Calendario
Ver carrera

O Pino

05/05/2013 10:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción
X Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

Data: domingo, 5 de maio de 2013.
Hora: a partir das 17:30 h.
Lugar: Concello de O Pino.
Distancia: de 300 a 8.100 m.
Organiza: Concellería de Deportes de O Pino.
Inscrición: ata o mércores, 1 de maio ás 22:00 h. Ver regulamento.
Escolares - Delegación FGA Santiago
Adultos - Tu resultado - inscripción O Pino





:: Comenta a Carreira de O Pino neste tema do foro ::

O Concello de O Pino celebra a décima edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 5 de maio de 2013 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

PITUFO: atletas nados en 2009 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nados en 2006, 2007 e 2008
BENXAMIN: atletas nados en 2004 e 2005
ALEVIN: atletas nados en 2002 e 2003
INFANTIL: atletas nados en 2000 e 2001
CADETE: atletas nados en 1998 e 1999
XUVENIL: atletas nados en 1996 e 1997
JUNIOR-PROMESA: atletas nados en 1991, 1992, 1993, 1994 e 1995
SENIOR: atletas nados entre 1979 e 1990
VETERANOS A: atletas nados entre 1968 e 1978
VETERANOS B: atletas nados entre 1958 e 1967
VETERANOS C: atletas nados en 1957 e anteriores
VETERANAS A: atletas nadas entre 1968 e 1978
VETERANAS B: atletas nadas entre 1967 e anteriores


HORARIO DAS PROBAS

HORA PROBA DISTANCIA
______________________________________________________________________
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 Volta circuito alternativo)
11:00 h JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m (1 VG+1P+1G+1P)
11:50 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m (1 VG)
12:15 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m (1 VM)
12:25 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m (1 VP)
12:35 h PREBENXAMIN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
12:40 h PITUFO 300 m (1 Volta Pitufo)
13:15 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA
______________________________________________________________________


4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
Poderán realizalas a través da web www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org rellenando os datos solicitados nos campos do formulario de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› CATEGORIAS DE ADULTO (junior-promesa, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web www.turesultado.es (apartado “Inscripciones”, picar sobre o nome da proba e rellenar os campos de inscrición). O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no número de conta de NOVA GALICIA BANCO 2080 0337 11 3110000078 (Titular: Concello de O Pino). Deberán indicar no CONCEPTO o NOME E APELIDOS DO ATLETA QUE PARTICIPARA NA PROBA.
No caso de clubes, poderán facer o ingreso conxunto do importe de todos os compoñentes do mesmo indicando o nome do clube no concepto. Despois deberán remitir o correo electrónico deportes@concellodeopino.com o listado cos compoñentes do mesmo xunto ca copia do xustificante de inscrición.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981511002 en horario: 10:00 - 14:00 horas.

› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.turesultado.es e remitir un correo electrónico a dirección deportes@concellodeopino.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANS.

Admitiranse inscricións ata o o mércores 1 de maio ás 22 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).

› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR- PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS A/B/C).

› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.

› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.

› Trofeo para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final.

› Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.

› Camiseta técnica e bebida para todos os participantes.

› Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).

Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 75 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

6. A participación de atletas extranxeiros rexirase polo regulamento de probas en ruta da Real Federación Española de Atletismo, o cal dispón o seguinte:
“Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas españoles con ayuda económica de la RFEA ni atletas extranjeros que hubiesen realizado una marca igual o mejor que la que se indica en el siguiente cuadro durante la presente temporada o las 2 anteriores:
Hombres Mujeres
800 m 1'48"50 2'05"0
1500 m 3'42"00 4'17"00
3000 m 8'10"00 9'30"00
5000 m 13'45"00 15'55"00
10000 m 28'50"00 33'50"00
3000 m obst 8'50"00 10'25”00
10 km ruta 29'10" 33'50"
Medio Maratón 1h03'00" 1h13'30"
Maratón 2h12'00" 2h34"00

En ambos casos, esta prohibición no afectará a las pruebas del Calendario Autonomico por la que el atleta tenga licencia. La RFEA, atendiendo a especiales circunstancias deportivas, podrá autorizar, previa solicitud y de manera excepcional, la participación de atletas extranjeros (o españoles con ayuda económica) en pruebas de los respectivos Calendarios Autonómicos.
Las pruebas que tengan una participación de atletas extranjeros no residentes superior al 5% del total de inscritos deberán obligatoriamente estar incluidas en el Calendario Nacional.
En las competiciones de ruta será obligatorio que los circuitos de las distancias milla, 5km, 10km, 15km, 20km, 1⁄2 Maratón, 25km, 30km, Maratón, 100km y Maratón por Relevos estén homologados por la RFEA.
En todos estos casos el atleta deberá poseer el permiso de la Federación de su país de acuerdo con la normativa IAAF”.

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte a SECRETARIA DE COMPETICIÓN), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.



Máis información nas webs:

www.fgatletismo.es/santiago
www.atletismogalego.org
www.turesultado.es
www.correrengalicia.org


:: Comenta a Carreira de O Pino neste tema do foro ::

[ Go Back ]