Calendario
Info da proba

Carnota

15/04/2017 10:30 - 13:00
Regulamento V CARREIRA VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA

Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos/as.

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
Pitufos 2010 – 2013 300 m
Cativos I 2006 - 2009 1.000 m
Cativos II 2002 – 2005 3.000 m
Absoluta 2001 e anteriores 18.000 m

NORMATIVA XERAL
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.

2. A proba terá unha distancia de 18.000 metros.

3. A saída estará situada na casa do Concello.

*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba será suspendida automaticamente.

4. O comezo da carreira será ás 10:30 h, aproximadamente.

5. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios ou o percorrido, aprazar ou suspender a carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade.

6. Os/as atletas que, durante o transcurso da proba, circulen por
fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de
inicio e fin de carreira considéranse, para todos os efectos,
usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin
obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Telf.: 981 857032
Fax: 981 857251
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa
responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde
suficiente para afrontala.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba
non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva
implícita a aceptación do Regulamento xeral da proba. O
Concello de Carnota non se fará responsable dos danos físicos,
morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
Os aspectos non recollidos neste Regulamento resolveranse
segundo o criterio da comisión organizadora, cuxas decisións
serán inapelables.
10. A organización porá á disposición das persoas participantes un
servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún
síntoma ou lesión.
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para todo aquel corredor ou
corredora que o precise.
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na
carreira o Pavillón Polideportivo Municipal de Carnota para que
se poidan asear.
14. O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora a partir
da entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir
dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán
abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
15. Existirá un posto de avituallamento intermedio,
aproximadamente no quilómetro 7, no que se habilitarán
papeleiras apra tirar os residuos.
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da
carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de
desperdicios.
17. Os único vehículos que poderán seguir a proba, serán os
autorizados pola organización.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Telf.: 981 857032
Fax: 981 857251
18. En caso de retirada avisarase ao persoal da organización.
19. Non se permite o acompañamento de animais.
20. Os/as participantes autorizan aos organizadores a rexistrar total
ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos,
televisión ou calquera outro medio de difusión.
INSCRICIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o
presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario que hai
na páxina web www.galitiming.com
2. Termos e prezos das inscricións:
 Establécese un máximo de 250 participantes.
 As inscricións efectuaranse na páxina www.galitiming.com e
poderanse facer ata o luns 10 de abril, ou ata alcanzar os
250 participantes.
 A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de
idade deberá ir acompañada dunha autorización
paterna/materna, segundo o modelo establecido pola
organización. O dito modelo, que se pode descargar na páxina
web de Galitiming deberá imprimirse e presentarse
debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal.
 O prezo de cada inscrición será de 5€.
 A inscrición para os/as atletas de menos de idade será
gratuíta.
 Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
 En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas na Casa do
Concello e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da
proba.
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións
especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da
proba.
CONCELLO DE CARNOTA
Praza San Gregorio, 19
15293 CARNOTA (A Coruña)
C.I.F.: P-1502000-A
Telf.: 981 857032
Fax: 981 857251
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no
regulamento dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a
estas indicacións non poderá participar na proba.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
1. Establécense os seguintes premios:
 Trofeo ou medalla aos 3 primeiros clasificados e clasificadas
da categoría absoluta.
 Trofeo ao mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no
concello de Carnota.
 Medalla para todos os participantes de categorías base. En
categoría pitufo levarán medalla todos/as os/as participantes.
Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán medalla todos
os participantes, e subirán ao podio os/as tres primeiros/as
de cada unha destas categorías.
 Camiseta conmemorativa para todas as persoas participantes
na carreira.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web
de Galitiming.
PERCORRIDOS E HORARIOS
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se
se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o
día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba
será suspendida automaticamente.