Calendario
Info da proba

Santiago

14/05/2017 10:00 - 12:00
Regulamento IV CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística,
organiza o domingo 14 de maio de 2017 a IV Carreira Camiño das Letras, cunha
proba absoluta desde o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura
e cun circuíto para as categorías de menores nos exteriores da Cidade da Cultura.
Esta proba, que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras
Galegas e co simbolismo dos Camiños de Santiago, réxese polo seguinte
REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A IV Carreira Camiño das Letras celebrarase o domingo 14 de maio de 2017 e
constará dunha proba absoluta e doutra para as categorías de menores.
A proba absoluta (das categorías júnior/promesa, sénior e veteranos) sairá ás 10.00
horas desde as inmediaciones do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de
aproximadamente 15 km ao longo da Ruta da Prata ou Camiño do Sudeste, ata a
Cidade da Cultura.
Na proba de maiores, poderán participar atletas federados e non federados, pero
haberá unha soa clasificación conxunta. Os participantes deberán situarse na liña de
saída 15 minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira. O
peche de control da proba realizarase ás 11.40 horas e, unha vez pasada esta hora, o
participante que siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición. Os
únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
As probas das categorías de menores (pitufo, prebenxamín-benxamín, alevín,
infantil, cadete e xuvenil) realizaranse a partir das 12.00 horas por un circuíto na
Cidade da Cultura, coas seguintes distancias e intervalos de tempo:
12.00 h - PITUFOS (NENOS E NENAS) 200 m aprox.
12.10 h - PREBENXAMÍN-BENXAMÍN (NENOS E NENAS) 700 m aprox.
12.30 h - ALEVÍN-INFANTIL NENAS-NENOS 1500 m aprox.
12.50 h - CADETE-XUVENIL NENAS-NENOS 3000 m aprox.
Os horarios das saídas poderanse modificar, a criterio da organización, en función do
número de participantes de cada categoría. As categorías de pitufo e prebenxamínbenxamín
non son categorías federadas.
2. Control técnico da proba
A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
3. Categorías
Proba absoluta:
JÚNIOR/PROMESA: atletas nados entre 1995 e 1999
SÉNIOR: atletas nados entre 1994 e ata veteranos
VETERANO A: atletas nados entre 1972 e 1982
VETERANO B: atletas nados entre 1962 e 1971
VETERANO C: atletas nados no 1961 e anteriores
VETERANA A: atletas nadas entre 1967 e 1982
VETERANA B: atletas nadas no 1966 e anteriores
Proba de menores:
PITUFO: atletas nados no ano 2012 e posteriores
PREBENXAMÍN-BENXAMÍN: atletas nados entre 2008 e 2011
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2006 e 2007
INFANTIL: atletas nados nos anos 2004 e 2005
CADETE: atletas nados nos anos 2002 - 2003
XUVENIL: atletas nados entre 2000 - 2001
4. Inscricións
a) Realizaranse a través da páxina web: www.emesports.es. A inscrición
estará aberta ata o mércores 11 de maio ás 23.59 horas. Non se aceptarán
inscricións fóra do prazo establecido.
Ojo morado O prezo de inscrición será o seguinte:
- Categorías de menores (de pitufo a xuvenil): gratuíta
- Categoría de adultos (de júnior/promesa a veterano): 8 €
5. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase no punto de información da planta baixa do Centro
Comercial As Cancelas de Santiago, nos seguintes días e horarios:
 Venres, 12 de maio, de 11.00 a 20.00 horas
 Sábado, 13 de maio, de 11.00 a 20.00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición
situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.30 horas, para a carreira de
adultos e ata as 11.30 horas para as carreiras de menores.
A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip para a proba de adultos e
manualmente para as probas de menores.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte dianteira do
corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a
proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descalificación.
6. Premios e agasallos
Todos os participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como
agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras, para unir a
conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago.
A entrega de premios aos gañadores realizarase progresivamente segun vaian
rematando as probas, na zona de meta da Cidade da Cultura. Os premios non serán
acumulativos.
Recibirán premio:
- Os 3 primeiros clasificados (en mulleres e homes) da proba absoluta recibirán
un trofeo deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados das categorías de pitufo a veterano recibirán un
lote de libros.
- O centro escolar e o club que máis alumnos rematen a proba recibirán un
trofeo e un lote de libros.
7. Avituallamentos
Establecerase un punto de avituallamento na metade da carreira, onde se abastecerá
de auga aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos participantes, coa
entrega de auga, bebidas isotónicas e barriñas de cereais ou de chocolate .
8. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia.,
ademáis dun fisioterapeuta para urxencias musculares.
9. Outros servizos
A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona
de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, un servizo
de duchas no Multiusos de Sar e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde
o punto de meta á zona de saída.
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA
FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8,30 HORAS EN DIRECCIÓN Á
ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9.35 HORAS
10. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen
os resultados oficiais.
11. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba e exime a organización desta responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.
12. LOPD
Todos os corredores, ao realizaren a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e
da súa imaxe nas clasificacións, nos medios de comunicación e en internet.
CONSIDERACIÓN DERRADEIRA
Todo o que non se reflicta neste regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA,
RFEA e IAAF, por esta orde.