Calendario
Info da proba

Vigo

23/04/2017 11:00 - 13:30
Regulamento Happy Go Running

A HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colabora o Concello de Vigo e Cidade Universitaria S.A.

A XI edición da carreira a pé desenvolverase o vindeiro 23 de abril no Campus Lagoas - Marcosende e nela agárdase superar ás 800 persoas participantes.

> Inscricións:
O custe da inscrición será de 5 € para as persoas pertencentes á comunidade universitaria da Uvigo e de 7 € para o resto. Destinarase 1 € de cada inscrición a un proxecto solidario. As inscricións poderanse facer a través da web de Championchipnorte ata o 19 de abril de 2017.

> Distancias:

Proba de 6,6 km.


Proba de 10 km.


A carreira de 10 km forma parte ademais do Circuíto de Carreiras Populares Run Run Vigo polo que as persoas participantes nesta distancia quedarán inscritas automaticamente no dito circuíto.

> Premios e agasallos:

- Clasificación Xeral: outorgaranse premios en metálico ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k.

> Outros servizos:
As persoas participantes terán a súa disposición servizo de comedor, cafeterias, ludoteca, duchas e vestiarios.

> Máis información:
Para máis información consultade a web da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.