Calendario
Info da proba

Oroso

29/04/2017 17:30 - 20:00
Regulamento IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO
Sábado 29 de abril de 2017
Sigüeiro - Oroso
A partir das 17:30 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada
proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse nas
webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite:
mércores 26 de abril ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas
web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar
o formulario de inscrición (data límite: mércores 26 de abril ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada no Centro Cívico a carón
da SAIDA das probas e fronte a Casa do Concello o sábado 29 de abril de 10:30 a 14:00
horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo
en xornada de mañán). En xornada de tarde haberá prazo límite de 30 minutos antes de
cada proba correspondente.
5.- PREMIOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados da proba
junior–promesa, senior e veteranos masculino e feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos os participantes, non haberá
trofeos para esta categoría.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos
os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Junior-Promesa 1995-1996-1997-1998-1999 17:30 h 10.000 m
Senior 1994 ata veteranos 17:30 h 10.000 m
Veterano A masculino Nados entre 1982 e 1972 17:30 h 10.000 m
Veterano B masculino Nados entre 1971 e 1962 17:30 h 10.000 m
Veterano C masculino Nados no 1961 e anteriores 17:30 h 10.000 m
Veterana D feminino Nados entre 1982 e 1967 17:30 h 10.000 m
Veterana E feminino Nados no 1966 e anteriores 17:30 h 10.000 m
Pitufo Nados en 2012 e posteriores 18:30 h 300 m
Prebenxamín Nados en 2010-2011 18:40 h 300 m
Benxamín 2008-2009 18:50 h 1000 m
Alevín 2006-2007 19:00 h 2000 m
Infantil 2004-2005 19:15 h 2000 m
Cadete 2002-2003 19:30 h 3000 m
Xuvenil 2000-2001 19:45 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:30
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de
Glasgow 13 15008 A Coruña.