Calendario
Info da proba

Lalín

01/02/2015 10:30 - 13:00
Regulamento
V Carreira do Cocido, Lalín

Data: domingo, 1 de febreiro de 2015.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: saída e chegada xunto o novo Concello, rúa Habana.
Distancia: de 100 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza.
Inscrición: ata o 30 de xaneiro en Eme Sports.



:: Comenta a Carreira do Cocido neste tema do foro ::


V CARREIRA DO COCIDO – LALÍN 2015

O Clube de Atletismo Deza e o Concello de Lalín, organizan o domingo 01 de Febreiro de 2015, a partir das 10:30 horas, a V Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada xunto o novo Concello, rúa Habana. As probas contarán co control técnico de Eme Events e estarán suxeitas ao seguinte regulamento:

REGULAMENTO:

1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 3 anos de idade.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN :
Masculina e Feminina excepto a Chupete e Pitufo que será Mixta.
- *CHUPETE: nados no 2010 e posteriores.
- *PITUFOS: nados no -2008-2009.
- BENXAMÍN: nados no 2006-2007.
- ALEVÍN: nados no 2004-2005
- INFANTIL: nados no 2002-2003
- CADETE: nados no 2000-01
- XUVENIL: nados no 98-99
- XUNIOR: nados no 96-97
- PROMESA: nado no 93-94-95
- SENIOR: nados no 1992 ata veterán.
- VETERAN: a partir de 35 e agrupados de 10 en 10 anos
* As categorías chupete e pitufo non son categorías federativas

* A 150 m teñen todos os atletas vestuarios e duchas a sua disposición no Lalín Arena.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
10:30h CUPETE (100 metros).
10:35 h PITUFO (200 metros).
10:45 h BENXAMÍN (650 metros).
10:55 h ALEVÍN (1.000 metros).
11:10 h INFANTIL, CADETE (1.800 metros) 2 voltas circuito.
11:50 h ABSOLUTA-XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIOR- VETERANS (10.000 metros) unha volta o CIRCUITO GRANDE
12:00 h ENTREGA DE TROFEOS ATA A CATEGORIA CADETE INCLUIDA.
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS, RESTO DE CATEGORIAS

4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
A inscripción da carreira e de 7€ a partir da categoria xuvenil (incluida) o resto dos rapaces/as e totalmente gratuito.

Neste prezo vai incluido o aluguer do chip, que se devolvera o remate da carreira nos puntos indicados.

- A inscrición realizarase a traves da plataforma de internet de: www.emesports.es

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregará:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres, da carrera ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Trofeo ao mellor atleta local da categoría senior, (sempre e cando non este entre os 3 primeros).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao término de cada proba.
- Obsequio especial “Embutidos Lalinense”, aos primeiros atletas masculino e femenino da carreira Absoluta e mellor clasificado local, tamén da absoluta e o corredor mais veterano (maculino ou femenino)

6. SAÍDA - META: Rúa Habana.

7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocando o dorsal no seu peito de forma visible para a súa identicicación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse o mesmo día 16 de febreiro, dende 1 h antes do comezo de cada proba.

8. CHIP: os atletas, dende benxamin , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sin chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta.

9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.

10. Avituallamiento: entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta.

11. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.

12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.

RECORDAMOS A TODOS OS ATLETAS QUE TEMOS VESTUARIOS E DUCHAS A 150 M NO LALIN ARENA A VOSA DISPOSICIÓN.

:: Comenta a Carreira do Cocido neste tema do foro ::


:: Comenta a Carreira do Cocido neste tema do foro ::