Calendario
Info da proba

Riveira

17/05/2017 17:00 - 19:30
Regulamento XIV Carreira Popular Virxe da Guía.
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial
Data: Mércores, 17 de Maio do 2017.
Hora: A partires das 17:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancias: de 80 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e
Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 300 adultos/300 escolares.
Web oficial: www.virxedaguia.org
A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a décimo
cuarta edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o mércores, 17 de Maio (Festividade das Letras
Galegas) na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA - ANOS DE NACEMENTO
PITUFO - Atletas nados no 2013 e posteriores
PREBENXAMÍN - Atletas nados nos anos 2010, 2011 e 2012
BENXAMIN - Atletas nados no 2008 e 2009
ALEVIN - Atletas nados no 2006 e 2007
INFANTIL - Atletas nados no 2004 e 2005
CADETE - Atletas nados no 2002 e 2003
XUVENIL - Atletas nados no 2000 e 2001
JUNIOR - Atletas nados no 1997, 1998 e 1999
SENIOR - Atletas nados entre 1996 e 1983
VETERANS A - Atletas nados entre 1972 e 1982
VETERANS B - Atletas nados entre 1962 e 1971
VETERANS C - Atletas nados entre 1952 e 1961
VETERANS D – Atletas nados en 1951 ou anteriores.
VETERANAS A - Atletas nadas entre 1972 e 1982
VETERANAS B - Atletas nadas entre 1962 e 1971
VETERANAS C – Atletas nadas no 1961 ou anteriores.
2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
17:00 - BENXAMINS - 600 m.
17:10 - ALEVINS - 1.200 m.
17:25 - INFANTILES - 1.200 m.
17:40 - CADETES - 1.800 m.
18:00 - ABSOLUTA (DE XUVENIL A VETERANS) – 10.000 m.
19:15 - PREBENXAMINS - 120 m.
19:25 - PITUFOS - 80 m.
19:30 - ENTREGA DE TROFEOS
3. INSCRICIONS : A partires do sábado, 01/Abril/2017 e hasta o luns, 15/Maio/2017, ás 14.00 horas.
› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete)
Poderán realizalas a través da web www.virxedaguia.org , recheando no cuestionario os datos
solicitados. Tamén se poderá formalizar a inscrición presencialmente no Supermercado Gloria (Carreira).
O tope de inscritos será de 300 atletas escolares.
A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de
alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán
entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.
› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web: www.virxedaguia.org. O prezo da inscrición será de 5 €.
Farase constar na inscrición a forma de pago elixida:
1.- Pasarela de pago de Galitiming.
2.- Pago en efectivo no Supermercado Gloria (Carreira).
3.- Pago en efectivo na tenda Revolutrion (Ribeira).
4.- Pago en efectivo o mesmo día da proba ó recoller o dorsal.
(@s corredor@s que xa teñan formalizado o pago por algunha das modalidades 1-2-3. terán un pasillo
“rápido” para recoller os dorsais).
O tope de inscritos será de 300 atletas adultos.
Agradecerase a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as
de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes
no evento.
Admitiranse inscricións ata o luns, 15 de maio ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 300
escolares e 300 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA
DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Os dorsais recolleranse no lugar da saída que este ano estará situada no Campo da Festa (a 80 metros
da Capela da Guía), a partir das 16.00 horas e ata 15 minutos antes do comezo de cada unha das probas.
4. PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.
- Trofeo para os tres primeiros clasificados/as nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
- Medallas para tódolos participantes nas categorías de prebenxamíns e pitufos.
Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un
premiado non estivera presente, perderá o dereito a reclamalo con posterioridade.
Record da proba: O corredor ou corredora que bata o actual record da proba terá un premio de 100
euros.
Récord Masculino: 31.45 Akka Essadaoui (2015)
Récord Feminino: 35.21 Yolanda Gutierrez (2013)
5. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.
6. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de
dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas ata o remate da proba.
7. DUCHAS E APARCAMENTO:
Haberá servicio de duchas no Complexo Polideportivo da Fieiteira, a 1,5 km da liña de meta.
Destinaranse varias zonas de aparcamento gratuito a 50 metros da liña de saída.
8. HOMENAXE:
Este ano a corredora homenaxeada, é unha das atletas máis laureadas do atletismo galego: Virginia
Villar Soria. A velocista ribeirense, recentemente retirada da alta competición, mantén os récords
galegos absolutos de 100 metros vallas ó aire libre, e de 50 metros lisos en pista cuberta.