Calendario
Info da proba

Chantada - 10 Km

30/04/2017 10:00
Regulamento VIII CARREIRA POPULAR DE CHANTADA
10 KM NO CORAZÓN
DATA: Domingo dia 30 de abril de 2017
HORARIO: Carreira popular e adaptada 10.000m ………… 10:00h
Carreiras Menores …………………………...… 12:00h
Organiza:
Clube Deportivo Atletismo Chantada
Concello de Chantada
REGULAMETO
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación
dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a,
sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo
que deben utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organizción, non se
devolverá o importe da inscrición.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento
Cadeiras de rodas
Todas as cadeiras de atletismo e handbike deberán ter as medidas técnicas
autorizadas e usuais. Todas as que presenten novidades que incidan no
impulso e velocidade deberán ser examinadas polo comité organizador, que
determinará a súa presenza na carreira.
Soamente será permitido un dispositivo mecánico de dirección manual. O atleta
deberá ser capaz de virar a cadeira manualmente, de fronte, á dereita e á
esquerda.
O deseño das cadeiras de atletismo non deberá incorporar ningún dispositivo
para aumentar a súa capacidade aerodinámica; non se permitirán engrenaxes
mecánicas ou pancas que poidan ser usados para impulsar a cadeira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do competidor
sobre as rodas ou aros de impulsión, supoñería a súa descualificación.
Ningunha parte da cadeira poderá sobresaír por detrás do plano vertical do
bordo posterior das rodas traseiras; os atletas deberán asegurarse de que
ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan ou a pista durante
a carreira.
Todos os atletas en cadeira de atletismo e handbike deberán levar
obrigatoriamente casco e banderín de visibilidade durante toda a carreira e os
seus prolegómenos. Así mesmo, deberán levar unha cámara de reposto, bidón
de auga e unha bomba compatible.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de atletismo e handbike
estea conforme ás regras arriba indicadas, revisar a bicicleta antes da marcha
e non atrasar a carreira mentres fai axustes á cadeira.
A organización non se responsabilizará dos danos que poidan sufrir as
bicicletas, cadeiras de atletismo, accesorios ou calquera outro material durante
TODA a actividade.
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste
regulamento e manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba,
non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o
corredor/a @ únic@ responsable en caso de accidente ó no cumplir a
normativa. A organización declina toda responsabilidade dos danos que os
participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmos como a
terceiros.

Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade
civil e un seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da
proba, e nunca como derivación dun padecemento ou enfermidade latente,
imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis e articulado do regulamento,
etc. A organización declina toda responsabilidade polos danos que @s
participantes en esta proba poidan causarse a si mesmos, como a outras
persoas polas causas anteriormente citadas.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
SÁBADO 29: 18:00 a 20:00h
DOMINGO 30: 8:00 a 9:45h
LUGAR: CÍRCULO RECREATIVO E CULTURAL (CASINO)
CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:
Xuvenil…………….. 2000 e 2001
Junior………………. 1998 e 1999
Promesa…………….1995,1996 e 1997
Senior………………..1983 ata 1994
Veteráns/as A ………35 a 44 anos
Veteráns/as B ………45 a 54 anos
Veteráns/as C ………55 anos e posteriores
Cadeiras de rodas
Cadeira de atletismo
Handbike
INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com
a partir do 13 de marzo de 2017
Custo da inscrición na carreira absoluta: 4€ de dereitos de inscrición máis 2€
de aluguer de chip para non propietarios de chip amarelo Championchip.
Peche de inscricións o xoves 27 de abril ás 24:00h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse on-line serán obrigatorios os seguintes datos:

- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono móbil
- Se é atleta nado/a en Galicia
- Se é atleta empadroado/a en Chantada
A organización reservase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na
proba.
PREMIOS
CADEIRAS DE RODAS
Tod@s @s atletas desta modalidade recibirán un recoñecemento pola súa
participación
CARREIRA PEDESTRE 10.000m
1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo
1º/1ª, 2º/2ª e 3º/3ª clasificados das categorías:
Xuvenil
Junior
Promesa
Senior
Veteráns/as A
Veteráns/as B
Veteráns/as C
PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
1º/1ª Clasificad@ local…………………… Trofeo
2º/2ª Clasificad@ local…………………… Trofeo
3º/3ª Clasificad@ local…………………… Trofeo
Considerarase como local o atleta empadroado en Chantada.
Trofeo especial para o corredor ou corredora de mais idade.
Os premios non son acumulables.
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona
habilitada pola organización.
CARREIRAS MENORES
As carreiras de 100 e 500m son participativas e non se tomarán tempos.
A carreira de 2500m. é competitiva e será cronometrada.
INSCRICIÓNS ( gratuitas)
A través da Web www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o xoves 27 de abril ás 24:00h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán
obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra se ten
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na
proba.
PERCORRIDOS:
Chupete e Pitufos: 12:00h …..(nados entre 2010 e 2014)..…... 100m. aprox.
Benxamín e Alevín 12:10h (nados entre o 2006 e 2009)……... 500m. aprox.
Infantil e Cadete 12:25h:…(nados entre 2002 e 2005)…......... 2500m.aprox
PREMIOS CARREIRA 2500m
1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo
Tod@s @s nen@s que participen nas carreiras menores recibiran unha
medalla conmemorativa e avituallamento ao remate de cada proba.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
SÁBADO 29: 18:00 a 20:00h
DOMINGO 30: 8:00 a 9:45h
LUGAR: CÍRCULO RECREATIVO E CULTURAL (CASINO)
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
Duchas: Estarán a disposición d@s atletas nas instalacións das piscinas
muicipais,.
Proba puntuable para o circuito correrengalicia
INFORMACIÓN E RESULTADOS
www.10nocorazon.com
www.championchipnorte.com
www.correrengalicia.org