Calendario
Info da proba

Mugardos

01/04/2017 20:30 - 22:00
Regulamento I MILLA NOCTURNA CONCELLO DE MUGARDOS
REGULAMENTO E INFORMACIÓN
Artigo 1. DENOMINACIÓN.
O Concello de Mugardos a través da Concellaría de Deportes organiza a I Milla nocturna Concello de
Mugardos o sábado, 1 de abril de 2017.
Artigo 2. PARTICIPACIÓN.
A I Milla nocturna Concello de Mugardos terá saída e meta no Parque da Constitución, presentará un
circuíto urbano adoquinado, pensado para todas as idades, que abarcará desde los 150 a los 1.609
metros.
Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que o desexen, sempre que estean
correctamente inscritas.
Artigo 3. DISTANCIAS, PERCORRIDO E CATEGORÍAS.
A primeira saída establécese ás 20:30 para a proba de pre-benxamíns, á que se lle sumaran o resto de
categorías segundo o seguinte cadro.
SAÍDA CATEGORÍA HORA DISTANCIA
1 PRE-BENXAMÍN MASC. E FEM. 2010 - 2011 e 2012 20:30 150 M.
2 BENXAMÍN MASCULINO E FEMENINO 2.009 – 2.008 20:40 800 M.
3 ALEVÍN MASCULINO E FEMININO 2.007 – 2.006 20:50 1.000 M.
4 INFANTIL MASCULINO E FEMININO 2.005 – 2.004 21:00 1.000 M.
5
CADETE FEMININO 2.003 – 2.002
21:10 1.609M
XUVENIL-IUNIOR FEMENINA 2001 – 1998
6
PROMESA FEMININA 1.997 -1.996 - 1995
21:30 1.609 M.
SENIOR FEMININA 1.994 a 34 años
VETERANA A FEMININA 35 a 44 años
VETERANA B FEMININA 45 a 54 años
VETERANA C FEMININA 55 en diante
7
PROMESA MASCULINO 1.997 -1.996 -1995
21:50 1.609 M.
SENIOR MASCULINO 1.994 a 34 años
VETERÁN A MASCULINO 35 a 44 años
VETERÁN B MASCULINO 45 a 54 años
VETERÁN C MASCULINO 55 en diante
ENTREGA DE PREMIOS 22:15
Artigo 4. INSCRIPCIÓNS.
As inscricións poderán formalizarse até o mércores 29 de marzo de 2017 ás 23:59h a través da web
www.carreirasgalegas.com da FGA.
Os prezos de inscrición será de:
 Gratuíta para categorías menores ate a Xuvenil-Iunior
 5€ para todos as categorías Promesa e superiores.
Artigo 5. RETIRADA DE DORSAIS.
O día da proba na Oficina de Turismo situada no Cantón de Cora dende as 19:00 até media hora antes
de cada saída.
A organización poderá pedir un documento de identidade ou a copia da inscrición. No caso, de querer
recoller o dorsal de outra persoa ten que levar unha autorización por escrito e fotocopia del DNI da
persoa á que se lle quere recoller el dorsal. No caso de clubs, un representante acreditado poderá
retirar todos os dorsais do mesmo.
Artigo 6. CRONOMETRAXE.
A cronometraxe da proba realizarase mediante Chip.
Haberá control en saída e meta, debendo pasar todos os corredores obrigatoriamente polas alfombras
de control.
Artigo 7. DESENVOLVEMENTO DA PROBA
A organización fará 7 saídas de como máximo 24 participantes, podendo dividir categorías para
favorecer o bo desenvolvemento das diferentes carreiras.
Artigo 8. PREMIOS.
A organización entregará premios aos 3 primeiros clasificados de cada categoría agás nas saídas 1 e 2
que abranguen ás categorías pre-benxamíns e benxamíns nos que a organización terá un detalle con
toda a participación.
** Os premios que se obteñan en diferentes categorías e clasificacións non serán acumulables agás os 3
primeiros postos absolutos masculinos e femininos.
*** Todas as medallas que non se recollan o día da proba quedarán a disposición da Organización, ao
entender esta que renuncian a elas.
Todos os participantes poderán degustar un chocolate con doces locais ao remate da proba.
Artigo 9. AVITUALLAMENTO.
Instalarase posto de avituallamento líquido na zona de meta e ao remate todas as persoas participantes
poderán degustar un chocolate con doces locais.
Artigo 10. CIRCUITO.
O circuíto estará pechado ao tráfico rodado dende a rotonda de entrada ao peirao mugardés na Avenida
do Mar até o Parque da Constitución. Neste tramo restrinxirase o aparcamento e o acceso rodado. O
circuíto contará con 800 m. Proba oficial da FGA con distancia non homologada
Plano da proba
Artigo 11.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Artigo 12.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
Artigo 13.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar o circuíto da
carreira, non levar dorsal, ou manipular os datos persoais.
Artigo 14.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ó lugar da competición ou desde o
mesmo.
Artigo 15.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
Artigo 16.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente
regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo,
resolverase de acordo ó que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e
IAAF en vigor.
Comité Organizador
Presidenta : María del Pilar Díaz Otero, Alcaldesa do Concello de Mugardos.
Vicepresidente: Argemino Varela Filgueiras, Presidente da Comisión de Cultura, Política
lingüística, Deportes e Mocidade.
Secretaria: María del Mar Nóvoa Conde, Presidente da Comisión de Cultura, Política lingüística,
Deportes e Mocidade.
Vogais: Tania María Fernández Iglesias, Delegada de deportes, Manuel Polo Técnico de
deportes do Concello de Mugardos e un representante da FGA.
Comité executivo
Presidenta : María del Pilar Díaz Otero, Alcaldesa do Concello de Mugardos.
Vicepresidente: Argemino Varela Presidente da Comisión de Cultura e Deportes.
Secretaria: María del Mar Nóvoa Conde Administrativa da Comisión de Cultura e Deportes.
Vogais: Tania María Fernández Iglesias, Delegada de deportes, Manuel Polo Técnico de
deportes do Concello de Mugardos, Responsable de policía e protección civil do Concello de
Mugardos e un representante da FGA.