Calendario
Ver carrera

Pontevedra

15/09/2012 17:10 - 19:40

[ Go Back ]

Descripción
V Carreira Pedestre de Campañó, Pontevedra
Gran Premio Hotel Campaniola

Data: sábado, 15 de agosto de 2012.
Hora: a partires das 17:10 h.
Lugar: Campañó, Pontevedra.
Distancia: de 500 a 9.650 m.
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra.
Inscrición: Ver no regulamento.
Información: Máis información a través de José María Domínguez na Asociación Cultura Deportiva Campañó (T.M. 606 701 740,) ou no correo-e elias.dominguez.cabral@gmail.com


Carreira puntuable para o Circuíto Correr en Galicia 2012-13


:: Participa no foro de carreiras populares ::

PREVIO Á CARREIRA
DATA: A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o sábado 15 de setembro de 2012, a partir das 17,10 horas, a "V Carreira Pedestre de Campañó – Gran Premio Hotel Campaniola 2012".

PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
CATEGORIAS: FEMININA E MASCULINA
Chupete de 4 anos e anteriores
Pitufo/a de 05 anos ata os 06 anos
Benxamín de 07 anos ata os 08 anos
Alevín de 09 anos ata os 10 anos
Infantil de 11 anos ata os 12 anos
Cadete de 13 anos ata os 14 anos
Xuvenil de 15 anos ata os 16 anos
Júnior de 17 anos ata os 18 anos
Promesa de 19 anos ata os 21 anos
Sénior de 22 anos ata os 39 anos
Veteráns de 40 a 44 anos
Veteráns de 45 a 49 anos
Veteráns de 50 anos e superiores

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

INSCRICIÓNS. Faranse ata as 20:00 horas do mércores día 12 de setembro de 2012 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mismo día da proba.
As inscricións para todas as categorías farase a través de www.championchipnorte.com
Se o/a participante é veciño/a de Campañó poderá inscribirse na propia sede da Asociación Cultural Deportiva Campañó.
Haberá dous tipos de inscrición:
- Para as categorías junior, promesas, seniors e veteranos (as que corren a distancia de 9.650 metros) na que o/a deportista pagará a cota de 3 € máis, de ser o caso, 2 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso). Se algúnha persoa destas categorías, sin motivo, marca "desconto de categorías menores", será eliminado dos listados e non poderá tomar a saída.
- Para o resto das categorías a inscrición é de balde, e deben marcar "desconto de categorías menores".
No caso de que o/a deportista das categorías junior, promesas, seniors e veteranos que se inscriba, fora veciño de Campañó ou estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun "Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego" (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inexcusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, terá que pagar en efectivo a diferenza económica. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
En caso de que calquera interesado en tomar parte, merque unhas zapatillas deportivas da marca New Balance no establecemento Chema Sport, estas marcas patrocinaranlle o 100% da inscrición de balde.
HOTEL OFICIAL. A Organización conta cun hotel oficial que ofrecerá un prezo especial en aloxamento o sábado 15/IX, xantar o día da carreira e almorzo o domingo 16/IX. Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente co hotel e dar a referencia "Carreira de Campañó". Teléfono 986 872 711.
Prezo con aloxamento e almorzo (AD)
Habitación Individual 30 €
Habitación Dobre 60 €
Habitación Triple 90 €
Prezo con media pensión (MD)
Habitación Individual 35 €
Habitación Dobre 70 €
Habitación Triple 105 €
Prezo con pensión completa (PC)
Habitación Individual 40 €
Habitación Dobre 80 €
Habitación Triple 120 €
ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.
OUTROS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA[i]
COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17, 45.
A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Teleclube de Campañó dende as 10:00h ata as 18:00h do día 15 de setembro e alí mesmo farase entrega da bolsa de corredor cunha camiseta técnica, unha lata de conservas PESCAMAR e outros agasallos.
SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de "Seguro de Responsabilidade Civil" e dun "Seguro de Accidentes". Haberá unha ambulancia e un médicos para a atención.
PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto. Haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).

Hora saída Categoría Circuíto Distancia en metros
17,10 Benxamín B 500
17,20 Alevín C 800
17,40 Infantil C 1.600
18,00 Cadete C 1.600
18,20 Chupetes B 120
18,25 Pitufos/as B 170
18,45 Xuvenís A 3.200
18,45 Junior, promesas, seniors e veteranos A 9.650 (Tres voltas)

AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
DESCALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Xuíz Árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados, sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
REGULAMENTOS. Esta proba popular desenvolverase baixo as normas do presente regulamento, da F.G.A., da Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.), da Federación Internacional de Asociacións de Atletismo (I.A.A.F.).
PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA


OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico,...
PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.
Absoluta Masculina
1º. 300 € e trofeo
2º. 200 € e trofeo
3º. 100 € e trofeo
Feminina
1º 300 € e trofeo
2º 200 € e trofeo
3º 100 € e trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Agás na categoría Chupetes e Pitufos que recibirán unha medalla todos os que rematen a súa carreira.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.
PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19.15 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.
TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de dúas estancias para 2 persoas no HOTEL RURAL CAMPANIOLA (unha noite de aloxamento en media pensión).
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes de NEW BALANCE e de CHEMA SPORT.
PARA MAIS INFORMACIÓN.
Máis información a través de José María Domínguez na Asociación Cultura Deportiva Campañó (T.M. 606 701 740,) ou no correo-e elias.dominguez.cabral@gmail.com


:: Participa no foro de carreiras populares ::

[ Go Back ]