Calendario
Info da proba

V correXsalceda 2017

07/05/2017 10:30 - 12:00
Regulamento





REGULAMENTO “V EDICIÓN CORREXSALCEDA”
A V edición de correXsalceda, organizada polo Concello de
Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 7 de Maio de
2017.
Carreira con póliza de responsabilidade civil número
36260062, e seguro de accidentes colectivos número -------
para tódolos/as participantes debidamente inscritos na
proba.
CARREIRA PUNTUABLE (RUTA), PARA O CIRCUÍTO GALEGO DE
CARREIRAS POPULARES (COEFICIENTE 1,50) CIRCUÍTO 2016-2017.
Máis info en: www.correrengalicia.org
Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Praza do
Concello ás 10:30 horas, quedando a liña de meta situada no
mesmo punto.
O tempo máximo de duración da proba 10.000 metros será de 1
hora 30 min e a de 5.000 metros será de 50 min.
2.- O percorridos serán de 10.000 metros (carreira oficial)
e de 5.000 metros (carreira alternativa) e discorrerán
polos seguintes circuítos (enlace a circuíto)
3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá
controis. Existirá 1 posto de avituallamento líquido,
aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.
4.- O prazo de inscrición bonificado finalizará o Xoves día
20 de Abril as 22:00 h, do día 20 de Abril ao 2 de Maio
(ambos incluídos)o prezo incrementarase en 2 €.
CATEGORÍAS ESCOLARES/MENORES (ANO 2002 A 2010): ISNCRICIÓN,
1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, A ENTREGAR NA
RETIRADA DO DORSAL.
CATEGORÍA PITUFOS (2011 A 2015): ISNCRICIÓN, 1 KILO DE
ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, A ENTREGAR NA RETIRADA DO
DORSAL.
Inscrición BONIFICADA ata o 20 de Abril
CARREIRA ABSOLUTA (ANO 2001 E ANTERIORES):
5 € INSCRICIÓN. Ata o 20 de Abril
Inscricións do 21 de abril ata o 2 de maio
7 € INSCRICIÓN. (ambos incluídos)
As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán
correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.
As inscricións realizaranse a través da páxina web
http://www.cronotec.es/ facendo constar todos os datos
requiridos no procedemento de inscrición.
A corrección de erros poderase facer durante o período de
inscrición a través da páxina web. A Organización non se
fai responsable das consecuencias que se deriven dunha
inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor/a
ou en quen delegue. As persoas que se inscriban, non
quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso
de pago.
5.- A recollida de chips e dorsais será o sábado día 6 de
Maio 10:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas no Pavillón
Municipal dos Deportes de Salceda.
Tamén se poderán recoller o domigno día 7 de Maio nun lugar
habilitado na Praza do Concello de Salceda de Caselas, ata
30 minutos antes do comezo de cada carreira.
6.- O chip entregado a cada participante vai colocado
directamente no dorsal, e deberá ser devolto trala súa
participación, tirando del despréndese fácilmente do
dorsal. Os corredores que non o leven non entrarán nas
clasificacións.
7.- Establécense categorías para mulleres e homes con
clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍAS HOMES E MULLERES

PROBA DE 10.000 METROS
Xuvenil 1998-1999-2000-2001 (10.000 metros)
Sénior 1997 ata veteranos (10.000 metros)
Veteranos/as A 36 – 45 (10.000 metros)
Veteranos/as B 46 – 55 (10.000 metros)
Veteranos/as C 56 - 65 (10.000 metros)
Veteranos/as D +66 (10.000 metros)
PROBA DE 5.000 METROS
Absosuluta nados en 2001 e anteriores (5.000 metros)
8.- Premios:
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as
(absolutos 10.000 metros) e (salcedenses 10.000 metros);
Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as
(absolutos 5.000 metros) e (salcedenses 5.000 metros);
Trofeos para os primeiros clasificados/as de cada categoría
en 10.000 metros.
Clasificación (absoluta 10.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
Clasificación (salcedendes 10.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación categoría Xuvenil (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Sénior (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos/as A (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos/as B (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos/as C (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación categoría Veteranos D (10.000 metros)
1º clasificado: Trofeo e 1ª clasificada: Trofeo
Clasificación (absoluta 5.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
Clasificación (salcedendes 5.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Os premios non son acumulables.
Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de
meta co control aberto e que entreguen o chip alugado, ata
esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas
podendo sufrir pequenas variacións.
Para optar aos premios de Salcedenses, os atletas serán
nados ou empadroados no Concello de Salceda de Caselas.
Os premios non son acumulables.
9.- A entrega de trofeos da categoría absoluta (10k e 5k)
terá lugar ao remate das carreiras, na Praza do Concello de
Salceda de Caselas.
10.- Para poder recoller os premios deberase xustificar
documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio
do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte)
os estranxeiros.
11.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña
de saída 10 minutos antes do comezo da proba, atendendo en
todo momento, as indicacións da organización.
12.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por
vehículos de axuda.
13.- O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.
14.- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados
e secretaría será realizado por procedementos
automatizados.
15.- Será motivo de descualificación, entre outros, os
seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos
persoais e a suplantación de identidade.
16.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas
Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así
como todo o regulamentado por instancias superiores.
17.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán
reclamacións. A organización reservase o dereito a
modificar este regulamento si as circunstancias así o
aconsellan (informando oportunamente),sendo as súas
decisións,inapelables.
18.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na
Carreira, aceptan o presente Regulamento, e dá dereito á
organización para poder facer uso das imaxes do evento para
a súa utilización. No caso de dúbida ou de surtir algunha
situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña
o Comité Organizador.
19.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo
a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin
obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
20.- Calquera corredor con problemas médicos (alerxia,
atencións especiais, etc.) debera facelo constar no reverso
de dorsal da proba.
21.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda
de Caselas
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao
pasar a meta.
3. Entrega de Premios: A partir das 13:30 horas na Praza
do Concello de Salceda de Caselas.
Regulamento escolares/menores (CIRCUÍTOS ACCESIBLES)
1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as
nados en 2002 e seguintes.
2.- A inscrición farase de xeito individual en
http://www.cronotec.es/
3- As probas darán comezo ás 12:15 horas, con saída e meta
na Praza do Concello.
4.- Establécense as mesmas categorías para homes e
mulleres, son as seguintes:
Categoría A: Nados en 2002, 2003 e 2004 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2005, 2006 e 2007 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2008, 2009 e 2010 (500 metros)
Pitufos A: Nados en 2011,2012 e 2013 (150 metros)
Pitufos B: Nados en 2014,2015 (100 metros)
5.- Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual. Trofeo aos primeiros/as atletas
de cada categoría, tanto masculina como feminina, medallas
aos segundos/as e terceiros/as por categoría e sexo.
Clasificación (Categoría A 2.500 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación (Categoría B 1.000 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación (Categoría C 500 metros)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)
Clasificación (Categoría Pitufos A e Pitufos Ojo morado
Medallas para tódolos/as participantes nas categorías
PITUFOS A (150 metros) e PITUFOS B (100 metros)
-Camisetas para tódolos/as participantes da categoría
escolares/menores, a recoller o domingo día 7 de Maio antes
ou despois da carreira e ata esgotar existencias, as tallas
das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas
variacións.
6.- No momento de retirar os dorsais, necesariamente un
adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor
desenvolvemento da proba.
7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado
neste regulamento, rexerase polo regulamento xeral da “V
edición de correXsalceda”.
8.- Os adultos que acompañen ós nenos e nenas no percorrido
escolar non entrarán na clasificación.