Calendario
Info da proba

V Maratón Atlántica Coruña42

23/04/2017 8:30 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO
ART. 1: DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 23 de abril de 2017, o VI
Maratón Coruña 42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de
Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario nacional da RFEA.
Paralelamente, celebrarase unha proba de 10 km.
ART. 2: HORARIOS
A saída da carreira terá lugar ás 08:30 h.
ART. 3: CIRCUÍTO
O percorrido para a carreira de Maratón está situado no centro urbano da cidade da Coruña. Tanto o
circuíto da carreira de Maratón (42.195 m.), como o da carreira de 10 km. están homologados pola Real
Federación Española de Atletismo (R.F.E.A).
O circuíto estará completamente pechado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos
delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario urbano. Os
únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola Organización.
As carreiras terán lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha zona peonil. Está
prohibido o uso como zona de carreira das beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas, etc. O
incumprimento desta norma, así como o recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación
do infractor.
ART. 4: CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces
da FGA.
ART. 5: PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche da proba de Maratón realizarase ás 14.00 horas (5.30 horas despois da súa saída).
Así mesmo, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo medio maratón.
Pasado o tempo correspondente a tanto ao primero tramo da carreira, como a distancia total, á persoa
participante que sigan en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.
Páx.2/11
ART. 6: CATEGORÍAS
De acordo coa regulamentación da R.F.E.A. (Real Federación Española de Atletismo) realizaranse as
seguintes clasificacións para o Maratón Coruña42:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Promesa 1995-1996-1997
Sénior Dende o 1994 e anteriores ata veteranos.
Veteranos 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba.
Veteranos 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba.
Veteranos 3 De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba.
Veteranos 4 De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba.
Veteranos 5 De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba.
Veteranos 6 De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba.
Veteranos 7 De 65 anos cumpridos no día da proba, en adiante.
Discapacitados en
cadeira de rodas
Nados/as en 1997 e anos anteriores
Atletas con discapacidade: En cumprimento do previsto no artigo 16 e 51.6 da LEI 3/2012, do 2 de abril,
do deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con discapacidade en cadeira de rodas.
ART. 7: INSCRICIÓNS E COTA
a) Inscrición en liña: A través da pasarela de pago inserida na páxina online da Federación Galega de
Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa dende a publicación deste regulamento, ata as
23:59 horas do 16 de abril de 2017.
Ojo morado Inscrición presencial: Cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota, no
Departamento de Deportes do Corte Inglés, dende a publicación da data na web e redes, ata as 22:00
horas do 08 de abril de 2017.
LOCALIZACION DE CENTROS COMERCIALES EL CORTE INGLÉS LOCALIDAD
RAMÓN Y CAJAL Departamento de Deportes (7ª planta) Ramón y Cajal, 57 y 59
A Coruña
MARINEDA CITY Departamento de Deportes (2ª planta) Carretera Baños de Arteixo, s/n.
Polígono Industrial de la Grela
COMPOSTELA Departamento de Deportes Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago
de Compostela, A Coruña
Santiago de Compostela
(A Coruña)
VIGO Departamento de Deportes C/ Gran Vía, 28, Vigo, Pontevedra Vigo (Pontevedra)
Páx.3/11
c) Prazo de inscrición: dende a publicación deste regulamento, ata as 23:59 horas do 9 de abril de
2017. Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é
aconsellable que os participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos establecidos
d) Prazo extraordinario de inscrición:. No obstante, e para todos aqueles que por causas alleas á
organización non poidan formalizar a súa inscrición antes do 09 de abril, terán a opción de realizala
desde as 23:59 h do 10 de abril e ata as 23:59 h do 16 de abril, cun incremento na cota de
participación de 15 €, polo que a cota de participación sería de 40 €.
e) As inscricións gratuitas para o Campionato Galego terán que realizarse exclusivamente a través do
sistema online da RFEA, https://isis.rfea.es/sirfea2/ , ata as 23.59 do 09 de abril de 2017 (ver circular
correspondente)
f) Non se aceptarán inscricións fóra dos prazos establecidos.
g) Cota da inscrición:
FEDERADOS DA FGA POPULARES E RESTO DE FEDERADOS COTA
Inscrición gratuíta para os atletas con licenza da
FGA debidamente dilixenciada
Ata o 9 de abril de 2017 ou ata chegar aos 1.500 inscritos 25 €
Prazo extraordinario: do 10 ao 16 de abri de 2017 40 €
h) Bonificacións: 50% para maiores de 65 anos, posiudores do Carné Xove e persoas paradas. Para Para
acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada
no momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou
na folla de inscrición presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación
Galega de Atletismo mediante un e-mail á seguinte enderezo: info@carreirasgalegas.com
 Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
 Posuidores do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
 Parados: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de
Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.
O prazo para o envío de documentos por correo electrónica finaliza ás 24:00 h do 09 de abril de 2017.
ART. 8: DEVOLUCIÓN PARCIAL DA COTA
Só se accederá á devolución parcial da inscrición, en caso de lesión ou enfermidade, se se presenta ou
envía un informe médico na Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín Díaz 1 - Edificio Federacións.
15008 A Coruña).
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do informe médico:
 O 75% da cota se se presenta unha semana antes da celebración da proba,
 ou o 50% se se presenta despois desa data.
No caso de non presentar o citado certificado, non se realizará ningún reembolso.
Para outros supostos xustificados, a organización valorará se procede a devolución parcial da cota.
Páx.4/11
ART. 9: ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o venres 21 e sábado 22 de abril. As persoas corredoras inscritas serán informadas do lugar
e horario da entrega.
ART. 10: UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais son persoais e intransferibles, e deben ir colocados na parte de diante de forma totalmente
visible, sen dobraduras, e así se deberán levar durante toda a proba. O chip tamén é persoal e
intransferible. A inobservancia deste artigo será motivo de descualificación.
Non serán admitidos pola Organización os corredores/as que non estean inscritos ou corran sen dorsal e
chip, ou co dorsal e o chip correspondentes a outra carreira. Impedirase que teñan acceso á carreira en
defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
ART. 11: SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control ao longo do
percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control, serán
descualificados se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente non aparición nas listas de
resultados oficiais finais.
Haberá marca oficial no paso do Medio Maratón, sempre e cando rematen a proba.
ART. 12. COLOCACIÓN PREVIA E CAIXÓNS DE SAÍDA
As persoas participantes deberanse colocar na zona acoutada que lles corresponda na Saída, segundo o
dorsal que teñan asignado. Deberán estar nos seus postos non máis tarde de 10 minutos antes do disparo
oficial de Saída. Estableceranse polo menos cinco caixóns de saída.
ART. 13. UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
materiais de ningún tipo fóra das persoas con discapacidad en cadeira de rodas, debidamente inscritas e
que cumpran as normas do IPC Athletics. Calquera dúbida con respecto diso deberá ser consultada coa
Organización antes de formalizar a inscrición.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á Organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos
ás persoas participantes. Así mesmo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos,
animais, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Páx.5/11
ART. 14. AVITUALLAMENTOS
Seguindo as normas da I.A.A.F, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente
cada 5 quilómetros.
Haberá postos de avituallamento sólido a partir do quilómetro 10, aproximadamente.
Toda persoa participantes que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregalo á Organización
ata unha hora antes da Saída, debidamente pechado e marcado co seu número de dorsal e punto
quilométrico no que quere atopalo.
No caso de que o/a participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a súa
responsabilidade designar e situar una persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá
estar acreditada pola organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira da
persoa infractora.
Así mesmo, poñeranse a disposición dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida dos
residuos, que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización por parte dos participantes, poderá
supoñer a súa descualificación.
ART. 15. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos Servizos Médicos recomendados pola R.F.E.A. e de acordo coa lexislación vixente.
Recomendamos a todas as persoas participantes cubrir a parte posterior do dorsal cos seus datos: nome,
apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións especiais,
etc.) ou se está baixo algún tratamento específico, así como o seu grupo sanguíneo.
ART. 16. CONTROL ANTIDÓPING
É obrigado o control antidopaxe no caso de plusmarcas nacionais ou internacionais. A designación será
realizada pola persoa Responsable de Control Antidopaxe nomeada pola R.F.E.A., quen terá a potestade
de decidir a súa realización.
ART. 17. OUTROS SERVIZOS
A organización porá a disposición das persoas participantes avituallamento de meta, gardarroupas e
duchas.
Tamén haberá a disposición dos/as corredores/as baños portátiles na zona de saída e meta, e noutros
puntos do circuíto.
Outros servizos complementarios serán o vídeo da chegada a meta, o diploma e a medalla de finisher.
Páx.6/11
ART. 18: CLASIFICACIÓNS
Realizaranse as seguintes clasificacións no Maratón A Coruña 42:
 Clasificación Xeral Absoluta.
 Clasificación por Categorías Masculina e Feminina.
 Clasificación Absoluta Galegos Masculina e Feminina.
 Clasificación Absoluta Coruñeses Masculina e Feminina.
ART. 19: PREMIOS E TROFEOS MARATÓN ATLÁNTICA C42
CATEGORÍA HOMES POSTO TROFEO PREMIO Condición (1 e 2)
Absoluta Si 1º Si 2.500 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 2º Si 1.700 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 3º Si 1.250 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 4º 900 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 5º 650 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 6º 450 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 7º 250 € Realizar 2:12:00 ou menos
Absoluta Si 8º 100 € Realizar 2:12:00 ou menos
(1) No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:12:01 e menor ou igual a 2:19:59 aplicarase unha rebaixa do
50%..
(2) No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:20:00 a cantidade para percibir quedaría reducida a un 25% da
orixinal.
CATEGORÍA MULLERES POSTO TROFEO PREMIO Condición (1)
Absoluta Si 1º Si 2.500 € Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Si 2º Si 1.700 € Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Si 3º Si 1.250 € Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Si 4º 900 € Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Si 5º 650 € Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Sí 6º 450€ Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Sí 7º 250 € Realizar 2:32:00 ou menos
Absoluta Si 8º 100 € Realizar 2:32:00 ou menos
1 No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:32:01 e menor ou igual a 2:49:59 aplicarase unha rebaixa do
50%.
2 No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:50:00 a cantidade para percibir quedaría reducida a un 25%
da orixinal.
Páx.7/11
ATLETAS CON NACIONALIDADE ESPAÑOLA (1)
CATEGORÍA HOMES E
MULLERES
POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 800 €
Absoluta Si 2º Si 500 €
Absoluta Si 3º Si 250 €
(1) Serán considerados atletas de nacionalidade española aqueles que presenten o correspondente DNI.
ATLETAS GALEGOS
CATEGORÍA HOMES E
MULLERES
POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 600 €
Absoluta Si 2º Si 300 €
Absoluta Si 3º Si 150 €
(1) Serán considerados atletas galegos aqueles que presenten un certificado de empadroamento nalgúns dos concellos de
Galicia.
ATLETAS CORUÑESES
CATEGORÍA HOMES E
MULLERES
POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 150 €
(1) Empadroados no Concello de A Coruña. Para recoller os premios aos mellores coruñeses, estes deberán remitir o certificado
de empadroamento ao seguinte enderezo de correo electrónico: secretariogeneralfga@gmail.com
PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): o atleta que gañe a carreira e que bata
a mellor marca da proba tanto na categoría masculina (2h12:21) como na feminina (2h40:23) obtendrá un
premio de 1.000 euros.
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción récord da proba. No caso de duplicidade,
pagarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o
ano de nacemento dos participantes, por medio do D.N.I., os españois, o do documento legal en vigor
(pasaporte) os estranxeiros.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender calquera posible reclamación, a
organización resérvase a posibilidade de facer entrega dos premios en metálico a partir do luns seguinte á
data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán
retidos ata súa resolución oficial.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Así mesmo, entregaranse trofeos aos tres primeros/as clasificados/as de cada unha das categorías
indicadas no Art.6.
Páx.8/11
ART. 20: CLASIFICACIÓNS NO CAMPIONATO DE GALICIA
Realizarase unha clasificación por cada unha das categorías Absoluta e de Veteranos do Campionato de
Galicia (coincidentes coas categorías da proba popular):
 Individual homes.
 Individual mulleres.
 Clubs
ART. 21: ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ás 14.00 horas:
Os atletas premiados deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento no que se faga
anuncio do seu comezo pola megafonía, así como estar pendentes da chamada a cada unha das
categorías.
Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio os atletas premiados. Non se
entregará o premio a ninguén que non sexa o propio atleta.
Agradecémoslles aos responsables dos clubs, que teñan constancia de que o atleta non está presente, o
comuniquen na zona de premiación o antes posible para evitar esperas innecesarias.
Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega,
deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días,
onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
ART. 22: RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán facerse verbalmente ao Xuíz Árbitro, localizado na zona de meta, non
máis tarde de 30 minutos despois de publicar os resultados oficiais.
ART. 23: DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da Organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste un mal
estado físico, que non lle facilite a la Organización la documentación que se lle requira ou os/as
corredores/as que non respecten as indicacións da Policia Local, Protección Civil, xurado, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar a/o infractor que non leve visible o seu dorsal, que o
manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto aos que figuren no seu
DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma
contemplada nas normas da FGA, RFEA e IAAF.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
Páx.9/11
ART. 24: RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización da devandita
responsabilidade.
A organización disón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirán as incidencias
inherentes á proba.
ART. 25: LOPD
Ao realizaren a inscrición, todos os/as corredores/as aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o participante consinte
expresamente que seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e a Federación Galega de
Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades. En todo caso, de conformidade co establecido
polo artigo 5 da LOPD, infórmase que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
a) De conformidade co establecido no artigo 5 da Ley Orgánica 15/1999 os datos de carácter persoal
declarados pasarán a formar parte dun ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o
responsable do tratamento será o Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os
seguintes: xestión centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e
do uso de instalacións. Todos os participantes ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes sempre que
se utilicen para a promoción e difusión de ditas actividades, así como a utilización do móbil e correo
electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo Municipal de Deportes. Os dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste ficheiro poderanse
exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Prz. María Pita, 1) nos termos establecidos nos
artículos 15, 16 y 17 de dita Lei Orgánica.
Ojo morado Un ficheiro cuxo responsable do tratamento sexa a Federación Galega de Atletismo, e cuxa finalidade
será a xestión de actividades deportivas realizadas baixo a responsabilidade da Federación Galega de
Atletismo. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados
neste ficheiro se poderán exercer ante a Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín Díaz, 1.
Complexo Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos artículos 15, 16 y 17 da LOPD.
c) Esta proba pertence ao calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos (Nome, Apelidos,
NIF/NIE/Pasaporte, Data de Nacemento, Sexo e Código Postal de residencia), sexan remitidos á Real
Federación Española de Atletismo para a xestión das licenzas de día, resultados e ranking. A posesión da
licenza garantiza que o corredor participa cuberto por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
Páx.10/11
ART. 26: COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
ART. 27: CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente reglamento se así o considerara,
debendo comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento, rexerase por esta orde, polas normas da FGA,
RFEA e da IAAF