Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2017 10:30 - 13:00
Regulamento X CARREIRA PEDESTRE DE OUTES

REREGULAMENTO DA PROBA

X CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE OUTES 2017
Carreira pertencente o V Circuito Provincial de Carreiras Populares

DATA: Mércores 17 de Maio de 2017
SAÍDA: Praza de Galicia
ORGANIZA: Departamento de deportes do Concello de Outes.
E-MAIL de incidencias de championchip: info@championchipnorte.com
TELÉFONO DE INCIDENCIAS (champion chip): 982816884
PATROCINA: Concello de Outes
COLABORA: Protección Civil de Outes, Policía Local, Garda Civil, Club atletismo Outes e demáis voluntarios.
CATEGORÍAS:
Chupetes: 2014 E POSTERIORES. 50MTS
Pitufos: 2012-2013. 100MTS
Prebenxamíns: 2010-2011. 225MTS
Benxamín: 2008-2009 .450MTS
Alevín: 2006-2007. 1KM
Infantil: 2004-2005. 1KM
Cadete: 2002-2003.3KM
Xuvenil: 2000-2001.3KM
Carreira Absoluta de 3KM: de 1999 e anteriores. 3KM (esta carreira de 3km non entraría dentro do circuito deputación)
Junior: 1999- 1998. 10KM
Promesa: 1995- 1996- 1997. 10KM
Senior: 1994 ata veteranos. 10KM
Veteranos/as 1: de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba. 10KM
Veteranos/as 2: de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba . 10KM
Veteranos/as 3: de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba. 10KM
Veteranos/as 4: a partir de 60 anos de cumpridos ata o día da proba. 10Km

HORA DE COMEZO
O comezo da primeira carreira de alevíns e infantís de 1 km será ás 10:30 h; cadetes,xuvenís e Carreira Absoluta de 3Km ás 10:45 h e o comezo da de 10 km sobre as 11:20 h. As carreiras de chupetes, pituf@s, prebenxamín e benxamín terán lugar despois de dar a saída da carreira de 10km e será dentro do campo de fútbol. O comezo da carreira de benxamins 450m será as 12:35h (nesta carreira realizarase una carreira de homes e una de mulleres); prebenxamins 225m será as 12:40h (homes e mulleres xuntos); a carreira de 100 m de pitufos será as 12:45h (homes e mulleres xuntos); e chupetes de 50 m será ás 12:50h (homes e mulleres xuntos). As distancias nestas últimas carreiras (benxamin, prebenxamin, pitufos e chupes) son aproximadas.
INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do domingo 14 de maio a través da web de championchip (www.championchipnorte.com). Para as categorías participantes na carreira de 10 km e Carreira Absoluta de 3Km a inscrición terá un custo de 4 euros para os non propietarios de chip (2 euros alquiler + 2 euros de inscrición), e de 2 euros para os propietarios de chip amarelo; para o resto de categorías a inscrición é gratuíta e débese marcar o desconto correspondente na inscrición. As persoas da carreira absoluta (10 Km) que marquen o desconto que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de championchip, podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo electrónico info@championchipnorte.com
Os nenos das categorías de chupetes, pitufos e prebenxamín tamén deberán inscribirse a través de championchip (si quedan fóra do prazo de inscrición poderán participar igual na carreira. Nestas categorías todos os participantes inscritos pola web recibirán una medalla.)

DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS:
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o ten), Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se está empadroado no Concello de Outes para puntuar nos premios locais(non vale estar vivindo en outes, hai que estar empadroado).
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.


RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo da Serra, dentro do campo de fútbol, poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo.
Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.

PREMIOS
Medallas para todos os participantes nas categorias chupetes, pituf@s e prebenxamins.
Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós premios locais (e necesario estar empadroados).
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías agás chupetes, pituf@s, e prebenxamins (nestas categorías todos levarán medalla).
Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral (10 Km) e para a carreira absoluta de 3KM.
Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral (10 Km) e na carreira absoluta de 3KM.
Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: benxamin, alevin, infantil, cadete e xuvenil.
Trofeo para os tres primeiros clubes na carreira absoluta.
Trofeo para o clube con máis participantes.
Non haberá premios económicos.
Os trofeos non serán acumulativos.

PERCORRIDO
Carreiras de 50m, 100m, 225m e 450 metros: terán lugar arredor do campo de fútbol. (As distancias destas catro carreiras son aproximadas).
Carreira de 1 Km (1.000 metros): saída da praza de Galicia, dirección rúa Doutor Esperante, rúa de Compostela, rúa do Conchido ata a praza de Galicia.
Carreira de 3 Km (3.000 metros): terán que dar 3 voltas ao circuíto de 1 Km.
Carreira de 10 Km: saída e meta na praza de Galicia, o percorrido levarase a cabo polas rúas e pistas do concello.
A organización chegado o momento poderá variar o percorrido si surde algún imprevisto.


REGULAMENTO
O departamento de Deportes do Concello de Outes será o organizador da X Carreira Pedestre de Outes.
A adhesión ao V CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES, supón:
a) A aceptación das bases aprobadas pola Deputación da Coruña para o desenvolvemento do circuito.
Ojo morado A carreira estará controlada pola federación galega de atletismo que considerará antirregulamentarias do/a atleta:
non levar o dorsal perfectamente colocado
participar cun dorsal que corresponda a outro corredore.
Non realizar o percorrido da carreira completo
non atender as indicacións dos membros da organización
entrar fóra da hora prevista pola organización
realizar a inscrición alterando os datos de maeira maliciosa
calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida ser considerada como conducta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.
- Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe quedar en todo momento ben visible.
- Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).
¡É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP!
- Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será descualificado.
- A saída da 1ª carreira DE 1KM será ás 10:30h; a de 3km as 10:45 e a carreira de 10 Km está previsto que teña a saída ás 11:20 h. Os pequeniños de todo (benxamin, prebenxamin, pitufos e chupetes) correrán polo campo de fútbol e a saída da primeira carreira será as 12:35h aproximadamente.
- Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comezo da proba. Os horarios son os seguintes:
Alevins e infantís: 10:30 horas (1KM).
Cadetes e xuvenís e Carreira Absoluta de 3KM:10:45 horas(3KM).
Categorías restantes (carreira de 10km): 11:20 horas.
Benxamíns: 12:35 horas.
Prebenxamíns: 12:40 horas.
Carreira de pituf@s: 12:45 horas.
Carreira de chupetes: 12:50 horas.
Nota: os horarios e percorrido non están libres de sufrir algunha modificación si se presenta algún imprevisto de última hora.
A organización establece as seguintes categorías:

Chupetes: 2014 E POSTERIORES. 50MTS
Pitufos: 2012-2013. 100MTS
Prebenxamíns: 2010-2011. 225MTS
Benxamín: 2008-2009 .450MTS
Alevín: 2006-2007. 1KM
Infantil: 2004-2005. 1KM
Cadete: 2002-2003.3KM
Xuvenil: 2000-2001.3KM
Carreira Absoluta de 3KM: de 1999 e anteriores. 3KM (esta carreira de 3km non entraría dentro do circuito deputación)
Junior: 1999- 1998. 10KM
Promesa: 1995- 1996- 1997. 10KM
Senior: 1994 ata veteranos. 10KM
Veteranos/as 1: de 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba. 10KM
Veteranos/as 2: de 41 a 49 anos cumpridos ata o día da proba . 10KM
Veteranos/as 3: de 50 a 59 anos cumpridos ata o día da proba. 10KM
Veteranos/as 4: a partir de 60 anos de cumpridos ata o día da proba. 10Km

- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido.
- A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
- Un vehículo irá abrindo e outro pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba".
- O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descalificación.
- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.
- Os trofeos non serán acumulativos.
- A entrega de trofeos está prevista para as 13:05 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.
- Os corredores poderán utilizar o pavillón e os vestiarios do campo de fútbol para asearse e ducharse despois da carreira.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordó co regulamento da RFEA e a FGA para probas de ruta en vigor.
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral.
- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
- Limite de participantes 500 corredores.