Calendario
Info da proba

Lousame

21/05/2017 10:30 - 13:00
Regulamento III CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO SENRA” LOUSAME 2017

- DATOS XERAIS DA ACTIVIDADE:
- Denominación: III CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO SENRA” LOUSAME 2017
- Organiza: Concello de Lousame.
- Colaboran: Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lousame, Noia, e Boiro; Club BTT O Treito, Cruz Vermella, Club Atletismo Lousame e a rede de voluntariado local do concello de Lousame.
- Data: Domingo, 21 de maio
- Horario: 9:30 – 13:30 h.
- Localidade de saída e chegada: Portobravo, Lousame.

- REGULAMENTO:

O Concello de Lousame organiza a actividade III CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO SENRA” LOUSAME 2017 que se celebrará o domingo, 21 de maio, con saída e chegada no kilómetro 0 da estrada de Portobravo-Tállara de titularidade municipal, durante o recorrido transcurrirá tamén polos viales de titularidade da Deputación de A Coruña, concretamente dende os PK 3.850 ata o PK 4.075 da carretera Noia-Aldeagrande e dende o PK 0.250 ata o PK 0.050 do vial carretera Portobravo-Confurco en Lousame.

A proba en categoría absoluta disputarase sobre una distancia de 10km e poderán participar atletas federados e non federados.

As categorías de participación e distancias a percorrer na III CARREIRA POPULAR “PILAR BARREIRO SENRA” LOUSAME 2017 serán as seguintes:

CATEGORÍA MENORES ANOS DE NACEMENTO
CHUPETE Atletas nados no ano 2013 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2010, 2011 e 2012
BENXAMÍN Atletas nados no ano 2008 e 2009
ALEVÍN Atletas nados no ano 2006 e 2007
INFANTIL Atletas nados no ano 2004 e 2005
CADETE Atletas nados no ano 2002 e 2003
CATEGORÍA ABSOLUTA ANOS DE NACEMENTO
XUVENIL Atletas nados no ano 2000 e 2001
JUNIOR Atletas nados no ano 1998 e 1999
PROMESA Atletas nados no ano 1995, 1996 e 1997
SÉNIOR Atletas nados entre os anos 1983 e 1994
VETERANOS A Atletas nados entre os anos 1972 e 1982
VETERANOS B Atletas nados entre os anos 1962 e 1971
VETERANOS C Atletas nados no ano 1961 e anteriores

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
8:30 h RECOLLIDA DE DORSAIS NA PRAZA D. TEODOMIRO HIDALGO
10:00 h. CADETE-XUVENIL 3.500 m aprox.
10:25 h. ALEVÍN-INFANTIL 2.000 m aprox.
11:00 h. JUNIOR/PROMESA/SÉNIOR E VETERÁN 10.000 m
12:20 h. BENXAMÍN 500 m aprox.
12:30 h. PREBENXAMÍN 150 m aprox.
12:40 h. CHUPETE 50 m aprox.
13:00 h. ENTREGA DE PREMIOS NA PRAZA D. TEODOMIRO HIDALGO

• Inscricións:
As inscricións realizaránse na páxina web www.emesports.es, sendo a data límite para inscrición o xoves 18 de maio de 2017 as 23:59 horas.

• Prezo:
O importe da inscrición é de 6 € para a categoría absoluta (junior/promesa/senior e veterán/a ) e totalmente gratuita para categoría de menores, que da dereito a participar na actividade, seguro de responsabilidade civil e accidentes, avituallamentos, duchas e agasallos conmemorativos.
• Recollida de dorsais
Poderán recollerse o mesmo día da proba, a partir das 8:30 h. na praza D. Teodomiro Hidalgo ( praza do concello )

IMPORTANTE: PARA A RECOLLIDA DE DORSAIS É IMPRESCINDIBLE A PRESENTACIÓN DO DNI , XA QUE SENÓN NON SE ENTREGARÁ O DORSAL

• Sinalización e controis:
Os percorridos estarán sinalizados, así como as paradas de avituallamento e aqueles lugares que o requiran tanto polo seu interese como por seguridade; comprometéndose a no prazo de 24 horas despois da actividade ter retirada toda a sinalización que afecte ao Medio Ambiente.

• Avituallamentos:
Ó remate de cada proba na praza de D. Teodomiro Hidalgo e no kilómetro 5 da carreira en categoría absoluta.

• Recordos:
Os participantes da categoría absoluta serán agasallados cunha camiseta conmemorativa da actividade.
Haberá medallas para tódolos /as participantes dende categoría chupete ata infantil ( ambas inclusive ).
A partir da categoría cadete e ata categoría veterán, haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados en categoría masculina e feminina
Ademáis haberá uns trofeos especiais, que son os seguintes:
- Trofeos para os 3 primeiros clasificados, tanto en categoría masculina coma feminina, para os atletas locais ( empadronados no concello de Lousame )
- Trofeo para o atleta de maior idade, tanto en masculino coma en feminino.

Exclusións:
Serán excluídos da carreira popular todos aqueles que incumplan as seguintes condicións: non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco tanto ao entorno como aos demáis participantes.

• Limitacións e doenzas:
Os participantes teñen a obriga de comunicar á organización se padecen algunha doenza ou limitación que poida requerir unha atención especial no desenvolvemento da actividade; en caso contrario, as consecuencias serán sempre da súa responsabilidade. Considéranse non aptas para participar aquelas persoas que sufran calquera enfermidade ou limitación física que lle impida un correcto desenvolvemento da actividade. Os/as atletas adaptados poden participar e facilitaraselle a saída da proba.

• Cambios e suspensión:
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.

• Responsabilidade:
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade, sempre e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos circuitos delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos personais que poidan extraviarse ou danarse.


O simple feito de formalizar a inscrición no evento, supón a aceptación de todo o regulamento do mesmo, e autoriza a publicación e difusión das imaxes, tanto polo concello coma polas empresas autorizadas nos diversos medios.