Calendario
Info da proba

Monforte

23/04/2017 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO IX CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE MONFORTE – 2017
Primeira.- A Concellería de Deportes do Concello de Monforte de Lemos organiza a novena edición da Carreira
Popular que terá lugar o 23 de abril de 2017.
Segunda.- Establécense as seguintes categorías de participación tanto masculina como feminina.
 CATEGORÍAS MENORES:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría mini nados/as no ano 2013 e posteriores
Categoría A nados/as entre o ano 2010 e 2012
Categoría B nados/as entre o ano 2008 e 2009
Categoría C nados/as entre o ano 2006 e 2007
Categoría D nados/as entre o ano 2004 e 2005
Categoría E nados/as entre o ano 2002 e 2003
 CARREIRA ABSOLUTA:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría F nados/as entre o ano 2000 e 2001
Categoría G nados/as entre o ano 1998 e 1999
Categoría H nados/as entre o ano 1983 e 1997
Categoría I nados/as entre o ano 1978 e 1982
Categoría J nados/as entre o ano 1973 e 1977
Categoría K nados/as entre o ano 1968 e 1972
Categoría L nados/as entre o ano 1958 e 1967
Categoría M nados/as entre o ano 1957 e anteriores
Terceira.- Inscrición
A inscrición é gratuita en tódalas categorías.
As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores, faranse a través da
plataforma on-line www.championchipnorte.com
Os escolares de Monforte poderán facer a súa inscrición, preferentemente, a través do seu centro educativo.
O peche das inscricións será o seguinte:
 Inscricións colectivas para colexos de Monforte: peche de inscricións o venres 14 de abril
 Inscricións individuais e resto de grupos: peche de inscricións o xoves 20 de abril
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 23 DE ABRIL DE 2017
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fora de prazo.
Na Oficina Municipal de Deportes prestarase o asesoramento necesario para tramitar a inscrición en calquera das
categorías a partir do luns 27 de marzo.
Para poder inscribirse será necesario aportar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
A organización resérvase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo
tanto, non deixalo participar na proba.
Cuarta.- Utilización de dorsais e chips.
Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito de xeito totalmente visible durante o
transcurso da carreira, sen poder facer ningunha modificación nel.
A carreira absoluta está controlada por un sistema de chips de cronometraxe. Cada un destes chips e persoal e
intransferible e deberá ir colocado no lugar axeitado indicado pola organización. Os propietarios de chip amarelo
poderán correr con él e a organización facilitará o chip correspondente ós participantes non propietarios.
Non serán admitidos corredores que non estén inscritos previamente ou que corran sen dorsal e chip (no seu caso).
Impedirase que estes corredores teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
Os corredores non propietarios de chip deberán devolvelo obrigatoriamente ó rematala carreira a través dos puntos
habilitados para tal efecto.
Quinta.- Avituallamentos.
Os participantes nas probas de categorías menores recibirán avituallamento sólido e líquido unha vez rematada a
carreira.
Os participantes na carreira absoluta terán un avituallamento líquido no intermedio da carreira e un avituallamento
sólido e líquido ó finalizar.
Dispoñeranse de colectores de lixo para depositar os desperdicios do avituallamento.
Sexta.- Servizos sanitarios e de primeiros auxilios.
Durante a competición haberá unha ambulancia con técnico, ATS e médico a disposición de calqueira participante
que o necesite.
Séptima.- Outros servizos.
A organización poñerá ó servizo dos participantes gardarroupa, duchas e baños.
Oitava.- Clasificacións
Realizaranse as seguintes clasificacións:
 Clasificación xeral absoluta masculina e feminina.
 Clasificación por categorías masculina e feminina, excepto na carreira de categoría mini na que non hai
clasificacións.
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 23 DE ABRIL DE 2017
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
Novena.- Percorrido
A saída e a meta de tódalas carreiras será na Compañía.
 Carreira Absoluta: consiste en percorrer unha distancia de 7 Km. dando dúas voltas a un circuito de 3.500
mts.
 Categorías Menores:
 Categoría mini: percorrido de 80 mts.
 Categorías A e B: percorrido de 700 mts.
 Categoría C: percorrido de 1.300 mts.
 Categoría D e E: 2.000 mts.
Décima.- Entrega de dorsais e chips:
 CARREIRAS DE MENORES:
 Entrega de dorsais a colexos de Monforte: os centros educativos de Monforte que realicen
inscrición colectiva recibirán os seus dorsais por adiantado co fin de facilitar o reparto dos mesmos.
O Concello fará entrega dos dorsais á persoa que o centro educativo designe para tal efecto e que
será a responsable de entregar o dorsal a cada un/unha dos/as atletas inscritos/as do centro.
 Entrega de dorsais para inscricións individuais e resto de grupos: os/as atletas inscritos/as de
xeito individual en algunha das categorías de menores poderán recoller o seu dorsal o día da proba
na carpa de organización sita na Explanada da Compañía, entre as 9:00 e as 10:30 h.
 CARREIRA ABSOLUTA: os/as atletas inscritos/as na carreira absoluta poderán recoller o dorsal e o chip de
cronometraxe o día da proba na carpa de organización sita na Explanada da Compañía, entre as 9:00 e as
11:15 h.
Décimo primeira.- Horario das careiras:
 Carreira categoría mini: 11:00 h.
 Carreira categorías A e B: 11:05 h.
 Carreira categoría C: 11:15 h.
 Carreira categorías D e E: 11:30 h.
 Carreira Absoluta: 12:00 h.
Décimo segunda.- Premios:
 Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós tres primeiros clasificados de cada unha das
categorías establecidas no artigo segundo, excepto na categoría mini na que todos/as os/as atletas
participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e unha bolsa de lametadas.
 Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta, tanto en categoría
masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico segundo as seguintes cantidades:
 1º clasificado: 300 €
 1ª clasificada: 300 €
 2º clasificado: 200 €
 2ª clasificada: 200 €
 3º clasificado: 100 €
 3ª clasificada: 100 €
 Premios especiais da carreira absoluta: establécense premios especiais para os/as 3 primeiros/as
clasificados/as locais (empadroados en Monforte) tanto en categoría masculina como feminina.
IX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 23 DE ABRIL DE 2017
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
 1º clasificado: Trofeo + agasallo
 1ª clasificada: Trofeo + agasallo
 2º clasificado: Trofeo + agasallo
 2ª clasificada: Trofeo + agasallo
 3º clasificado: Trofeo + agasallo
 3ª clasificada: Trofeo + agasallo
Todos os premios son acumulables.
Décimo terceira.- Reclamacións
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a
aceptación do regulamento da proba.
Décimo cuarta.- Responsabilidade.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou
a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras por imprudencias ou neglixencias dos mesmos.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cubrirá as incidencias inherentes á
proba.
Décimo quinta.- Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Décimo sexta.- Utilización de medios físicos naturais
Os participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo.
Do mesmo xeito non está permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A
non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
Décimo séptima.- Cambios no regulamento
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada
neste regulamento.
Décimo oitava.- a inscrición en calquera categoría do evento implica a autorización á posible difusión dos
documentos visuais que se recollan durante a realización da actividade. Documentos a utilizar polo Concello de
Monforte na súa páxina web, na elaboración de carteis, folletos ou calquera outra posible edición municipal.
Décimo novena.- O aboamento dos premios económicos ós vencedores será tramitado polo Concello de Monforte,
que designará ó Técnico Municipal de Deportes para levar a cabo a xestión e levantar acta dos resultados da
carreira. Os premios aboaranse en metálico ós vencedores unha vez rematado o evento