Calendario
Info da proba

Bisbarra do Sar

01/04/2017 9:00 - 21:00
Regulamento
10ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR"
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado, 1 de Abril de 2017


Saída e Chegada no concello de Padrón.

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32 + 18), que transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado.

Modalidades
* Camiñando (Con retencións): Valedeira para a “Copa Galega de Andainas 2017 ”.
* Correndo (Sen retencións): Tempo máximo 06:30 horas (04:00 horas no km 32).

REGULAMENTO

* A Andaina Bisbarra do Sar é unha proba de sendeirismo de 50 Km, organizada pola Asociación Colectivo Remonte e as Concellerías de deportes dos concellos de Padrón e Rois, e na que colabora a Federación Galega de Montañismo.
* A organización: Poderá facer as modificacións que sexan necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba.
* A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda non se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio. Así como descalificar a os participantes que na proba de “Camiñando” corran, troten ou no respecten os tempos de retención establecidos.
* A organización: Aínda que subscribirá un seguro de accidentes, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
* Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular.
* Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
* Os participantes saben que os tramos do percorrido que vaían por estradas o rúas de poblacións non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo gardar as normas xeraiss de Tráfico ou as indicacions da Organización. Obrigatorio cruzar as estradas polos pasos de peóns ou sitios balizados.
* Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
* Os participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal; e antes da saída da proba terán que firmar obrigatoriamente na folla de control.
* O importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos.
* O feito de facer a inscrición conleva que: tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.

Período de inscrición aberto do 01/01/2017 ao 29/03/2017.

Máis información no foro e na web da andaina: www.andainabisbarradosar.com