Calendario
Info da proba

Travesía do Xalo

30/04/2017 9:30 - 13:30
Regulamento VIII TRAVESÍA DO XALO

/ Comenta a Travesía do Xalo no foro de Montaña

REGULAMENTO

1 / A asociación Castelo Deporte organiza, en colaboración co Concello de Culleredo, a Travesía do Xalo, que chega á súa oitava edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde 2010.

2 / DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo 30 de abril de 2017 no Monte Xalo, tendo a súa saída e a súa chegada no lugar de Folgueira, parroquia de Castelo, no termo municipal de Culleredo.

3 / DEFINICIÓN
Trátase dunha carreira e dunha andaina polo Monte Xalo de 21 e 10 km., así como dunha carreira dirixida a menores de 18 anos dividida en diferentes categorías e con diferentes distancias.

4 / RESPONSABILIDADE COA NATUREZA
A Travesía do Xalo promove os valores de respecto á natureza, favorecendo a conservación do monte, a súa flora e a súa fauna. Os participantes na proba deberán por esta razón empregar os contenedores de lixo dispoñibles. A organización empregará, sempre que sexa posible, material reutilizable e reciclable. Os elementos de marcaxe do percorrido recolleranse nas horas posteriores á proba, cando tamén se realizará a limpeza do mesmo. A comunicación en papel reducirase ao mínimo, dando prioridade ao soporte electrónico.

5 / CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata cinco percorridos diferentes):
Pequerrechos Só nados logo do 01/01/2012 80 m.
Prebenxamín Só nados entre o 01/01/2010 e o 31/12/2011 250 m.
Benxamín Só nados entre o 01/01/2008 e o 31/12/2009 1 km.
Alevín Só nados entre o 01/01/2006 e o 31/12/2007 1 km.
Infantil Só nados entre o 01/01/2004 e o 31/12/2005 2 km
Cadete Só nados entre o 01/01/2002 e o 31/12/2003 2 km
Xuvenil Só nados entre o 01/01/2000 e o 31/12/2001 2 km
Junior Só nados entre o 01/01/1998 e o 31/12/1999 2 km.
Absoluta Só nados antes do 30 de abril de 1999 21 km.

A andaina (non competitiva nin cronometrada) constará dunha categoría única.

6 / HORARIOS
A Travesía do Xalo consta de seis distancias, a percorrer polos participantes en diferentes momentos da mañá do domingo 30 de abril, segundo o seguinte horario:
Carreira de 21 km. 9.30 horas
Andaina de 10 km. 9.45 horas
Carreira de 2 km. 13.00 horas
Carreira de 1 km. 13.15 horas
Carreira de 800 m. 13.30 horas
Carreira de 250 m. 13.45 horas

7 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o venres 21 de abril de 2017 ás 23.59 horas en www.emesports.es; o prezo da mesma será de 15 euros (20 euros a partir do 1 de abril). No caso das carreiras de menos de 21 km., o prezo será de 3 euros, e será posible anotarse o mesmo día da proba, sendo neste caso o prezo de 5 euros. O pagamento realizarase en todo caso no momento da inscrición.

Os tres primeiros clasificados na carreira absoluta da pasada edición non pagarán inscrición. Os socios da asociación Castelo Deporte coa cota ao día terán un desconto na inscrición do 20%.

8 / LÍMITE DE PARTICIPACIÓN
Disporanse un total de 350 prazas para a carreira e 350 prazas para a andaina.

9 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina da carreira absoluta.

10 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller entre as 8.00 e as 9.30 horas en Casa Rodríguez (Castelo).

ronometrarase electrónicamente só a categoría absoluta.

11 / AVITUALLAMENTOS E SINALIZACIÓN
Para a carreira absoluta, situaranse tres avituallamentos líquidos, un deles tamén sólido. Na andaina haberá un avituallamento sólido e líquido.

O percorrido estará sinalizado con cinta de balizaxe de cor laranxa e branco para a carreira e de cor turquesa e branco para a andaina.

12 / HORARIOS DE DESCALIFICACIÓN
A organización establece horarios de descalificación por motivos de seguridade e control dos participantes no percorrido da carreira absoluta. Estes horarios, de obrigado cumprimento para os participantes, poden ser consultados na web da proba. O incumprimento dos mesmos exime á organización de toda responsabilidade en relación á seguridade do participante, quedando o participante fóra da carreira, e tendo que entregar o chip de control.

13 / ABANDONO VOLUNTARIO
Agás en caso de ferida, só será posible abandoar nun punto de avituallamento marcado como tal. Queda prohibido abandoar a proba sen avisar previamente á organización.

14 / ABANDONO OBRIGATORIO
A organización poderá parar en calquera momento a un corredor ou obrigarlle a abandoar a proba se considera que o seu estado pon en perigo a súa integridade física ou a súa seguridade.

15 / AGASALLOS
Cada participante (agás no caso das carreiras de menos de 21 km.) terá acceso, coa inscrición, a un agasallo conmemorativo, e recibirá tamén un ticket para xantar na churrascada popular que se celebrará na polideportiva de Castelo ao remate do evento.

No caso das carreiras de menos de 21 km. os rapaces recibirán unha medalla (de chocolate no caso da categoría de pequerrechos). Todos aqueles rapaces que se anoten nestas carreiras o mesmo día do evento terán acceso a estes agasallos ou non, dependendo da dispoñibilidade dos mesmos.

16 / SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba.

Disporase un servizo de gardería desde as 8.30 e ata as 13.30 horas, de balde para todos aqueles participantes na carreira ou na andaina que se inscriban con antelación. O prezo o mesmo día da proba será de 5 € por neno.

17 / RECLAMACIÓNS
As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente á empresa de cronometraxe nas dúas seguintes ao remate da proba, ou por escrito no correo electrónico info@travesiadoxalo.gal nas vintecatro horas posteriores ao remate da proba.

18 / DEREITOS DE IMAXE
Os participantes renuncian a empregar os seus dereitos de imaxe e autorizan á organización e aos seus patrocinadores a empregar e publicar libremente calquera fotografía ou vídeo gravado no contexto da proba.

19 / ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición dos participantes está condicionada á aceptación do presente regulamento.

20 / DESCALIFICACIÓN
Serán motivos de descalificación:
- Atallar ou percorrer conscientemente tramos do percorrido diferentes ao oficial
- Tirar no monte lixo de calquera tipo
- Non asistir a outro participante en dificultades
- Non pasar polos avituallamentos ou puntos de control
- Sair dun punto de control logo da hora de descalificación
- Abandoar a carreira sen avisar á organización

21 / SUSPENSIÓN
No caso de que polas condicións meteorolóxicas non fora posible que a proba dera comezo, a organización resérvase o dereito de suspendela, neutralizala ou modificar o seu horario, o percorrido e os avituallamentos. Neste caso non se devolverá o importe da inscrición.

No caso de suspensión da proba por causas de forza maior e cunha antelación de máis de sete días en relación á data da mesma, realizarase un reembolso parcial da inscrición, fixado en función dos gastos non recuperables pola organización.

22 / MÁIS INFORMACIÓN
Nas webs www.travesiadoxalo.gal, www.castelodeporte.gal, no Twitter @castelodeporte e na páxina en Facebook de Castelo Deporte publicarase toda a información de interese sobre a proba. No correo electrónico info@travesiadoxalo.gal e no teléfono 881 942 986 proporcionarase información adicional aos participantes.

/ Comenta a Travesía do Xalo no foro de Montaña