Calendario
Ver carrera

Boimorto

16/09/2012 10:20 - 12:50

[ Go Back ]

Descripción VI Carreira Pedestre "Concello de Boimorto"

VI CANICROSS E CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO 2012

O Concello de Boimorto celebra a VI edición do seu Canicross e Carreira Pedestre Popular o domingo 16 de setembro de 2012 na localidade de Boimorto baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte


Carreira puntuable para o Circuíto Correr en Galicia 2012-13


REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFO atletas nados en 2008 e posteriores
PREBENXAMÍN atletas nados en 2005, 2006 e 2007
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2003 e 2004
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2001 e 2002
INFANTIL: atletas nados nos anos 1999 e 2000
CADETE: atletas nados nos anos 1997 e 1998
XUVENIL-JUNIOR: atletas nados nos anos 1993, 1994,1995 e 1996
PROMESA-SENIOR: atletas nados en 1992 ata veteráns
VETERANO A: atletas nados entre 1977 e 1967
VETERANO B: atletas nados entre 1966 e 1955
VETERANO C: atletas nadas en 1954 e anteriores
VETERANA A: atletas nadas entre 1977 e 1967
VETERANA B: atletas nadas en 1966 e anteriores

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3.167 metros a partires da categoría infantil e cadete.
09:45 h. CANICROSS POPULAR (3167 m (1 volta ó circuito))
10:20 h. CHUPETE (200 m)
10:30 h. PREBENXAMÍN (500 m)
10:45 h. BENXAMÍNS e ALEVÍNS (1000 m)
11:00 h. INFANTÍS e CADETES (3167 m (1 volta ó circuito))
11:30 h. XUVENI-JUNIOR, PROMESA-SENIOR e VETERÁNS (6334 m (2 voltas ó circuito))
12:45 h. ENTREGA DE PREMIOS (Campo do Rosario)

4. INSCRICIÓNS
> PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete).
Realizaranse a través do correo electrónico carreiradeboimorto@hotmail.com.

Deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, CLUBE e Nº DE LICENCIA FEDERATIVA (prégase dar este dato se está en posesión da licencia para a cobertura do seguro de accidentes deportivos). A inscrición é gratuíta para estas probas.

> CATEGORÍAS DE ADULTOS (Xuvenil-Junior, Promesa-Senior e Veteráns).

As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com. O prezo de inscrición será de 4 € para aqueles atletas propietarios de CHIP AMARELO, e de 5 € para aqueles atletas NON PROPIETARIOS DE CHIP AMARELO. Os atletas locais deberán indicalo cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.

Os atletas da proba absoluta correrán con un CHIP que lles será entregado na SECRETARÍA no momento de recoller o dorsal (excepto propietarios); unha vez crucen a liña de meta deberán entregalo de xeito obrigatorio nuns recipientes habilitados para tal efecto.

Admitiranse inscricións ata o xoves 13 de setembro de 2012 ás 22:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais recolleranse na Secretaría da Competición sitá no colexio público de Boimorto (Campo do Rosario) ata media hora antes do inicio de cada proba.

Para calquer información adicional poderán chamar ó teléfono 645 980135.

5. Haberá servicio de vestiario e duchas a disposición de tódolos atletas sito no polideportivo municipal (a carón da saída).

6. PREMIOS
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría, agás ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (XUVENIL-JUNIOR, PROMESA-SENIOR e VETERÁNS), os cales percibirán un diploma conmemorativo da proba así como o correspondente premio en metálico. Tamén outorgarase trofeos os 3 primeiros clasificados/as censados no Concello. Os trofeos non serán acumulativos. No caso de non haber 4 participantes na categoría haberá só trofeo ó gañador (agás nos locais).

Trofeo ó atleta máis xoven e máis veterán que sean capaces de finalizar a carreira polos seus propios medios e sen axudas externas.

Tamén haberá agasallo sorpresa conmemorativo da carreira para os corredores da proba absoluta, así como froita e bebida a quen finalice a proba (para absoluta e escolares).

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: JUNIOR, SENIOR e VETERÁNS)
PREMIOS INDIVIDUAIS PREMIO GAÑADOR/A LOCAL
1º Clasificado/a: 150 € 1º Clasificado/a: 50 €
2º Clasificado/a: 100 €
3º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS ESPECIAL POR RÉCORD DA PROBA BATIR O RÉCORD DA CARREIRA ABSOLUTA MASCULINA OU FEMININA: 100 €
(Manuel Ángel Penas Blanco 2007: 19´17´´)
(Manuel Jesús Gestido Rodríguez 2008: 22´21´´)

PREMIOS POR CLUBES*
1º Clube Clasificado: 150 €
2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clube Clasificado: 50 €

*Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.championchipnorte.com e remitir un correo electrónico á dirección carreiradeboimorto@hotmail.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON SE PODERÁN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Só se admitirán clubes federados de atletismo ou triatlon para optar ós premios en metálico.

A clasificación por clubes será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 1º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 8 corredores do clube logren concluir a carreira.

O abono dos premios en metálico realizarase ó concluir a entrega de premios, para o cal os gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI.

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

8. Segundo o artigo 3.4. do Regulamento de probas da Federación española de Atletismo respecto as Competicións Autonómicas, “En autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar. … En todos estos casos el atleta deberá poseer el permiso de la Federación de su país de acuerdo con la normativa IAAF. …El organizador retendrá el premio hasta que el atleta presente la documentación que permita su participación en la prueba”.

9. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e IAAF en vigor.

[ Go Back ]