Calendario
Info da proba

Dumbría

27/05/2017 17:00 - 19:30
Regulamento 12.1. Carreira Alevín e Benxamín: 1.000 m. Aproximadamente (17,00 h.)
a) Alevín: 2007-2006: Hora de comezo 17,00h.
Percorrido: Saida e chegada dende as Instalacións deportivas do Conco, distancia
aproximada 1.000m.
Ojo morado Benxamíns: 2009-2008: Hora de comezo 17,00h.
Percorrido: Saida e chegada dende as Instalacións deportivas do Conco, distancia
aproximada 1.000m.
Tipo de superficie, Asfalto 80%, camiño de terra 20%.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 5
12.2. Carreira 3K Contra o Cancro (categorías Absoluta, Xuvenil, Cadete e
Infantil): 3.000 m aproximadamente (17,30 h.)
c) Infantil (2005-2004) Cadete (2003-2002)Xuvenil (2001-2000) e Absolutos 3K Contra o
Cancro 1999 e anteriores (incluído 1999), é dicir, quecumpran18 anos ou máis en 2017 ás
17,30h.
Percorrido: Saida dende as Instacións deportivas, estrada de Dumbría, Cheo, Carizas,
CamiñoXacobeo, Albergue e meta.TIPO SUPERFICIE: Mixta, asfalto 70%, cross
15%, camiños de terra 15%. 30 minutos para rematar o percorrido.
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 6
12.3. Carreira 10K (categorías Sénior, M40 e M50) HORA 18,35H.
a) Absoluta10k Hora: 18,35 h. Tempo máximo de remate da proba 1h e 20´.TIPO
SUPERFICIE MIXTO: Asfalto 70%, camiños de terra 15%, cross 15%.
Percorrido: Instalacións deportivas, estrada de Dumbría, colexio, Concello,
Cemiterio de cores, Cheo, Carizas, CamiñoXacobeo. 2 VOLTAS.
F.1) Sénior: 1978-1999(incluidos)
F.2) VeteránM40: 1968-1977(incluídos)
F.3) Veterán M50:1967 (incluído) e anteriores.
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 7
12.4. Carreira Pitufos: 150 m aproximadamente
Pituf@s 2010 - 2014 (ambos incluidos ) Hora de comezo18,15h.
Percorrido: Parte posterior das Instalacións deportivas. 150m. Superficie asfalto.
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 8
13. Normativa xeral e de seguridade
13.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo
pola Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración
de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado
no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real
Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de
responsabilidade civil e de accidentes).
13.2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se
realice, ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que
terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
13.3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará
dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
13.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
13.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela
e non se devolverán os cartos da inscrición.
13.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos
usuarios normais da vía.
13.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
13.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre
e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste
No se puede mostrar la imagen. Puede que su equipo no tenga suficiente memoria para abrir la imagen o que ésta esté dañada. Reinicie el equipo y, a continuación, abra el archivo de nuevo. Si sigue apareciendo la x roja, puede que tenga que borrar la imagen e insertarla de nuevo.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 9
regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en
vigor.
13.9. O concello de Dumbría porá a disposición dos participantes na carreira pavillón
polideportivo municipal para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a
disposición dos corredores un servizo de garda roupa, situado no edificio das instalacións
deportivas municipais.
13.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
13.11. O concello organizador porá a disposición dos corredores e corredoras da
carreira 3K Contra o Cancro e 10K un servizo de fisioterapia.
13.12. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no
momento da recollida dos dorsais. O feito de estar inscrito no Circuíto non implica que se
teña dereito a ningún tipo de agasallo.
13.13. Descualificacións:
13.13.1 O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
13.13.2 Todo atleta que non realice o percorrido completo.
13.13.3 O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a organización.
14. Dereitos de imaxe, uso de datos e autorizacións
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada
dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo
poderase descargar da páxina web do concello organizador así coma de
www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
14.1. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
14.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
14.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa
por escrito.
15. Sistema de cronometraxe / chips e recollida de dorsais
15.1. Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
15.2. Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización),
agás pitufo.
15.3. Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 10
15.4. O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle
computará na clasificación do circuíto.
15.5. O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
15.6. O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será a partir das 15,30h
no edificio das instalacións deportivas do Conco e ata 30 minutos antes do inicio de cada
proba.
15.7. Os corredores de circuíto 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán
usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para
todas as probas do circuíto.
15.7.1 Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto. A retirada de
dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio da
carreira.
15.7.2 No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de
Championchip.
15.7.3 No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non
haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
15.8. Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e
carreira) usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da
mesma.
Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado
para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
15.9. Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
16. Tipos de competicións
16.1. Competición Individual (ver punto 11).
16.2. Competición por equipos (ver punto 9)
17. Competición por equipos
17.1. Os/as atletas poderán participar na competición por equipos, sempre e cando estean
inscritos na competición individual de circuíto na modalidade 3K Contra o Cancro ou 10K.
17.2. Formación de equipos: Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 5 e
un máximo de 10 corredores. No equipo deberá haber obrigatoriamente participación
feminina, seguindo a seguinte correlación:
Número de atletas por equipo Número de atletas femininas por equipo
5 ou 6 2 mulleres como mínimo
7 ou 8 3 mulleres como mínimo
9 ou 10 4 mulleres como mínimo
*Poderá haber equipos formados unicamente por atletas femininas.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 11
17.3. Inscricións: Para formalizar as inscricións por equipo podedes ler as instrucións que
aparecen no seguinte enlace https://championchipnorte.com/ayuda-equipos
17.4. O prazo de inscrición rematará o mércores día 24 de maio de 2017 ás 23:59 horas. A
partir de dita data non se poderán realizar máis inscricións por equipos e tampouco se
poderán facer modificacións nos integrantes dos equipos.
17.5. Sistema de puntuación:
17.5.1 Para poder puntuar todos os atletas do equipo deberán correr e rematar 3 carreiras
do circuíto como mínimo.
17.5.2 Para poder puntuar nunha carreira deberán participar e rematar un mínimo de 3
atletas do equipo, independentemente do xénero.
17.5.3 Os/as atletas adaptados (só cadeira de atletismo) poderán integrarse dentro dun
equipo e poderán puntuar só naquelas probas nas que o percorrido sexa o mesmo que os da
competición non adaptada.
17.5.4 O sistema de puntuación rexerase por unha táboa de clasificación compensada, na
que entrarán tanto os resultados dos atletas adaptados coma os dos non adaptados.
17.5.5 O sistema de puntuación establecerase segundo os seguintes baremos:
Posto de chegada a meta Número de atletas chegados á meta
Puntuarán os 5 primeiros/as atletas do
equipo que entren en meta en función
da súa clasificación por sexo (masculino
ou feminino)
3 chegados á meta 6 puntos
4 chegados á meta 10 puntos
5 chegados á meta 15 puntos
6 chegados á meta 16 puntos
A puntuación por posto de chegada sairá
da suma dos postos de chegada de cada
atleta puntuable do equipo segundo o
seu xénero
7 chegados á meta 17 puntos
8 chegados á meta 18 puntos
9 chegados á meta 19 puntos
10 chegados á meta 20 puntos
17.5.6 A puntuación total do equipo calcularase segundo a seguinte fórmula: suma dos
puntos por posto (ata os 5 primeiros) / puntos número de chegados.
EXEMPLO PRÁCTICO
Equipo A: 6 chegados nos postos 10 masc + 20 masc + 21 masc + 5 fem + 10 fem + 15 fem
Puntos por posto de chegada a meta: 60
Puntos por chegados á meta: 16
Puntos do equipo: 60/16 = 3,75 puntos.
Neste exemplo práctico tomamos a referencia de clasificación dos dous primeiros
masculinos (postos 10 e 20) e as tres primeiras femininas (postos 5, 10 e 15) para facer a
suma dos puntos por chegados.
18. Competición adaptada
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 12
19. A III carreira pedestre Concello de Dumbría, non está
dentro do calendario de competición adaptada, a
continuación, numeramos s carreiras que forman parte do
circuito.
19.1. O calendario de carreiras do Circuíto adaptado é o seguinte:
 VI Carreira pedestre Concello de CAMARIÑAS.
 VII Carreira pedestre Concello de VIMIANZO.
 II Carreira pedestre Concello de MAZARICOS.
 IV Carreira pedestre Concello de ZAS.
 IV Carreira pedestre Concello de CEE.
Estamos pendentes de confirmar a posible inclusión da carreira de FISTERRA no Circuíto de
carreiras adaptadas.
19.2. Para poder optar á clasificación de Circuíto os/as atletas de categoría adaptada
deberán participar (chegar á meta) nun mínimo de 4 carreiras.
20. Inscricións das competicións individuais e adaptada
20.1. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, ata
o mércores 24 de maio ás 23:59.
20.2. As inscricións para os participantes nas categorías sénior, M40, M50, só se poden
facer a través da plataforma de Championchip.
20.3. As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da
plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición no departamento de
deportes do concello organizador, ou no lugar indicado polo concello organizador a tal
efecto.
20.4. Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
20.4.1 Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
 Os atletas poderán participar no circuíto 10K ou no 3K Contra o Cancro (deberán
especificalo no momento de realizar a inscrición).
 Teñen que asistir a un mínimo de sete probas do total do circuíto.
 Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para todo o
circuíto.
 Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
 As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da
cuarta proba puntuable.
20.4.2 Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual
nalgunha das probas do circuíto.
 OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10K OU NA PROBA
3K CONTRA O CANCRO.
 Non participan na liga.
 Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
 Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e
que deberán devolver ao remate da proba.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 13
20.5. Cotas de inscrición:
20.5.1 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada
terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles
corredores que deban alugar o chip.
20.5.2 A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo
de 25 € para aqueles que teñan chip en propiedade, e de 35 € (25 € de inscrición + 10 € pola
compra do “chip amarelo”) para aqueles que deban mercar o chip.
20.5.3 A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”
permite aos atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un prezo reducido de 10 €.
Dito chip será válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.
20.6. Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base (as cales serán
gratuítas)
20.6.1 Corredores de circuíto (todas as categorías agás Pitufo): son os atletas que participan
na liga.
 As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da celebración da
cuarta proba puntuable.
 Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com.
 A autorización paterna para todo o circuíto deberá imprimirse e ser presentada
debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais en cada unha das probas do
circuíto. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou en
www.dumbria.com
 Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto.
20.6.2 Corredores de carreira: Plataforma championchip www.championchipnorte.com
 A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e
asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com.
 Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do
concello organizador.
20.6.3 Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito:
 Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización paterna
deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os
dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na
páxina web dos diferentes concellos organizadores.
 Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes dos
diferentes concellos organizadores ou entregándoa nas conserxerías dos Centros Educativos.
 O prazo de inscrición pecharase o mércores anterior á data da carreira ás 23:59 h. e
non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
21. Carreira 3K Contra o Cancro
Na 4ª edición do Circuíto seguiremos colaborando coa
Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito todo o
que se recade coas inscricións desta proba (agás o
correspondente ao aluguer ou compra de chips) irá
destinado a ese fin e será entregado a dita asociación
cando remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 14
Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o
Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado
Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas
que compoñen o circuíto.
22. Clasificacións e trofeos/medallas de carreira
22.1. Clasificacións da proba 10K:
22.1.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
22.1.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías (sénior, M40, M50, adaptado en cadeira de rodas, e adaptado
en handbike), independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de
corredores de circuíto.
22.1.3 Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do
concello organizador.
22.1.4 Os equipos só recibirán trofeo e/ou medalla na gala final.
22.2. Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
22.2.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
22.2.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Absoluta (nados en 1999 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil
independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
22.3. Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
22.3.1 Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
22.3.2 Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as
en cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
22.4. Medallas conmemorativas:
Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa todos
os participantes en ditas probas.
23. Clasificacións e trofeos/medallas do IV Circuíto
Correndo pola Costa da Morte
23.1. Clasificacións do circuíto 10K:
23.1.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 10K. Os
atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta
clasificación.
23.1.2 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas
para poder optar aos premios, agás os corredores adaptados que deberán correr as probas
que formen parte do circuíto adaptado.
23.1.3 No caso de correr máis de 7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 15
23.1.4 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º
posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
23.1.5 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros percorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).
23.1.6 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as das categorías sénior, M40, M50.
23.1.7
23.1.8 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local (empadroados
nos concellos organizadores do circuíto).
23.1.9 Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo (atletas non
empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
23.2. Clasificacións do circuíto 3K Contra o Cancro:
23.2.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 3K Contra
o Cancro. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non
optan a esta clasificación.
23.2.2 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas
para poder optar aos premios.
23.2.3 No caso de correr máis de7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados
acadados.
23.2.4 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º
posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor
suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
23.2.5 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
23.2.6 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as da categoría absoluta.
23.3. Clasificacións por equipos:
23.3.1 Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes Aurora Sport
de Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 10K.
23.3.2 Recibirán un vale por importe de 250€ a cambiar na tenda de deportes Aurora Sport
de Cee o primeiro equipo clasificado no Circuíto 3K Contra o Cancro.
23.4. Clasificacións do circuíto de base:
23.4.1 Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto de cada
categoría de base. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no
circuíto non optan a esta clasificación.
23.4.2 Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres
primeiras clasificados/as das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte 16
23.4.3 Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de 7 probas para
poder optar aos premios.
23.4.4 No caso de correr máis de sete probas, o atleta puntuará cos
mellores 7 resultados acadados.
23.4.5 A puntuación acadada irá en función do posto obtido en
cada unha das probas na súa categoría (1º posto=1 punto / 2º
posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con
menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das
categorías.
23.4.6 No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o
seguinte:
 Número de probas rematadas.
 Maior número de mellores postos.
 Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas
distancias).
23.5. Premios especiais:
23.5.1 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto que
rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
23.5.2 Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto de
base que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
23.6. Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da
Morte” organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as tres primeiro
atletas en cada unha das categorías, así como un acto de entrega dos premios especiais.
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente
antelación.
Organiza:
Colabora:
Patrocinan:
IV Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte