Calendario
Info da proba

Santiago

11/05/2017 19:30
Regulamento III CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA
CAMPUS NA NUBE – RUN4MED
O Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus na Nube, s.l., da
Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de alumnos Run4Med, en
colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación USC
Deportiva e a Federación Galega de Atletismo, organizan o xoves 11 de Mayo de
2017, na zona do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela a III
Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube-RunForMed), coa finalidade de
recadar fondos que axuden este año es en favor de la Asociación Galega de
afectados e familiares de Acondroplasia de Galicia AFAeFA. As probas estarán
suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
Nesta esta carreira poderán participar tanto atletas federados como NON
federados das categorías de cadete e superiores (2000 e anteriores).
LUGAR DE SAIDA, HORA E DISTANCIA DAS PROBAS
Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Avenida Antonio R. Ibáñez, a
carón das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no
Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se habilitará
un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes.
A carreira dará 2 voltas a un circuito para sumar un total de 5500 m (distancia
aproximada). A primeira volta serán 2400 m aprox. E a segunda 3100 aprox.
CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Estableceranse as seguintes categorías:
 CADETE Nados/as no 2002 e 2003
 XUVENIL Nados/as no 2000 e 2001
 JUNIOR Nados/as no 1998 e 1999
 PROMESA Nados/as no 1995, 1996 e 1997
 SENIOR Nados/as entre 1983 e 1994
2
 VETERANOS/AS A Nados/as entre 1973 e 1982
 VETERANOS/AS B Nados/as entre 1963 e 1972
 VETERANOS/AS C Nados/as en 1962 e anteriores
INSCRICIONS
As inscricións en todas as categorías faranse:
On-line, na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com . Tamén poderán acceder á mesma a través das webs
www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org . O prazo de inscrición
permanecerá aberto ata o luns 8 de mayo ás 23:59 horas. Deberán rellenar o
formulario de datos presente nestas webs.
Presencial, en todos os locais de Campus na Nube ubicados nas Facultades de
Farmacia, Dereito, Psicoloxía, Medicina, Filoloxía, e Económicas con prazo límite o
luns 8 de mayo as 20:30 horas.
Dado o carácter solidario da proba en beneficio das asociacións mencionadas, as
inscripcións terán un donativo de 5 euros + 3 euros de gastos de organización. O
citado donativo irá dirixido íntegramente a AFAeFA e será entregado públicamente ao
remate da proba na zona de entrega de premios ubicada no Estadio de atletismo da
USC.
Aquelas persoas que non poidan participar na proba e desexen colaborar
altruistamente con esta causa, poderán facer as súas donacións no dorsal cero da
inscripción on-line.
RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 10 no local de Campus na
Nube na Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia
en horario de 8:30 a 20:30 horas., e ate unha hora antes da saída da proba (11 de
mayo as 19:30 hs.). Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para
evitar colas de última hora.
Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de
Campus na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas
pertenencias e nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de
Santiago de Compostela.
DESCALIFICACIONS: toda persoa que incumpra as normas da competición
ou as impostas nos regulamentos das probas en ruta pola FGA e RFEA será
descalificada a criterio do xuíz/a árbitro/a da competición.
3
CONTROL DAS PROBAS
O cronometraxe e control técnico das probas correrá a cargo do Comité Galego
de Xuices da Federación Galega de Atletismo que colabora altruistamente con esta
causa.
PREMIOS
Ao finalizar as probas farase a entrega dos premios e agasallos das empresas
e entidades colaboradoras.
PREMIOS e AGASALLOS
TROFEO os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente
regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba
absoluta.
TODO O NON PREVISTO NO PRESENTE REGULAMENTO RESOLVERASE
SEGUNDO OS REGLAMENTOS DA FGA E RFEA VIXENTE PARA PROBAS EN
RUTA.