Calendario
Info da proba

Santiago - Villestro

28/05/2017 10:30 - 14:30
Regulamento REGULAMENTO
III TRAIL DE MONTAÑA DE VILLESTRO
(PROBA NON COMPETITIVA E NON FEDERADA)
1.-O Clube Ciclista Os Andadios , organiza O 3º Trail de Villestro que terá lugar o domingo 28 de Maio de
2017.
Este ano existirán duas distancias: Trail corto de 15 km e 530 m + e Trail longo de 25 km e 800 m+. A proba
será de carácter non competitiva nin federada pero contará cun control de tempos . A saida terá lugar ás
10:30horas do Colexio Público de Roxos.
2.-Poderán participar na ruta tódalas persoas que realizaran axeitadamente o proceso de inscrición.
A inscrición ó Trail corto ten un custe de 8€ durante todo o mes de Abril e de 10€ durante o mes de Maio
(tanto para federados como non federados)+1Kg de alimentos non perecederos(opcional) que serán
donados a Caritas parroquial, que distribuirá entre os máis necesitados da parroquia de Villestro.
A inscrición ó Trail longo ten un custe de 10€ durante todo o mes de Abril e será de 12€ durante o mes de
Maio (tanto para federados como non federados) +1kg de alimentos non perecederos (opcional) que serán
donados a Caritas parroquial, que distribuirá entre os máis necesitados da parroquia de Villestro.
3.- A proba, estará limitada a 150 participantes entre as duas distancias e o prazo de inscrición finalizará o
mércores 24 de Maio as 23:59 horas.
A inscrición dará dereito a participación na proba, e incluirá o avituallamento (bebida,froita….),dorsal
personalizado da proba, participación en sorteos, duchas, servizo de ambulancia, seguro R.C. e de accidentes
e pinchos ao rematala proba. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición
correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola
organización. Os menores de idade deberán traer una declaración xurada firmada por parte do pai, nai ou
titor que poderán descargar dende a páxina web de galitiming.
4.-A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 9:30 horas, do domingo 28 de Maio no
Colexio Público de Roxos. A saida efectuarase ás 10:30 horas. A recollida de dorsais farase de xeito
individual.
5.- A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a neglixencia dos
participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da proba.
6.-O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Concello de
Santiago, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios
polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación
contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
7.-Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando
terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no puntos
de avituallamento e de inicio e final de ruta.
8.-En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non sobrepasando
en ningún momento o vehículo que abre a mesma, o cal será obxeto de descalificación inmediata.
9.-A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun
Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes (limitado), non facéndose responsable de ningún
accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e
coñecen os riscos da proba.
10.-A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do
percorrido, quilometraxe e data da proba.
11.-O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.