Calendario
Info da proba

Ons

14/05/2017 11:30 - 14:00
Regulamento 1) PRESENTACIÓN.

O Clube Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o Parque Nacional Marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, organizan o domingo 14 de Maio o IV Volta a Illa de Ons.
Ademais da carreira tamén se realizará unha andaina. As probas, tomarán a saída na zona do Igresario da Illa de Ons, con os seguintes horarios: as 11:45 para a andaina e ás 11:30 para a carreira.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.

2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN CARREIRA E ANDAINA.

• É unha carreira de por pistas de terra, cunha distancia de 20 qm, con saída e chegada na illa de Ons
• A andaina terá o mesmo percorrido que a carreira pero con só unha volta (10.5 qm aprox).
• O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con cinta e / ou pintura ecolóxica.
• Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
• A Organización poderá modificar o percorrido por causas axeas e/ou de forza maior.
• O tempo máximo do que disporán os atletas para cubrir o percorrido completo de 20 qms será de 2:30h.
• Existirán catro postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 4 líquido
2) Km 8 líquido
3) Km 11 líquido
4) Km 16 líquido-sólido
• A carreira estará cronometrada por un sistema de cronometraxe mediante chip (só no caso da carreira).
• Asistencia médica: Os servizos sanitarios estarán ubicados na zona de Saída/Meta
• Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista asume que para a realización da da proba é necesaria unha condición física, psíquica e deportiva.
• Existen duchas a 100 metros da meta.

Categorías Carreira. (andaina sen categorías)

CATEGORÍAS ANOS (cumpridos ó dia da proba)
ABSOLUTA 18 a 44
VETERÁN 45 en diante



3) NORMATIVA PARA A CARREIRA/ANDAINA.

• Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
• Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.
• Disporase de servizo de duchas.
• Estará totalmente prohibido correr durante a andaina, isto será motivo de descalificación.
• A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
• Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible (só no caso da carreira) ou desatenda as indicacións da organización.
• A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
• Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
• A organización declina toda responsabilidade en caso da perdida de obxetos de cada participante.
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro contratado.
• A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respecto o medio ambiente, a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
• Todos os participantes deben cumprir en todo caso as condicións xerais nas illas co fin de asegurar a conservación dos seus ecosistemas naturais, estas condicións pódense consultar na web http://www.iatlanticas.es/ no apartado de condicións.

4) INSCRICIÓNS.

• Carreira: As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun costo de 25€ por participante están limitadas a 350 participantes e inclúen o dorsal, billete ida e volta, camiseta conmemorativa, froita e bebidas.
• Andaina: As inscricións faranse na web www.prueba-t.es cun costo de 14€ por participante están limitadas a 75 participantes e inclúen, billete ida e volta e regalo conmemorativa.
• Para ás dúas probas a data límite de inscrición será o 11 de Maio.
• Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo
• Tamén se poderán mercar os billetes para os acompañantes na web www.prueba-t.es a un custo de 8€

5) HORARIOS DOS BARCOS
• O prezo do billete será de 8€ por persoa, este prezo reducido so será aplicable para os barcos que saian dende o peirao de Bueu a mañá do Domingo día 14 de Maio de 2017.
• Os horarios de saída dos barcos serán as 08:30H, 08:45H e as 09:00H (non se poden elixir, os barcos van saíndo segundo se vaian enchendo) e os horarios da volta serán as 17:00, 18:00 e as 19:00, disporanse os barcos necesarios en cada horario para poder levar e traer a todos os participantes. Estes horarios non podemos cambialos xa que son impostos polos organismos.

6) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS

• Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba no local de protección civil situado no peirao de Bueu, dende as 8:00h ata as 8:45h. E o día anterior no mesmo local de 17:00h a 20:00h.
o Localización local protección civil:
https://www.google.es/maps/place/42%C2%B019'42.0%22N+8%C2%B047'14.0%22W/@42.328334,-8.787215,211m/data=!3m2!1e3!4b1!4m2!3m1!1s0x0:0x0?hl=es

• Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
• A clasificación xeral oficial publicarase nas web do clube e na web da empresa de cronometraxe.

7) PERCORRIDO

Pódese revisar o percorrido no seguinte enlace:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9332634

Tracks en varios formatos:

https://drive.google.com/open?id=0B7F641BiTFeXfnFjZ1dTTnl6bjVWc3JGendXQm9PLWJycV9vbVlHZ2FMTy1tMlRDYTlHckU

Molón ENTREGA DE PREMIOS.

• Carreira nas categorías Absoluta e Veteráns: Trofeos para os tres primeiros clasificados tanto en categoría tanto masculina como feminina.
• Andaina: trofeo para os tres primeiros chegados a meta sen distinción de sexo.

9) SEGUROS:

• Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia de las leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/ dende o lugar no que se desenvolve a proba.

Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).A participación no IV VOLTA A ILLA DE ONS leva consigo a total aceptación do Regulamento presente