Calendario
Info da proba

Vilamartín de Valdeorras

14/05/2017 9:30 - 13:30
Regulamento Nome da proba: Andaina e paseo solidario aprol da BIOPSIA LIQUIDA.
Organiza: Concello de Vilamartín de Valdeorras.
Modalidade: andaina-caminata. Que terán lugar as 09:30h.
Data: 14 de Maio de 2017.
Distancia do percorrido:
 17.2 kmtrs con 540mtrs de desnivel.
 3.42 kmtrs paseo-camiñata máis asequible para tódoslos perfis de participantes e sin
desnivel.
Información: o evento consiste nunha camiñata ou paseo NON COMPETITIVA, organizada
polo Concello de Vilamartín de Valdeorras, coa finalidade de colaborar coa seguinte causa:
http://www.oncomet.es/ .
Colaboradores: Asesoría Fimar Consultores,S.L.L; Tenda de deportes TRI-SPORT; Xanzá
ecoturismo; Gaseosas Roca S.L; Ambulancias Sil; D.O Valdeorras.
*(contactar coa Concellería de deportes do Concello de Vilamartín de Valdeorras si vostede
está interesad@ a título persoal, como empresa, organismo ou asociación en colaborar co
evento e a donación económica para apoiar a causa a través da seguinte dirección de e-mail:
evarias46@hotmail.com
Modo de inscripción: ou ben a través de esta plataforma vía online, ou a través dos seguintes
puntos físicos: O Barco de Valdeorras e a Rúa: tenda de deportes TRI-SPORT.
Precio da inscripción (100% destinada a Oncomet- Biopsia Líquida): 8 euros para adultos
(desde os 14 anos incluidos adiante) e 3 euros para os cativos.
 Podes realizar unha aportación utilizando a pasarela de pago, mediante un donativo na propia
inscrición ou ben utilizando a plataforma do dorsal 0.
 Non existe idade mínima de participación. A data límite de inscrición será o luns 8 de
maio.
REGULAMENTO
1º.-Todos os participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible durante o desenvolvemento da proba.
2º.-Todos os participantes participan baixo a súa propia responsabilidade e polo mero feito de
saír acepta o presente regulamento.
3º.- Recoméndase aos participantes levar teléfono móbil así como a roupa adecuada en función
das previsións meteorolóxicas.
4º.- Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, a normativa de competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da proba ou desde o mesmo. Non
se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á organización, estando estes
últimos debidamente identificados.
5º.- A organización dispoñerá de SERVIZOS MÉDICOS E AMBULANCIA desde unha hora antes do
comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos, están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico
durante o desenvolvemento da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a
cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que
descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
6º.- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
7º.- Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o reglamentado por instancias superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día de ranking popular
e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
LEMBRAR, QUE AS INSCRICIÓNS PODERANSE FACER SÓ A TA O LUNS 8 DE MAIO, DESPOIS
QUEDARÁN CERRADAS!