Calendario
Info da proba

Carballo

13/05/2017 19:45 - 21:45
Regulamento IIIª CARREIRA POPULAR POR PARELLAS
“DE DOUS EN DOUS”
13/05/2017 DE CARBALLO
O Club Atletismo Carballo, en colaboración co Concello de Carballo organiza a IIIª Carreira
Popular por parellas “DE DOUS EN DOUS” que se celebrará o vindeiro 13 de maio do 2017. Esta
proba, terá un carácter solidario á favor dos máis desfavorecidos e será nocturna. Proba oficial da
F.G.A.
CIRCUITO:
Terá unha distancia aproximada de 5.000 m. non homologada nun circuito urbano de 1.000 m. A
saída de tódalas probas estará na rúa Gran Vía á altura da rúa Álvarez de Sotomayor.
INSCRIPCIÓNS:
1º.- Faranse a través de http://www.carballo.gal/ e http://www.carreirasgalegas.com/
2º.- As inscripcións cerraranse o martes 9 de maio e haberá un tope de 600 corredores.
3º.- Serán gratuitas para todas as categorías, coa opción “non obrigatoria e solidaria” de entregar
un litro uo kilo de comida non perecedeira ou productos de hixiene infantil ó recoller o dorsal,
en beneficio de Cruz Roja e Cáritas.
4º.- A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do
Concello de Carballo a partir das 16:00 h. do día da carreira.
PARTICIPANTES CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
1º.- As persoas con diversidade funcional poderanse rexistrar nunha distancia inmediatamente
inferior da idade correspondente, se o xulgan oportuno.
2º.- Os participantes con diversidade funcional poderán ir acompañados ou utilizar os
instrumentos necesarios para o seu desprazamento durante todo o percorrido na forma que
decidan máis convinte.
REGULAMENTO:
1º.- Os corredores de tódalas categorías levarán ben visible o dorsal no peito, e na categoría de
adultos disporán de un chip por equipo.
2º.- Para os adultos, haberá unha alfombra contavoltas pola que terán que pasar para non ser
descalificados.
Nas categorías de adultos, infantís e cadetes terán que correr por parellas femininas, masculinas
ou mixtas atadas por unha cinta no pulso que se entregará xunto co dorsal, nas outras
categorías inferiores, poderán correr de forma individual.
Na categoría absoluta haberá unha clasificación para as parellas que sumen 100 anos ou máis
entre os dous integrantes do equipo.
3º.- Na proba absoluta, o percorrido quedará aberto ao tránsito de vehículos 30 min. despois de entrar
en meta o primeiro corredor.
4º.- Nas demais categorías inferiores pecharase o circuito ao paso do vehículo de Protección Civil e
incluirá unha revisión do percorrido por parte das autoridades, minutos antes do comenzo da seguinte
proba.
5º.- As reclamacións deberán ser presentadas aos xuices árbitros non máis tarde de 30 min. despois da
publicación dos resultados.
6º.- Todo o non disposto na presente normativa, rexerase polas normas de competición da F.G.A. e a
R.F.E.A da presente tempada.
7º.- Tódolos corredores que participen na proba, aceptarán o regulamento e serán responsables dos
danos que provoquen durante a mesma.
8º.- Tódolos corredores estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil, excluidos os casos
derivados de padecemento previo, imprudencia ou neglixencia. Quedarán excluidos os casos por
accidentes “in itínere”. Non se permitirá a entrada a ningún vehículo no percorrido alleo á organización.
9º.- A organización disporá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA durante tódalas probas. Poderán
asimesmo retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico.
10º.- Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estríctamente o presente regulamento e
calquera posible modificación. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin estará amparada polos seguros da proba.
HORARIOS, CATEGORÍAS E DISTANCIAS E TOPE DE INSCRITOS:
19:45 PITUFO 2010 e posteriores 150 m.
19:55 BENXAMÍN 2009-2008 800 m.
20:05 ALEVÍN 2007-2006 1000 m.
20:15 INFANTIL POR PARELLAS:
-Equipos masculinos
-Equipos femininos
-Equipos mixtos
2005-2004 2000 m.
20:30 CADETES POR PARELLAS:
-Equipos masculinos
-Equipos femininos
-Equipos mixtos
2003-2002 3000 m.
21:00 POR PARELLAS:
-Equipos masculinos
-Equipos femininos
-Equipos mixtos
-Equipos masculinos,femininos
ou mixtos que superen os 100
anos entre os dous.
2001 e anteriores 5000 m.
O tope de inscritos será de 600 corredores entre todas as categorías.
PREMIOS:
-Categoría Pitufo: terán medalla tódolos participantes.
-Categoría Benxamín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e
medallas para tódolos participantes.
-Categoría Alevín feminino e masculino: trofeos para os tres primeiros/as corredores/as e
medallas para tódolos participantes.
-Categoría Infantil: medallas para tódolos participantes.
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
-Categoría Cadete:
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
- Por parellas:
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos femininos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos mixtos.
- Trofeos para os tres primeiros equipos masculinos, femininos ou mixtos que superen os
100 anos entre os dous.