o dereito de invitalos a abandonar a actividade.
- Levar roupa adaptada á actividade e a climatoloxía reinante no día.
- Levar algo de auga ou comida segundo as necesidades persoais.
- Non se permiten animais de compañía.
- Non se pode deixar restos de lixo ou comida na illa.
- Puntualidade na hora de saída do barco, o que non esté no punto de encontro acordado previamente enténdese que desiste de facer o viaxe de ida/volta segundo corresponda. E será responsabilidade súa facer o viaxe de retorno no caso de quedar na illa.
- A organización NON dispón de seguro de accidentes que cubra a actividade.
- A organización NON se responsabiliza de danos no material, perda ou extravío do mesmo.
- Debe facerse unha reserva previa de plaza pois estas están limitadas.
- O pago da inscrición facerase na conta bancaria ES39 0133 4373 5542 0000 4170 nos vindeiros 4 días do envío da solicitude. Tamén pode facerse en efectivo en Arosua NeO (Rua Lustres Rivas, 3 - Ribeira) ou en Revolutrion (Avd. da Coruña, 21 - Ribeira).
- NON se devolverá o importe da praza a quen non faga uso dela.
- O custe da inscrición non inclue a comida. Na illa hai lugares nos que se sirven comidas, pero recoméndase levar algunha vianda.
- O embarque será ás 19:15 h. A saida de Ons será ás 19:30 h. A chegada a Ribeira será ás 20:30 h.
- A organización resérvase o dereito a modificar o horario ou a data de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.