Calendario
Ver carrera

Santiago - C.C.Compostela

29/09/2012 Evento todo el día

[ Go Back ]

Descripción
CorreSan Centro Comercial Compostela
I Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago


Data: sábado, 29 de setembro de 2012.
Hora: -
Lugar: -
Distancia: ata 4.180 m.
Organiza: Concello de Santiago e delegación en Santiago da FGA
Inscrición: Ver no regulamento.

É un pracer presentarvos o "I Circuíto de carreiras saudables CorreSAN", un programa de probas de carreiras a pé organizadas polo Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes. Este circuíto entra dentro do labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns.

O circuíto estará aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos contornos da cidade nos que normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.

Nas probas terán cabida atletas de case todas as idades con distancias adaptadas a cada categoría que participen nas carreiras das que consta este circuíto, o cal integrará un aliciente de motivación como é a competición.

A continuación exporemos o regulamento xeral do circuíto, pero antes de rematar gustaríame animarvos a que tomedes parte deste proxecto que nace do noso interese por promover a práctica libre do deporte na nosa cidade.

REGULAMENTO XERAL
O circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos meses de xuño, xullo, setembro e outubro de 2012.

En cada proba haberá un percorrido para escolares e outro para adultos. As probas comezarán de xeito habitual pola proba de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas.

Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de participación serán as seguintes:
ALEVIN anos 2001 e 2002
INFANTIL anos 1999 e 2000
CADETE anos 1997 e 1998
XUVENIL anos 1995 e 1996
JUNIOR anos 1993 e 1994
PROMESA anos 1990, 1991 e 1992
SENIOR entre 1989 e 1976
VETERANOS/AS A entre 1977 e 1967
VETERANOS/AS B entre 1966 e 1957
VETERANOS/AS C en 1956 e anteriores

E= Escolares (alevín, infantil, e cadete)
A=Adultos (dende xuvenil a veteranos)

CLASIFICACIONS
En cada proba establecerase unha clasificación por orde de chegada. Os participantes levarán un número de puntos inverso ao posto obtido en cada carreira, do xeito que o primeiro clasificado terá un número de puntos igual ao posto do último clasificado e así sucesivamente. A participación poderá realizarse en cada proba de xeito individual ou participando nas catro probas do circuíto.

Haberá unha clasificación de cada carreira e unha xeral do circuíto en cada categoría, que será modificada despois de cada xornada.

CALENDARIO DE PROBAS E CIRCUÍTOS
As probas celebraranse nas datas que se expoñen a continuación. Os circuítos serán expostos nos días previos á celebración da carreira nas páxinas web
www.atletismogalego.org e www.championchipnorte.com :

DATA PROBA DISTANCIA
30 de xuño
CORRESAN CAMPUS SUR
3140 m (E)
5745 m (A)

14 de xullo
CORRESAN NOCTURNA CIDADE VELLA
2220 m (E)
4440 m (A)

29 de setembro
CORRESAN CENTRO COMERCIAL COMPOSTELA
2140 m (E)
4180 m (A)

14 de outubro
CORRESAN Cidade da Cultura
2825 m (E)
6225 m (A)

E= ESCOLARES A= ADULTOS

INSCRICIÓNS
A inscrición xeral no circuíto, tanto para escolares como para adultos, poderán realizala desde o día 21 ata o 27 de xuño no departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor), onde poderán recoller a camiseta oficial. Os clubs e centros escolares que desexen entrar nos premios destas categorías, deberán cubrir o formulario de inscrición de club, no cal indicarán os atletas que participarán no circuíto.

Os adultos tamén poderán facer a súa inscrición a través da web www.championchipnorte.com con prazo límite o mércores anterior á celebración da proba as 22 horas.

Os participantes escolares poderán remitir as súas inscricións ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com indicando en todo momento o nome e apelidos, data de nacemento, club e licenza federativa ou seguro se o/a ten e localidade de procedencia con prazo límite o mércores anterior á competición ás 22 horas. Tamén poderán facer a súa inscrición na web www.atletismogalego.org descargando e cubrindo o formulario de inscrición do CorreSan.

O prezo da inscrición será o seguinte:
- ESCOLARES -------------------- GRATUITA

- ADULTOS:
Xeral nas 4 probas do circuíto: 15 €
Inscrición individual por proba: 5 €

(Os non propietarios de chip amarelo terán que pagar 1 € a maiores por proba en concepto de aluguer de chip)

Coa inscrición xeral no circuíto recibirán unha camiseta técnica coa que poderán participar nas 4 probas e que poderán recoller desde o día 21 ata o 27 de xuño no Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor).

Os atletas que se inscriban individualmente en cada proba recibiran unha camiseta diferente á dos participantes na totalidade das probas.

Os que se queiran inscribir nunha única proba dos vindeiros meses, poderán facelo no departamento de deportes, pranta baixa, do Centro Comercial Compostela ( El Corte Inglés – Hipercor )

Calendario de inscricións
CorreSan Campus Sur - Inscrición do 21 ao 27/06/2012
CorreSan Cidade Vella - Inscrición do 04 ao 11/07/2012
CorreSan Centro Comercial Compostela - Inscrición do 19 ao 26/09/2012
CorreSan Cidade da Cultura - Inscrición do 3 ao 10/10/2012
- Adultos (de xuvenil a veteranos) en www.championchipnorte.com
- Escolares (alevíns a cadetes) no correo inscricionsFGAsantiago@mail.com
- Presencial no Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor), do día 21 ata o 27 de xuño.

PREMIOS
Os premios ó circuíto serán entregados nos días posteriores á conclusión da derradeira proba no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés Hipercor).

Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento.

Tamén se entregará premio especial aos 3 primeiros clasificados da clasificación xeral de escolares e de adultos.

Os 3 centros escolares e clubs que acheguen máis participantes á categoría de escolares percibirán premio especial (imprescindible cubrir o formulario previo de inscrición).

Os 3 clubs que acheguen máis participantes á categoría de adultos tamén percibirán premios especiais á conclusión do circuíto(imprescindible cubrir o formulario previo de inscrición)

[ Go Back ]