Calendario
Info da proba

Santiago

26/05/2012 17:00 - 19:00
Regulamento
Corre con Implicadas, Santiago de Compostela

Data: sábado, 26 de maio de 2012.
Hora e distancia:
17:00 h XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERANS MASCULINO/FEMININO 5730 m aprox
17:45 h INFANTIL e CADETE MASCULINO/FEMININO 2410 m aprox
18:10 h BENXAMIN e ALEVIN MASCULINO/FEMININO 1260 m aprox
18:30 h PREBENXAMIN e PITUFOS/AS 300 m aprox
Lugar: da Avda Antonio R. Ibáñez, a carón do mirador da Alameda santiaguesa.
Organiza: Implicadas no Desenvolvemento.
Inscrición: ata o mércores 23 de maio en Federación Galega de Atletismo. Ver punto 5 do regulamento.
Web: Implicadas no desenvolvemento


Proba solidaria. Todos os participantes reciben 100 puntos por chegar a meta.



:: Segue esta proba no foro ::



OBXECTIVO XERAL DA CAMPAÑA
Provocar un cambio na mentalidade da cidadanía con respecto á representación e estruturas pobreza/xénero e activar un cambio de papel que leve a unha implicación real das persoas na loita contra a pobreza.

Máis información sobre a campaña e o destino do recadado na proba na web Cambia de Papel

"Corre con Implicadas"
Dentro das accións que se levarán a cabo durante a campaña "Cambia de papel" (www.cambiadepapel.com), Implicadas No Desenvolvemento organiza o sábado 26 de maio de 2012 a partir das 17:00h, a I CARREIRA SOLIDARIA en Santiago de Compostela coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Santiago, da Universidade de Santiago e do Concello de Santiago de Compostela. A carreira quedará supeditada ao seguinte

REGULAMENTO
1) "CORRE CON IMPLICADAS"
Nesta esta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades.

2) LUGAR, HORA DE SAIDA E PROBA
Todas as categorías sairán da Avda Antonio R. Ibáñez, a carón do mirador da Alameda santiaguesa, punto que tamén será a meta para todas elas.

HORARIO CATEGORIA PROBA
17:00 h XUVENIL, JUNIOR, PROMESA, SENIOR E VETERANS MASCULINO/FEMININO 5730 m aprox
17:45 h INFANTIL e CADETE MASCULINO/FEMININO 2410 m aprox
18:10 h BENXAMIN e ALEVIN MASCULINO/FEMININO 1260 m aprox
18:30 h PREBENXAMIN e PITUFOS/AS 300 m aprox

3) PERCORRIDO
PLANO DAS PROBAS
[Pendente. Consultar o PDF do foro]

4) CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES
CATEGORIA ANOS PROBA
PITUFAS/OS 2007 e posteriores 300 m aprox
PREBENXAMIN Atletas nados en 2005 e 2006 300 m aprox
BENXAMINS Atletas nados en 2003 e 2004 1260 m aprox
ALEVIN Atletas nados en 2001 e 2002 1260 m aprox
INFANTIL Atletas nados en 1999 e 2000 2410 m aprox
CADETE Atletas nados en 1997 e 1998 2410 m aprox
XUVENIL Atletas nados en 1995 e 1996 5730 m aprox
JUNIOR Atletas nados en 1993 e 1994 5730 m aprox
PROMESA Atletas nados en 1990, 1991 e 1992 5730 m aprox
SENIOR Atletas nados entre 1989 e o 1978 5730 m aprox
VETERANS/AS A Atletas nados/as entre 1977 e 1967 5730 m aprox
VETERANS/AS B Atletas nados/as entre 1957 e 1966 5730 m aprox
VETERANS/AS C Atletas nados/as en 1956 e anteriores 5730 m aprox

5) INSCRICIONS :
As inscricións de todas as categorías faranse na páxina web da Federación Galega de Atletismo: www.atletismogalego.org con prazo o mércores 23 de maio ás 22:00 horas . As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns, tanto masculinas como femininas, requerirán chip para o seu control.

Dada que é unha carreira solidaria en beneficio de Implicadas No Desenvolvemento, o prezo das as inscricións será o seguinte:
- Terán un donativo de 5 euros na categoría xuvenil, junior, promesa, senior e veterán masculina e feminina.
- 2 euros para as restantes categorías.

O pago farase no seguinte número de conta de Implicadas No Desenvolvemento, indicando sempre no CONCEPTO: CORRE CON IMPLICADAS e o NOME DA PERSOA QUE VAI FACER A CARREIRA.

NOVA GALICIA BANCO 2080 0531 11 3040010798

IMPORTANTE: a data límite para inscribirse e poder participar na carreira solidaria será o mércores 23 de maio ás 22:00 horas non admintíndose baixo ningún concepto ningunha outra inscripción posterior a dita data e hora, nin por suposto o mesmo día da competición. A preinscrición non se efectuará se non se fai o pago na conta bancaria pertencente a Implicadas No Desenvolvemento e indicando SEMPRE no CONCEPTO:

"CORRE CON IMPLICADAS e o NOME DA PERSOA QUE SE INSCRIBE"
DATOS NECESARIOS para facer a INSCRICIÓN:
- NOME e APELIDOS
- DATA DE NACEMENTO COMPLETA (dd/dd/dddd)
- PROCEDENCIA (Clube, colexio, instituto, empresa)
- Nº de Licencia ou seguro escolar se o/a ten
- D.N.I
- TELÉFONO
- DIRECCIÓN
- CORREO ELECTRÓNICO

6) RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
O mesmo día da proba, é dicir, o 26 de maio nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora.

DESCALIFICACIÓNS : toda persoa que incumpra as normas da competición ou as impostas nos regulamentos das probas en ruta pola RFEA e FGA será descalificada a criterio do xuíz/a árbitro/a da competición.

7) CONTROL DE CHEGADA:
O cronometraxe en canto á proba dos 5730 m correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo a través dun cronómetro con chip. As outras dúas probas serán cronometradas polos xuíces do Comité Gallego da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).

8 ) PREMIOS :
Ao finalizaren as probas farase a entrega dos premios segundo a orden temporal na que se foron executando as mesmas.

PREMIOS
BOLSA DO/A CORREDOR/A será entregada a todo participante que chegue e pase a meta. Esta levará o seguinte:
- Unha bebida (auga).
- Unha froita.
- Un agasallo de Implicadas No Desenvolvemento.

MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría.
TROFEOS: ao colexio, ao instituto, ao club e á empresa que máis participantes acudan e rematen a carreira.
LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas facendo coincidir co número de dorsal que teña cada quen.


:: Segue esta proba no foro ::