Calendario
Info da proba

A Valenzá

20/05/2017 20:00 - 22:00
Regulamento CARREIRA POPULAR A VALENZA 2017 – 20/05/2017 - REGULAMENTO
O Concello de Barbadas e o Club Maratón Nattex Barbadás, organizan o
próximo 20 de maio de 2017 a segunda edición da Carreira Popular A
Valenza.
A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de
Atletismo e estará controlada polo Comité Provincial de Xuices e
Cronometradores da FGA en Ourense.
1. HORA DE SAIDA E DISTANCIAS
CATEGORÍA ANOS HORA DISTANCIA
METROS
BIBERÓNS Nados 2011 e posteriores 18:00 100
BENXAMÍN Nados entre 2008 e 2010 18:15 400
ALEVÍN E INFANTIL Nados do 2004 ao 2007 18:45 1000
CADETE Nados no 2002 e 2003 19:15 2000
ABSOLUTA Nados 2001 e anteriores 20:00 7000
2. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
CATEGORÍA ANOS
BIBERÓNS Nados en 2010 e anteriores
BENXAMÍN Nados en 2008 e 2009
ALEVÍN Nados en 2006 e 2007
INFANTIL Nados en 2004 e 2005
CADETE Nados entre 2002 e 2003
XUVENÍS Nados en 2000 e 2001
SENIOR Nados en 1999 e anteriores, ata veteranos
VETERANO A De 45 a 54 anos cumpridos
VETERANO B De 55 a 64 anos cumpridos
VETERANO C Maior de 65 anos
ABSOLUTA Nados en 2001 e anteriores
3. CARREIRA ABSOLUTA:
Sábado 20 de Maio, a saída da carreira absoluta darase na Avenida de
Celanova as 20:00. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5
minutos antes do comezo da proba, tras a liña de meta. A zona de meta
estará situada na Avenida de Celanova. O avituallamiento será na zona de
meta.
A Clasificación será absoluta e por categorías.
Poderán participar tódolos atletas que o desexen, estean ou non
federados.
A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas,
rexirase polas normas recollidas no artigo 3.4. da Circular RFEA nº
109/2015 "Reglamento para las Competiciones de Campo a Través,
Marcha, Ruta, Montaña, Trail y Reuniones de Pista Cubierta y Aire Libre
2015-2016".
Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta
proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA,
rechazará a inscrición dos corredores federados doutras federacións
autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións
de ámbito autonómico.
Enlace de consulta desta normativa:
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2015430182938.pdf 22
A idade na categoría de veteranos, serán anos cumplidos na data da
proba.
PREMIOS:
➢ TROFEOS OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS HOMES E MULLERES DA
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA
➢ TROFEOS OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA
MASCULINO E FEMENINO
➢ TROFEOS O PRIMEIRO CLASIFICADO MASCULINO E FEMININO DO
CONCELLO DE BARBADÁS
Os trofesos non serán acumulativos
4. CARREIRA MENORES
Sábado 20 de Maio, a saída terá lugar na Avenida de Celanova a partir das
18:00 horas. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos
antes do comezo da proba. A zona de meta será na Avenida de Celanova e
o avituallamiento terá lugar na zona meta.
ENTREGARASE TROFEO Ó PRIMEIRO CLASIFICADO NENOS E NENAS DAS
CATEGORÍAS BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL E CADETE E RECIBIRÁN
MEDALLAS TÓDOLOS PARTICIPANTES QUE REMATEN A CARREIRA.
5. INSCRIPCIÓNS
O prezo das inscripcións será de 4 euros para a carreira absoluta, as
carreitas de menores serán gratuitas. A data límite para inscribirse será as
24:00 horas do 16 de Maio de 2017.
Inscripcións online a través de www.championchipnorte.com
6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsales e chips entregaranse, na zona de saída, o día da proba a partir
das 17:15 e ata 30 minutos antes do comezo da proba. Para retirar o
dorsal e chip é obrigatorio presentar o D.N.I ou pasaporte.
7. CONSIDERACIÓNS
Tódolos participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de
seguro de accidentes e responsabilidade civil.
A organización contará coa axuda dos organismos municipais que
regularán o tráfico o longo do percorrido. Está rigurosamente prohibido o
acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda
(bicicletas, patíns). O non cumprimento desta forma implicará o
descalificación dos deportistas acompañados.
Control de resultados: Esta proba estará controlada polo Comité Galego
de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense) e por
procedementos automatizados contratados pola Organización. A carreira
estará controlada ó longo de todo o percorrido a través dun chip
informático que irá colocado na zapatilla. Para participar nesta proba é
obligatorio o uso do dorsal facilitado pola organización e o chip. Os
participantes que cheguen a meta sen o dorsal e o chip non entrarán nas
clasificacións.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Ó rematar a proba tódolos participantes teñen a obriga de devolver o
chip. Aquel corredor que non faga entrega do chip non entra nas
clasificacións e tampouco recibe agasallo algún.
O control de chegada péchase 50 minutos despois da entrada en meta do
primeiro clasificado.
A organización contará con servizos de médico e ambulancia con persoal
sanitario. Todo corredor que participe, declara haberse sometido a un
recoñecemento médico previo, non padecendo enfermidade física que lle
impida participar na proba, polo que o corredor será responsable se non
cumple esta normativa. No caso dos corredores menores de edad a
responsabilidade recaerá sobre os país tutores.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de
Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Este regulamento poderá ser actualizado se hai normas federativas que así
o aconsellen.
Tódolos participantes, polo feito de tomar a salida na carreira, aceptan o
presente Reglamento.
8. SERVICIO DE DUCHAS
Estableceranse duchas nos vestiarios do Polideportivo Municipal dos
Carrís.
9. AVITUALLAMENTOS
Haberá unha zona de avituallamiento líquido e sólido na zona de meta.