Calendario
Info da proba

Padrón

15/04/2017 10:45 - 13:15
Regulamento

XXXVIII CARREIRA POPULAR DE PASCUA
A Concellería de Deportes de Padrón organiza o sábado 15 de abril de 2017 a partir das 10:45 horas, a XXXVIII edición da súa Carreira de Pascua que se disputará na proba absoluta sobre unha distancia de 10,5 km. As probas levaranse a cabo na localidade de Padrón e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO
1. PARTICIPACIÓN

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha única clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
PITUFOS: atletas nados no 2013 e posteriores*
PREBENXAMÍN: atletas nados nos anos 2010, 2011 e 2012*
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2008 e 2009
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2006 e 2007
INFANTIL: atletas nados nos anos 2004 e 2005
CADETE: atletas nados nos anos 2002 e 2003
XUVENIL: atletas nados entre 2000 e 2001
JUNIOR/PROMESA atletas nados entre 1993 e 1999
SENIOR: atletas nados en 1992 e ata veteráns
VETERÁN A MASCULINO: atletas nados entre 1972 e 1982
VETERANA A FEMENINO: atletas nados entre 1972 e 1982
VETERÁN B MASCULINO: atletas nados entre 1962 e 1971
VETERANA B FEMENINO: atletas nadas en 1971 e anteriores
VETERÁN C MASCULINO: atletas nados en 1961 e anteriores
* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NA PRAZA DE MACÍAS na localidade de Padrón.

Os horarios das probas e distancias resúmense no seguinte cadro:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:45 h PITUFOS 100 m aprox.
11:00 h PREBENXAMÍN 450 m aprox.
11:07 h BENXAMÍN 700 m aprox.
11:15 h ALEVIN – INFANTIL 2000 m aprox.
11:30 h CADETE – XUVENIL 3500 m aprox.
12:00 h JUNIOR-PROMESA / SENIOR e VETERÁN 10,5 km aprox.
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS (PRAZA DE MACÍAS)
O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada kilómetro. A
organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

4. INSCRICIÓNS
ADULTOS: ata o mércores 12 de abril ás 23:59 horas na web www.emesports.es
PREZO: 6,00 € (de junior/promesa a veteranos)
PROBAS ESCOLARES: ata o mércores 12 de abril ás 23:59 horas na web

www.emesports.es
AS INSCRICIÓNS NAS PROBAS ESCOLARES SON GRATUITAS (de pitufo a xuvenil)
Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido, con datos incompletos ou sen
todos os datos obligatorios.

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba nunha carpa situada no PASEO DO ESPOLÓN a partir das 09.45 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba.

CONTROL CON CHIP:A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
Todos os corredores teñen a obriga de devolver o chip o finalizar a súa proba

DESCUALIFICACIÓNS:Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona anterior do corpo ou que incumpra as normas establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Ruiz Árbitro da Competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

6. TROFEOS E PREMIOS

 Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida por idade e sexo.
 Trofeo aos tres primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
 TROFEO ESPECIAL DE PASCUA aos 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
 Medallas a tódolos participantes nas probas escolares.
PREMIOS ESPECIAIS
 Trofeo ao 1º/1ª corredor/a local.
 Trofeo participacion, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que logren finalizar as probas.
 Trofeo Superveterán ao corredor de maior idade que logre finalizar a proba.
 Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que logre finalizar a proba.
 Trofeo Benxamín ( trofeo ao corredor/a de menor idade)
OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS (agás os dos corredores/as locais).

Entregarase un agasallo conmemorativo do evento a cada participante.

PREMIOS EN METÁLICO A CLUBES
Categoría masculina
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 150 €
3º Equipo Clasificado: 100 €

Categoría feminina
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 150 €
3º Equipo Clasificado: 100 €

A clasificación por clubes na categoría masculina será establecida a través dos 10
primeiros corredores en cruzar a líña de meta
, pola suma dos seus postos, dañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor
clasifique o seu 10º compoñente.
A clasificación por clubes na categoría feminina será establecida a través das 10
primeiras corredoras en cruzar a líña de meta
, pola suma dos seus postos, dañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor
clasifique a súa 10ª compoñente.
Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.


O PAGAMENTO DOS PREMIOS EN METÁLICO REALIZARASE POR TRANSFERENCIA
BANCARIA, PARA O CAL É OBRIGATORIO, UNHA VEZ QUE REMATEN AS PROBAS, QUE
OS CLUBES PREMIADOS CUBRAN UN DOCUMENTO COS DATOS REQUERIDOS
(PRESENTACIÓN DO CIF OU DOCUMENTO ACREDITATIVO DA IDENTIDADE, ENTIDADE
BANCARIA, Nº DE CONTA, DOMICILIO E TLF DE CONTACTO).


Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN
METÁLICO,
que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ó correo FGAsantiago@gmail.com no prazo de inscrición da proba absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo. Os atletas deberán estar previamente inscritos individualmente na web www.emesports.es.

ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ó finalizar a derradeira proba (13:15 h aprox.) na Praza de Macías. Poderase solicitar o DNI se a organización o estima oportuno para a recogida dos premios.

7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
Haberá servizo de duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar
(para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 11:00 h a 14:00 h.
Tlf. de informaación: 981 811 329 en horario de 9.00 a 14.00 horas.
DEREITOS DE IMAXE: O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, caretas, medios de comunicación etc.).
Todos os dereitos de imaxe, pertencen á organización ou organizador (Concello de Padrón)[u].

- A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento. A organización resérvase o dereiro a modificar o mesmo de cara a garantir o correcto desenvolvemento da proba.

Poderán consultar os resultados oficiais e toda a información relativa ás probas nas webs:
- www.emesports.es
- www.carreirasgalegas.com
- www.fgatletismo.es/santiago/
- www.atletismogalego.org
- www.correrengalicia.org